billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

6ª xor SOUTOMAIOR CRÓNICUM


    Aquí vedes ao futuro da Billarda. Nenos e nenas nacidos no século XXI e que teñen como unha das súas paixóns xogar á billarda. Magnífico!



     O sábado iniciouse a temporada de inverno nas Rías Baixas. Coa visita ao pavillón da Montesiña, por vez primeira xogouse nun espazo cuberto e de superficie dura e esvaradiza. Os resultados consultádeos na etiqueta de clasificación. Aí comprobaredes que moitos e moitas máis xogadores tiveron oportunidade de demostrar a súa habilidade. Estes terreos non penalizan tanto como os exteriores a falta de forza de moitas persoas á hora de golpear, e por outra beira, premian a destreza e precisión no golpeo. Comprobaredes cos resultados na man que a diferenza entre homes e mulleres  á hora de obter bos resultados non ten máis barreiras que as que a bioloxía se empeñou en construír. Ou sexa, cando se pretende conseguir precisión e eficacia tanto muller coma home, nena e neno, adultos, están moi parellos. O exemplo máis claro está en que o que nunca se vira na LNB en toda a súa historia sucedeu en Soutomaior. Houbo 5 mulleres que fixeron varado: (Bego (5), Elena (2), Belmira, Yaiza e Zaira e unha delas foi quen máis fixo de tod@s @s participantes. Que interpretamos con estes datos? Que a billarda non establece límites insuperables se cada quen busca a superación enfrontando pequenos retos individuais, xa que alcanzalos trae alegría e emoción. 



       A vitoria correspondeu ao Cristo de Rexenxo, o enorme Chicho de Lúa de Forza. Non dou opción a ningún dos seus rivais. Tanto no grupo como despois nos enfrontamentos eliminatorios estivo moi sólido e seguro no golpeo.

3º-CRIS            1º-CHICHO        2º- RICARDO LOIS



CATEGORIA ABSOLUTA
do EQUIPO
1º CHICHO LÚA DE FORZA SANXENXO
2º RICARDO LOIS LAXE DE RONS O GROVE
3º CRIS RINOCERONTE PONTEVEDRA




CATEGORÍA FEMININA
do EQUIPO
1ª BEGO CORREDOIRAS BUEU
2º CHEFA CORREDOIRAS BUEU
3ª LU LÚA DE FORZA SANXENXO




CATEGORÍA INFANTIL
do EQUIPO
1ª YAIZA VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO
2º SAMUEL VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO
3º HUGO GHARABOTO MARÍN





CATEGORÍA EQUIPOS do EQUIPO

1º CORREDOIRAS BUEU

2º LÚA DE FORZA SANXENXO

3º GHARABOTO MARÍN


       Na categoría feminina houbo un podio de luxo. Tres Campioas Nacionais subiron ao máis alto. Neste podio había 4 Títulos Nacionais. As grandes dominadoras da LNB desde o 2012 son de Bueu, ou para ser máis exactos, viven en Bueu, pois a actual Campioa Nacional, Chefa, provén das terras que están ao leste de Galicia. O amor tróuxoa ata a verde Galicia e o amor mantena arraigada nesta terra. Nestes seis anos só Geni, a extraordinaria palanadora dos Billardeiros Musicais e a retirada dos campos de billarda, Reyes, foron quen de romper a súa hexemonía. 
       Ademais, en Soutomaior, Bego estableceu unha nova marca de varados que vai durar moito, moito tempo. A de Corredoiras fixo 5 varados e, con este logro, encabeza a clasificación da Conferencia. 
2ª-CHEFA                    1ª-BEGO                     3ª-LU


      Yaiza volveu repetir o primeiro posto na categoría, por diante de Samuel e de Hugo. Tanto Juanma, como Adriana, cun Título Nacional da categoría cada un, non tiveron unha xornada acertada. O relevo xeracional está próximo entre @s infantís. Nesta última temporada d@s de secundaria empezan a asomar @s de primaria, e fano con moito empuxe. A súa evolución é meteórica ou supersónica, escollede o cualificativo, e aínda así quedarase escaso. O certo é que a media de asistencia nesta categoría está en 15 xogador@, nestas primeiras 6 xornadas. Isto está facendo que vexamos o futuro e o presente co optimismo de quen ve florecer as árbores.
2º-SAMUEL              1ª-YAIZA                3º-HUGO



       Na categoría de equipos, Corredoiras presentou un equipo moi numeroso e potente. Despois da mala xornada de Marín, quixeron afianzar a súa posición dominante para non ter problemas nesta época de cuberto. De todos os xeitos, o resto dos equipos estiveron a un nivel elevadisimo. Así, ningún dos equipos da parte alta e media baixou dos 50 ptos, algo que non sucedera antes. 



CORREDOIRAS BUEU 83
LÚA DE FORZA SANXENXO 73
GHARABOTO MARÍN 71
LAXE DE RONS O GROVE 71
VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO 61
ARMADIÑA POIO 59
RINOCERONTE PONTEVEDRA 56
ANDARELA MEAÑO 7




       Polo tanto, as distancias na cabeza mantéñense nuns números que permiten, aínda, ter loita polo título, non como sucedeu nas últimas temporadas. Normalmente, a estas alturas Corredoiras xa estaba a máis de 100 ptos do segundo clasificado. Gharaboto de Marín que ocupa a segunda praza está a 29 ptos do equipo de Bueu, e por detrás está Lúa de Forza que se acercou a 13 ptos de Gharaboto. A zona media segue dominada por Laxe de Rons, que aumentou a distancia ata 31 ptos cos seus máis próximos seguidores, Rinoceronte. O equipo pontevedrés segue perdendo a vantaxe que tiña sobre Armadiña e Valpaços. Agora en 16 ptos están estes tres equipos. Cerra Andarela. 



Equipo

Total
1 CORREDOIRAS BUEU COR 474
2 GHARABOTO MARÍN GHA 443
3 LÚA DE FORZA SANXENXO LÚA 430
4 LAXE DE RONS O GROVE LAX 344
5 RINOCERONTE PONTEVEDRA RIN 313
6 ARMADIÑA POIO ARM 310
7 VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO VAL 297
8 ANDARELA MEAÑO AND 52





       En equipos femininos, Corredoiras acércase ao intratable equipo de Vigo, Valpaços Terra Quente. As de Bueu reforzaron o equipo coa incorporación de Yudani e agora si que son unha seria ameaza ao dominio das da Terra Quente. Esta categoría vai estar disputada ata o final, pois Gharaboto tamén ten potencial para optar ao título. Daquela, serían tres equipos co obxectivo de alzarse co primeiro título desta nova categoría. Despois están dous equipos que xogarán todo o ano na zona media, que son Lúa de Forza e Armadiña. Pechar a cancela será cousa de dous equipos, Andarela e Rinoceronte. 


EQUIPOS FEMININOS

Total
1 VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO VAL 200
2 CORREDOIRAS BUEU COR 180
3 GHARABOTO MARÍN GHA 173
4 LÚA DE FORZA SANXENXO LÚA 87
5 ARMADIÑA POIO ARM 69
6 LAXE DE RONS O GROVE LAX 31
7 ANDARELA MEAÑO AND 7
8 RINOCERONTE PONTEVEDRA RIN 5


       A Clasificación Individual Absoluta continúa encabezada por Xan seguido de Ricar. O de Lúa de Forza non soubo adaptar o seu xeito de golpear ao terreo de xogo e penou sobre a pista de xogo. Finalmente, conseguiu superar os 10 ptos evitando un descalabro. Agora, mantén 12 ptos de distancia sobre Ricar. O de Bueu estivo cerca dos 20 ptos. Os demais postos sufriron modificacións. Luís Pirucha alcanza, por vez primeira na temporada, o podio da categoría. Despois de atravesar, a temporada pasada, o deserto de non encontrar, coma os surfistas, o golpe perfecto, regresa aos lugares que lle corresponden por talento. Hai que lembrar que o ano pasado houbo momentos nos que estivo fóra dos postos de Play Off e que a súa saúde psicolóxica veuse afectada. Finalmente, cun tratamento conservador, o Coaching de Gharaboto logrou recuperar para a práctica activa da billarda ao gran Piru, tamén coñecido nos seus comezos como o Ortega Lara da Torre. Grandes beneficiad@s da xornada foron Salva, Ricardo Lois, Bego e Luís Gon. Grandes perxudicados da xornada Juanma e Luís Camiña que non chegaron a alcanzar os dous díxitos na súa puntuación. Fervíalle o sangue ao capitán da escadra marinense e xuraba en arameo. Xa está argallando un proxecto faraónico en Marín: construción dun Estadio de Billarda Cuberto, imitando ao  ALLIANZ ARENA do BAYERN MUNICH.



ABSOLUTA EQU TOT
1 XAN LÚA 135
2 RICAR COR 123
3 LUÍS PIRU GHA 118
4 SALVA COR 115
5 RICARDO LOIS LAX 112
6 JUANMA INF LÚA 107
7 BEGO COR 103
8 LUÍS GON GHA 102
9 DANI RIN 98
10 MANOLO FARIÑA GHA 90
11 LUÍS CAMIÑA GHA 88
12 LITO COR 84
13 ÁLVARO GHA 79
14 CHE RIN 78
15 MARTÍN LAX 73
16 CHEFA COR 72
17 SALGUE VAL 70
18 MANU ARM 69
19 CRIS RIN 66
20 JM CAMIÑA LÚA 64
21 CHO ARM 63
22 OUTEIRO COR 62
23 CHICHO LÚA 59
24 ALBERTE RIN 59
25 PACO VIDAL LAX 59



ALBERTE - RINOCERONTE

ICÍA ANDARELA





       Bego diríxese ao seu quinto título consecutivo. A de Bueu non está deixando dúbidas despois dun comezo algo dubitativo. Chefa mantén o segundo posto e Lu, unha das beneficiadas da xornada sube ata o terceiro chanzo do podio. Adriana, tivo unha malisima actuación para unha xogadora do seu nivel, non obstante seguirá loitando polo podio, iso seguro. Foi esta, unha xornada moi favorable para as palanadoras, pois 14 delas superaron os 10 ptos e tres chegaron ou superaron os 20 ptos. Salientar a actuación de Yaiza (11 anos) con 19 ptos. Así, vemos que a xuventude está acelerando a súa progresión. Zaira, Yaiza e Elena de Armadiña son palanadoras moi novas que ocupan postos de Play Off e que comezaron a xogar a temporada pasada. Deste xeito, van obrigar a Elena Glez, Belmira, Mónica, Marga, Lita e Marisa a esforzarse se queren acudir a Compostela en maio do 2018. 


FEMININA EQU TOT
1 BEGO COR 103
2 CHEFA COR 72
3 LU LÚA 54
4 ADRIANA INF VAL 52
5 ELENA GHA 46
6 ZAIRA VAL 45
7 ELENA ARM 40
8 BELMIRA VAL 39
9 MÓNICA GHA 37
10 YAIZA INF VAL 36
11 MARGA GHA 36
12 LITA LAX 32
13 MARISA LÚA 32
14 CHELI GHA 29
15 CASILDA GHA 21
16 INÉS GHA 19
17 VANESSA GHA 19
18 MARÍA SILVA VAL 18
19 ANA GHA 18
20 IRENE VAL 13





11 do 11




O sinal satánico dos cornos facendo man, ou facendo o 11, é un símbolo de burla que se fai poñendo a man na cabeza do Cordeiro, porque Xesús Cristo é o Cordeiro de Deus. Deste xeito, con este xesto, as sectas diabólicas simulan o acto de sacrificio que Xesucristo fixo para rescatar á humanidade. 
         Os cornos son equivalentes a un número 11. (1 + 1 = 11) (I + I = II). Isto é o que significa o símbolo dos cornos ou tamén se chama sinal voor. É un símbolo tan antigo que provén da noite dos tempos.
       Polo tanto, máis que dos grupos humanos e culturais, provén do demo mesmo, que se mostra tamén cos mesmos cornos na cabeza.

       


       




Con esta carga ocultista e numerolóxica, palanadoras e palanadores deben afrontar a pista 
extenuante da Montesiña. O brillo da súa superficie... NON DARÁ TREGUA!

OBRIGATORIO USAR CALZADO DEPORTIVO









CATEGORÍA EQUIPOS FEMININOS




         A vindeira xornada será en Soutomaior e organizada por Valpaços Terra Quente de Vigo, equipo que domina a Categoría de Equipos Femininos con bastante solvencia, aínda que non debe descoidarse, xa que, Corredoiras e Gharaboto, non se distanciaron definitivamente. De todos os xeitos, o equipo de Vigo é a maior potencia feminina de toda a LNB, comprendidas as Conferencias Norleste e Noroeste e, polo tanto, sería unha sorpresa enorme que non consiguisen o título. 


              


       Evidentemente, os únicos equipos que teñen capacidade para conseguir o primeiro Título da nova categoría Equipos Femininos son o equipo de Vigo, Valpaços, o de Bueu, Corredoiras e o de Marín, Gharaboto. Ademais, cremos que os postos están case definidos. Así, a Valpaços non hai quen lle faga sombra e o segundo posto será o que sufra modificación, pois pensamos que Corredoiras non poderá aguantar o ritmo das de Marín, debido a que este equipo ten un cadro de xogadoras moito máis numeroso. 




        En canto á zona media, tamén pensamos que se dará o sorpaso, é dicir, que Armadiña superará a Lúa de Forza, dado o potencial feminino desta franquicia de Poio. O lugar de pechacancelas cremos que o disputarán Andarela e Rinoceronte. Laxe de Rons será o primeiro da zona baixa ocupada por estes tres equipos.
















CRÓNICA 5ª XORNADA

     


       Segue a maldición do equipo organizador! Ata o momento, o equipo organizador en cada unha das xornadas non ganou. En Dorrón-Sanxenxo volveu pasar o mesmo. A xornada foi ganada por GHARABOTO e o equipo local LÚA DE FORZA só conseguiu ser segundo. Na primeira xornada organizaou LAXE DE RONS e quedou cuarto, na segunda organizou RINOCERONTE e quedou quinto, na terceira organizou ARMADIÑA e quedou quinto, na cuarta xornada organizou GHARABOTO e quedou segundo. Conclusión: Non é doado ganar de local!
        O curioso, sorprendente e inesperado foi que CORREDOIRAS quedara fóra do podio da xornada. Habería que volver á temporada 2014-2015, cando o equipo de Bueu competía en dúas Conferencias con equipo A e equipo B, para encontrar unha xornada na que o actual Campión Nacional non estivera entre os tres primeiros. 
       A actuación do equipo de Poio foi memorable conseguindo ademais que un dos seus xogadores ganara a xornada por vez primeira. RINOCERONTE xa se sitúa no lugar que este ano lle corresponde, pois, o noutrora bronce Nacional foise debilitando desde a temporada pasada e actualmente non ten un cadro de xogadores tan potente como cando subiu ao podio do PLAY OFF 2016. Os demais equipos rendiron como deles se espera.









       Así, xogadas 5 xornadas, a clasificación fractúrase en tres zonas moi definidas. A Zona alta, na que están os equipos que optan ao título e á clasificación para o Play Off Nacional 2018, a zona media, que está ocupada polos equipos que disputarán ser os primeiros da clase media e a zona do pechacancelas, na cal ANDARELA non ten rival. 
        Se comparamos os puntos que a temporada pasada tiñan os equipos nesta mesma xornada podemos tirar varias conclusións. RINOCERONTE caeu de fociños, a CORREDOIRAS nótase a marcha de varios dos seus integrantes para outros equipos e GHARABOTO, este ano si, quere e pode loitar de igual a igual con CORREDOIRAS. O Caso de ARMADIÑA hai que analizalo con perspectiva, pois aínda que é o equipo que máis sube con relación á temporada pasada, deberemos ter en conta que a estas alturas do ano pasado só xogara 2 xornadas, entón, facendo unha estimación (sumámoslle 50 ptos en cada xornada, que é a media de ptos nas 5 xornadas celebradas) resulta que subirían 50 ptos e estarían por diante de GHARABOTO con 38, como o equipo máis mellorado.  






PEQUE (Armadiña) foi o ganador da xornada e xa entrou para quedarse no ALBOIO DA FAMA (ALFA) das estatísticas da LNB.






       O líder, Xan, aumentou a distancias co segundo clasificado, aproveitando a puntuación de Ricar (12), bastante por debaixo dos seus números habituais. Tamén, os rivais que veñen por detrás de Ricar se acercan perigosamente a ese segundo posto do podio. Juanma que tivo unha actuación extraordinaria, pois estivo a centímetros de ganar a xornada, sitúase a só 6 ptos do palanador de Bueu. Luís Pirucha é o outro dos beneficiados desta xornada e agora está a 7 de Ricar e a 1 de Juanma. Dani tamén sacou tallada e xa está no Top Cinco. Salva cae ata o 6º posto e xa sente o alento de Ricardo Lois, de Luís Camiña e de Bego. 
       Na categoría feminina, Bego xa está puntuando como dela se espera e, deste xeito, non dá ningunha posibilidade ás súas rivais. Agora Chefa e Adriana (infantil) están a unha trintena de ptos da de Bueu. As demais posicións mantéñense con Zaira, Elena e Lu que deberán remar moito para acercarse ao podio. Debemos destacar a puntuación de Yaiza (infantil) que lle permite acercarse aos postos que darán dereito a participar no PLAY OFF 2018, algo fabuloso e impensable para unha nena de 11 anos e que empezou a xogar á billarda a temporada pasada.



       A categoría infantil ten un único líder e favorito incuestionable en Juanma, que ademais está na terceira posición da Categoría Absoluta. O futuro dirá se este xogador de Lúa de Forza será un referente na LNB. Aos seus 15 anos, recentemente celebrados, esta será a súa derradeira temporada na categoría e está xogando a un nivel altisimo. Adriana (14 anos), outra xogadora extraordinaria que disputa tamén a súa derradeira temporada como infantil, subiu ata o segundo posto da xeral, aproveitando a asusencia de Oscar (9 anos). Yaiza (11 anos) xa se sitúa en 5ª posición e Samuel (8 anos) en 6ª. O Samu será outro dos referentes da categoría en vindeiros anos, xa que con 8 anos conseguiu puntuar en todas as xornadas, cousa só ao alcance de Juanma, Adriana e Oscar. El e máis Oscar disputaranlle o título a Yaiza a temporada 2018-2019, sen lugar a dúbidas. E por detrás veñen outros nenos e nenas que son a nosa alegría durante as xornadas e o alicerce no que soster este marabilloso deporte da Billarda. 



A POLÉMICA

       Como en xornadas anteriores a polémica planeou sobre o campo de billarda de Dorrón. Desta vez non houbo billardas que non entraron e se deron por boas, nin billardas que indo por dentro se deron por malas. Esta vez foi o método usado para facilitar o salto da billarda no difícil terreo de xogo. Foron tres os métodos utilizados. A saber,
-Método tradicional: situar a billarda no chan. 
-Método pozo de barrena: perforar a superficie de xogo para enterrar a parte de atrás da billarda. 
-Método plataforma, coas dúas variantes seguintes: 
             -método plataforma de billarda
             -método plataforma de raposo (usar plataforma deseñada especialmente para esta función).

       Entón, cal é a polémica, preguntarédesvos, e se non o facedes é o mesmo porque imos facelo nós. As discrepancias veñen motivadas por non haber no regulamento nada escrito sobre este particular. Non obstante, si hai o uso e costume, derivado de acordos verbais nas finais de PLAY OFF nas que a choiva fixo acto de presenza, de permitir soamente como apoio outra billarda. Daquela, o sábado houbo persoas que non fixeron caso do uso e costume e usaron a plataforma raposo. Mais, como non houbo reclamacións nin recursos ante o tribunal de arbitraxe, polo de agora, pois... 
       Estase á espera de que as fotos de Charri aclaren algo sobre o particular. Aínda que moito nos tememos que o mariñeiro fotógrafo de Bueu non está atravesando un bo momento de forma, senón observade na foto de abaixo na que despois de errar o enésimo golpe intenta facerse o harakiri.
CHARRI HARAQUIRI


Seppuku ("corte do ventre"?), comunmente coñecido no occidente por haraquiri, é o termo xaponés empregado para denominar un suicidio por destripamento. En xaponés a palabra 'hara-kiri' non se emprega por ser considerada vulgar. Era unha práctica común entre samurais, que consideraban a súa vida como unha entrega á honra de morrer gloriosamente, rexeitando calquera tipo de morte natural. Por iso, antes de ver a súa vida deshonrada por un delito ou falla cometida, recorrían con este acto a se dar á morte (tal e como significan esas palabras, hara-kiri: «corte do ventre»). Wikipedia.


        

Berdillo, Xulio, Oscar Ponte e Julio Vilas

       Acercáronse ata a nosa Conferencia 4 dos mellores xogadores da Conferencia Noroeste. Como os 4 Xinetes do Apocalipse, soportaron con integridade a calurosa tarde, relacionáronse con cortesía e actuaron coa corrección que se lles supón ao vivir no norte. Do aspecto competitivo... non quixeron acercarse ata os micrófonos de Todolnb para facer declaracións ao finalizar a xornada. Pero, ao lonxe oíase algunha frase que empezaba deste xeito, "me cagho na...".


WILD FRAN Valpaços Terra Quente
YAIZA 1ª Categoría Infantil

"Non pasou nada pero puido pasar". Unha billarda impactou no pé de Gelín, máis coñecido polo "Ghandi galego", coa tan boa fortuna que unicamente lle seccionou en dous o calzado. Está falando cos seus abogados para ver se é posible demandar a alguén e coa indemnización volver ao "mercadillo".

       

Previa do día D de Dorrón






       A 24 horas do día D chegounos unha filtración de certas prácticas esotéricas e ocultistas por parte do equipo local Lúa de Forza. Mirade na foto de arriba a imaxe que están metendo debaixo das almofadas os integrantes deste equipo, moi habituado a meigallos e mal de ollo. "É para desexarlle boa sorte ao resto dos equipos", confirma a súa voceira, "Marisa a do Casal". 
       Vós mesmas, vós mesmos, seredes capaces de interpretar este acto. Indecoroso, atrevido, indignante,  revolucionario, anárquico... poderiamos usar moitos máis cualificativos, pero nada no regulamento LNB establece a ilegalidade de tal xeito de proceder. Daquela, aconsellamos aos participantes que leven allos morados para contrarestar a influencia das enerxías telúricas do val de Dorrón.

PREVIA DA 5ª XORNADA



       Lúa de Forza enviounos unha foto dos arduos traballos que están realizando para ter en condicións ópticas o terreo de xogo onde se celebrará a 5º xornada de liga. Afírmannos que a superficie do campo de fútbol do Cruceiro está quedando coma unha moqueta. Incluso están pensando se aproveitar a presenza dos competidores para plantar unhas patacas do cedo, despois de xogar.
           

5ª XORNADA






       A tres días da xornada que organizará Lúa de Forza os ánimos parece que se calman coas declaracións de L. Camiña, xa que, despois da xogada polémica de Marín, onde o de Gharaboto utilizou palabras pouco apropiadas para referirse ao xuíz de campo, semella que quere suavizar as cousas, ou, polo menos, iso é o que se desprende do titular de abaixo.        
      

       Aínda que ese verbo usado na primeira persoa de plural do indicativo "intentamos" deixa marxe para que... se non se consegue "confraternizar" teñamos outra polémica noutra ocasión. En definitiva, na vindeira xornada do sábado, o equipo organizador vai instalar por vez primeira o varal electrónico. Un varal cun sensor de movemento que indicará cando a billarda entra encendendo unhas luces intermitentes. Se o experimento satisface ao Comité de Arbitraxe e Disciplina da LNB estudará a súa utilización en posteriores xornadas.

4ª XORNADA crónica dunha billarda... que entrou! ...Ou non!



       O comité de disciplina e arbitraxe da LNB segue revisando as imaxes da xogada polémica do pasado sábado. Polo momento, aínda non encontrou solución para o enigma: a billarda entrou ou non? Tampouco podemos publicar máis imaxes da xornada ata que o Tribunal Superior de Xustiza Billardeira levante a suspensión que dictou sobre todo o material audiovisual. Polo de agora, non chamou a declarar a ningún palanador dos que se viron implicados na xogada nin ao xuíz de campo.
       Mentres tanto, xa se están buscando solucións para evitar as dúbidas. Na imaxe de arriba vemos como se está probando noutro deporte menor, como é o fútbol, este complexo sistema de cámaras e imaxes que se quere utilizar na LNB. A evidencia dinos que aínda que o xuíz de campo estea ben situado, ás veces a velocidade da billarda fai imposible a correcta visión da súa traxectoria. As características bioquímicas do noso sistema ocular establecen uns límites biolóxicos infranqueables, polo menos, ata que se desenvolva en todo o seu potencial a enxeñaría xenética. Un exemplo disto témolo na foto dabaixo. Certamente, o equipo de arbitraxe, 1 xuíz e 3 asistentes, parecería suficiente para tomar a decisión correcta, en cambio, hai veces nas que nin así se acerta. Daquela, haberá que estudar o investimento que se necesitaría para dispoñer en cada xornada do VAR. 

1 xuíz de campo e 3 asistentes

       Ao mesmo tempo, estanse probando outros sistemas máis baratos e non por iso menos eficaces.