billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

2ª XORNADA CONRIA


Pásannos esta nota informativa desde a asociación A Esmorga

 VII FESTIVAL NOALLA VIVA Carballeira de Noalla (ao lado da igrexa)

Venres 7 setembro

Concurso de bandas locais no que actuarán BALUMADA, INTRO, BLACK HAWKS, CICLOGÉNESIS e CALLE DEL RUÍDO.

 Ó remate dos concertos, votación popular para elexir o mellor grupo.

 Sábado 8 setembro

 Tarde alternativa na que podrás elixir entre
 -a ruta de sendeirismo,
-2ª XORNADA CONRIA. LNB Aberto billardeiro do licor de toxo 18h. Campo fútbol Noalla.
-ou coñecer o noso pobo.

Á noite festa rachada e música da boa... LIVIAO DE MARRAO + THE SKARNIVALS + FAMILIA CAAMAGNO + ZËNZAR (presentación do seu novo disco).

Ámbolos dous días a pinchada posterior ós concertos correrá a cargo de dous grandes como son ALEX ON THE MOON e SONFUNKTASTIC.

Acampada libre no mirador nas Canteiras e carpa na zona dos concertos en caso de choiva!!
Entrada de balde e prezos populares!!
 Pero tener cuidado con el tojo que pica la ostiaaaaaaa!!

1ª XORNADA DE LIGA

Participación 
65 


Mulleres  
14 

Homes 
 51

Fantástico o inicio da LNB na súa Conferencia Rías Baixas. 
65 persoas presentáronse a xogar en O Grove.  Moitas delas xogaban por vez primeira baixo o formato da LNB.  25 destes participantes eran de O Grove. Un deles, Berto, conseguíu chegar a xogar polos 3 primeiros postos. Finalmente quedou 3º. 

A Clasificación podedes consultala na etiqueta correspondente.


1º-Xan
2º-Balea
3º-Berto
4º-Gelín
5º-Luís Camiña
6º-Carolo
7º-Luís
8º-Cristian
9º-Lu
10º-Outeiro

INFANTIL


FEMININA





ABSOLUTA


Damos as grazas ao CONSORCIO DE EMPRESAS "O QUE TI DIGAS CARIÑO", pola organización desta xornada. Agradecemos tamén a colaboración das distintas empresas e entidades de O Grove. Así, como ao Concello de O Grove. 

A LNB, na súa Conferencia Rías Baixas, dóuse a coñecer nun concello máis do noso país. 


Finalmente, grazas a todos e todas aqueles que coa vosa participación e colaboración axudades a que a billarda siga sendo practicada en Galicia. 


Non esquezades, a 2ª xornada en Noalla. O sábado 8 setembro.