billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

CRÓNICA 9ª XORNADA

Añadir leyenda








Despois de sumar os puntos desta xornada as clasificacións quedan deste xeito no seu Top Dez.






A pesar da ausencia de Juanma a esta xornada por mor dos virus invernais, mantense na primeira posición con bastante vantaxe sobre Adriana, aínda que agora todo é posible, pois son 17 ptos os que separan aos dous competidores. Geno mantense na terceira posición, agora a 11 ptos da segunda posición. Martiño tampouco participou en Vilaboa, circunstancia que aproveitou Oscar para quedarse a un só punto de distancia do de Bueu. Ainhoa, que subiu ao podio desta xornada xa está na sexta posición. Hugo xa aparece na novena praza. En definitiva, a loita polo título parece que será cousa de tres, xa que están implicados os tres palanadores en idade infantil máis prometedores da LNB, Juanma (actual Campión Nacional da categoría), Geno e Adriana (semifinalistas no Play Off Nacional). Detrás deles, tanto por idade como por rendemento deportivo, están Martiño e Oscar. O futuro da categoría quedará nas súas mans cando aqueles tres dean o salto á categoría absoluta. Ainhoa tivo unha entrada sobresaínte na LNB, pois nesta súa primeira temporada xa alcanzou a disputarlle puntos a palanadores e palanadoras da categoría absoluta. Outro neno moi novo tamén é Hugo, quen está progresando moito no seu xogo. O futuro está garantido. Estamos falando de nenas e nenos todos menores de 14 anos, e moitos deles menores de 10 anos. Isto é magnífico. 








Bego volveu superar os vinte puntos por terceira xornada consecutiva, o que fai que xa estea 21 ptos por diante da segunda clasificada, Lu.  Esperemos que a loita polo título siga ata a xornada final entre as dúas palanadoras de Bueu que teñen Títulos Nacionais, pois deste xeito tamén se manterá a emoción da incerteza na competición. Para a terceira praza do podio, definitivamente haberá outro duelo de dúas xogadoras de nivel. Elena xa se sitúa a un único punto de distancia de Adriana. Isto significa que entre elas estará a última praza do caixón. As demais palanadoras xa están a máis de 30 ptos. Para participar no Play Off 2017 haberá que esforzarse ata a última xornada, xa que actualmente está o corte en 45 ptos. Salientar nesta xornada a actuación sobranceira de Inés (Gharaboto) que con 16 ptos foi segunda na xornada e agora queda a tan só 7 ptos da zona de Play Off. Polo momento, hai palanadoras de 5 equipos que estarían entre as elexidas para disputarse o Título Nacional.














Como se pode apreciar, o tropezo de Xan na pista de Vilaboa fixo que Ricar, que se levou a xornada, se sitúe a tan só 2 ptos do de Dorrón. O que parecía moi difícil hai un mes, que Ricar superase na clasificación ao de Lúa de Forza, pódese producir na seguinte xornada de Cotobade. A combinación da excelente actuación do de Bueu coa nefasta de Xan fai que a emoción polo título volva ás pistas de billarda das Rías Baixas. Outra loita moi interesante está sucedendo por apoderarse do terceiro chanzo da categoría. Nas últimas tres xornadas houbo cambio de palanador neste lugar, mais sempre entre dous xogadores, Salva e Che. O de Corredoiras conseguiu 22 ptos e sitúase catro puntos por enriba do Rinoceronte Che. Outra disputa interesante é a da 5ª e 6ª praza, entre Fari e Bego. Un punto separa aos compañeiros de Corredoiras. Luís Rino avanzou na clasificación despois da fantástica actuación en Vilaboa e xa se sitúa 7º. O outro Luís de Gharaboto foi penalizado polas características dos espazos cerrados e non foi quen de obter máis ca 7 puntos e cae ata a 8ª posición. Lito tamén notou a dificultade dos espazos reducidos dun pavillón e cae ata a 9ª praza, empatado a puntos con Lu, quen aproveitou a súa precisión no golpeo para rendir moi alto. 





RESULTADOS 9ª XORNADA



PARTICIPACIÓN

TOTAL 83
HOMES 51
MULLERES 32










CRIS (RINOCERONTE)          1º RICAR (CORREDOIRAS)       3º DANIEL (RINOCERONTE)

GENO (CORREDOIRAS, recolleu Salva) 1ª ADRIANA (VALPAÇOS TERRA QUENTE) 3ª AINHOA (ARMADIÑA)

BEGO (CORREDOIRAS) 2ª INÉS (GHARABOTO, recolleu Luisgón)ELENA (GHARABOTO, recolleu Antía)






CATEGORIA ABSOLUTA
do EQUIPO
RICAR CORREDOIRAS BUEU
CRIS RINOCERONTE PONTEVEDRA
DANIEL RINOCERONTE PONTEVEDRA




CATEGORÍA FEMININA
do EQUIPO
BEGO CORREDOIRAS BUEU
INÉS CORREDOIRAS BUEU
ELENA GHARABOTO MARÍN




CATEGORÍA INFANTIL
do EQUIPO
ADRIANA VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO
GENO CORREDOIRAS BUEU
AINHOA ARMADIÑA POIO





CATEGORÍA EQUIPOS do EQUIPO

CORREDOIRAS BUEU

RINOCERONTE PONTEVEDRA

GHARABOTO MARÍN




    A xornada novena caracterizouse por superar de novo o número máximo histórico de participantes do sexo feminino. Nada máis e nada menos que 32 mulleres disputaron esta xornada, establecendo outra marca absoluta da LNB. Nunca antes na brillante historia da LNB participaran tantas mulleres nunha xornada de liga. Evidentemente, este deporte é tan atractivo que non para de aumentar o número de persoas que se acercan a probar. Desde o comezo desta temporada, a principios de setembro, non parou de medrar a comunidade billardeira. Así, xa foron 157 persoas as que xogaron durante estas 9 xornadas. 

TOTAL 157



homes 113 72%
mulleres 44 28%


   Un dos retos, desafíos ou obxectivos, como queiramos denominalo, do colectivo LNB é dar a coñecer esta modalidade lúdico-deportiva, facendo que a nosa sociedade saiba que este xogo segue con vida. Outro fin é conseguir que as novas xeracións aprendan a xogar. Despois, se as nenas e os nenos se divirten ben seguro que seguirán xogando e transmitirán este xeito de interacción social como fixeron os que nos precederon na aventura de vivir en Galicia.





   No aspecto competitivo, Corredoiras segue firme e sen rival que ameace a súa supremacía. De 9 xornadas disputadas o equipo de Bueu conseguíu a máxima puntuación en 6 delas. En Vilaboa, superou os 90 ptos, co cal xa se distancia dos segundos en 147 ptos. Gharaboto alcanzou os 65 ptos que é unha cifra boa para eles, pero que se convertiu en excelente, pois coincidiu coa devacle de Lúa de Forza, que non chegou nin aos 40 ptos e foi o penúltimo equipo na xornada. Rinoceronte foi outro dos triunfadores da xornada, xa que os de Pontevedra alcanzaron 83 ptos, e con eles renaceron as posibilidades de loitar pola 3ª praza da Conferencia que dá dereito a participar no Play Off Nacional de finais de maio en Compostela. Laxe de Rons chegou aos 51 ptos e consolida a quinta posición. Valpaços Terra Quente con 44 ptos mantense na súa regularidade de non quedar por debaixo desta decena en cada xornada. Armadiña tamén ganou 44 ptos, o que non lles permitiu acercarse á sexta praza, mais consolida un equipo que vai cara arriba no seu rendemento. Caselledín obtivo 12 ptos e segue penúltimo.