billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

2ª XORNADA LNB CONFERENCIA RÍAS BAIXAS 21 setembro

A 2ª XORNADA DA LNB CONFERENCIA RÍAS BAIXAS, que organiza ZUME DE VIMBIA, xogarase na PRAZA DO MAR (SANXENXO). No calendario estaba previsto xogar en Bordóns, pero tendo en conta que alí só dispoñemos de dúas pistas de xogo e que o número de participantes podería ser moi elevado, fixemos as xestións co Concello de Sanxenxo para utilizar esta nova ubicación no centro da vila, ao lado do Real Clube Náutico. 

16:00 Inscrición. 
16:15 Sorteo.
16:30 Comezo.








1ª XORNADA O GROVE

PARTICIPACIÓN
103

MULLERES
27
HOMES
76




Nesta primeira xornada houbo a participación máis elevada da Conferencia Rías Baixas en toda a súa curta historia (este é o terceiro ano). Nun primeiro momento estaban inscritas 108 persoas, das cales xogaron finalmente 103, de aquí que non se igualara a marca histórica que conseguiu a Conferencia Sur na 2ª xornada da temporada 2009-2010, 108 participantes que supón o número máis elevado da historia da LNB. 



2ª-CHEFA (COR) 1ªBELMIRA (VAL) 3ªYUDANI (COR)

2º-MARTIÑO (COR) 1º-BORJA (BAS) 3º-ADRIAN (LÚA)

2º-XAN (LÚA) 1º-L.CAMIÑA (GHA) 3º-ALBINO (LÚA)

Na categoría feminina ocuparon o podio 3 representantes de equipos LNB, o mesmo que na categoría absoluta. Na infantil, en cambio, ocupou a primeira posición un rapaz do GROVE. Polo tanto, os primeiros líderes da clasificación son LUÍS CAMIÑA (GHARABOTO) na categoría absoluta, BELMIRA (VALPAÇOS TERRA QUENTE), na categoría feminina e na categoría infantil BORJA BÚA (BASTOS).
Non houbo ningún varado. 
Na categoría de equipos encabeza a clasificación LÚA DE FORZA.


TRIKI (CASILLEDÍN)

ÁLVARO (ZUME DE VIMBIA)

MARTIÑO (CORREDOIRAS)

YUDANI (CORREDOIRAS)

ANTÍA (GHARABOTO)