billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

ANÁLISE 4ª XORNADA

CATEGORÍA FEMININA



Sorpasso de Lu e actuación estraordinaria de Vanessa

Despois desta xornada, o que podemos destacar é que por vez primeira desde que Bego participa na Conferencia Rías Baixas cede o liderado a outra palanadora que non é ela mesma. Ou sexa, Sempre que alcanzara esa posición nunca a deixara ata o final da temporada. Isto sucedeu desde a temporada 2013-2014. Esta vez, foi Lu, a bicampiona Nacional, a que a superou, dando un sorpasso inesperado, aínda que só por maior puntuación nunha xornada, xa que están empatadas no global dos puntos. Estas dúas palanadoras estanse distanciando do resto, pois son 23 ptos de vantaxe sobre Adriana, 29 sobre Elena e 30 sobre Vanessa.  


A actuación de Vanessa foi a gran sorpresa da xornada, pois con 16 ptos. só foi superada por Lu con  17. Isto fíxo que ascendera ata a 5ª posición da xeral, o que asegura que loitará por esa terceira praza do podio. Tamén, Marga e Casilda conseguiron 9 ptos o que lles permitiu dar un salto na Clasificación. Igual que Belmira, que cos 8 ptos desta xornada xa está a 2 dos 30. En definitiva, hai tres obxectivos polos que competir este ano. O primeiro é o título, que será cousa de dúas xogadoras, ou como moito tres, se Elena consigue ter regularidade nas súas actuación. O segundo obxectivo é a terceira praza do poido, para a que hai ata 7 candidatas. E finalmente están as prazas que darán dereito ao Play Off, que de momento está aberto a todas as participantes, pois hai xornadas por diante de abondo para optar a estas prazas. 

Os 60 ptos impresionados sobre a foto corresponden a unha predición de futuro



FEMININAEQUTOT1234
1LUCOR6014181117
2BEGOCOR6014171613
3ADRIANAVAL3719378
4ELENAGHA3142214
5VANESSAGHA3081516
6BELMIRAVAL2814518
7CASILDAGHA279369
8ANAGHA261574
9MARGAGHA245469
10TANIAVAL2020
11CHEFACOR17152
12LITALAX134612
13CHELIGHA13814
14MARISALÚA132524
15PATRI OUBIÑACAS131615
16MÓNICAGHA1091
17INÉSGHA94122
18PURIVAL5113
19CARME PAZOSVAL41111
20ANTÍAGHA3111
21CARME NAIGHA211
22LAURAARM22
23OLIRIN11
24EVAGHA11
25YAIZAVAL11
26XAIRAVAL11
27PATRI 11
28ANA MADRID11

ANÁLISE 4ª XORNADA

CATEGORÍA EQUIPOS


EquipoTotal1234
1CORREDOIRAS BUEUCOR33788997773
2LÚA DE FORZASANXENXOLÚA29162678973
3GHARABOTOMARÍNGHA24965525379
4RINOCERONTEPONTEVEDRARIN24152706059
5LAXE DE RONSO GROVELAX21973424460
6VALPAÇOS TERRA QUENTEVIGOVAL17973362743
7CASILLEDINRIBADUMIACAS7115152120
8ANDARELASANXENXOAND3461117
9ARMADIÑAPOIOARM2727


Gharaboto aproveitou a condición de local para espertar

   O equipo de Marín por fin tivo unha actuación que coincide coa súa potencialidade e ganou a xornada con 79 ptos Una puntuación non demasiado elevada se a comparamos coas outras puntuacións que conseguiron os equipos ganadores nas anteriores xornadas. Ademais, as distancias entre os primeiros foron pequenas. 
   O que se confirmou nesta xornada é que Lúa de Forza tivo un rendemento extraordinario dado que competiu con 6 xogad@s unicamente. Corredoiras segue cómodo na primeira posición, aínda que nas dúas últimas xornadas acomodouse e non conseguiu chegar aos 80 pts. O nivel de esixencia para os subcampións nacionais debe ser máximo, polo tanto consideramos que deberían estar sempre por enriba dos 80 ptos. Rinoceronte tivo unha actuación aceptable, sobre todo porque Che conseguiu ganar a xornada e aportou 25 ptos. Cunha actuación sobresaínte de Martín, 20 ptos, e notable de JR, 17 ptos, Laxe de Rons mantense cerca dos 4 grandes da categoría. 
   Valpaços Terra Quente depende moito da actuación de Salgue, a súa fichaxe estrela para esta temporada, quen respondeu cuns sobervios 21 ptos, pero penalizounos moito a ausencia de Tania e Alfonso, que se nota moito nun cadro de xogador@s limitado para conseguir alto rendemento, pois 3 están en idade infantil e unha xogadora é a decana de toda a LNB con 82 anos, Carmen Pazos. 
   A gran noticia da xornada e probablemente de toda a temporada foi a incorporación dun novo equipo Armadiña de Combarro-Poio. Presentaron 4 xogador@s e por vez primeira souberon o que é a presión da alta competición. Conseguiron 27 ptos e foron o 7º equipo da xornada. A xuventude do equipo fai que teñan unha marxe de mellora considerable. Para a próxima xornada serán máis e traerán o seu propio material. Comentaba Ferro que non puideron facer as adaptacións no material prestado que utilizaron,  por iso non conseguiron imprimirlle nin a dirección nin a potencia adecuada. Aínda así, todos os seus xogadores e xogadora conseguiron puntuar na xornada. Magnífico!
   Casilledín de Barrantes chegou aos 20 ptos, unha cifra boa para contar con 3 xogador@ soamente. Andarela quedouse en 17 ptos, unha puntuación moi boa para un equipo que de momento compite con 2 xogadores á espera de novas incorporacións. Teñen como obxectivo a xornada de Castrelo que organizará este equipo para completar con máis xogadores o cadro do equipo. 

GHARABOTO, este ano formaron un cadro de xogadoras e xogadores co claro obxectivo de alcanzar o título