PARTICIPACIÓN 55
MULLERES 18
HOMES 37
Fantástico o número de participantes nesta segunda xornada da CONRÍA. Estamos conseguindo achegar este xogo da billarda a un nivel de deporte de competición. Un partido de fútbol implica a 16 xogadores por cada equipo, ou sexa 32 deportitas xogando. Outros deportes de equipo non chegan a esa cifra, entón, que consigamos que poidan xogar 55 deportistas (65 na 1ª xornada) de todas as idades é un éxito extraordinario. Grazas a todas e todos pola vosa implicación en que esta aventura da Liga Nacional de Billarda siga adiante e cada vez con máis fortaleza.
Todos os resultados e estatísticas están actualizados para consultalos.
1º-LUÍS (GHA)
2º-XAN (SAL)
3º-GELÍN (GHA)
4º-LUISGON (GHA)
5º-ALBINO VEIGA (AND)
6º-IVÁN (ESM)
7º-LUÍS CAMIÑA (GHA)
8º-RICOY (SAL)
Tamén, está a reportaxe fotográfica da xornada en NOALLA. Por favor, consultádea. Hai fotos fabulosas. Aparecen todos os participantes, polo menos en algunha foto.