|
Participación infantil a temporada pasada en Castrelo |
Ide preparando billardas, paláns e nervio óptico, pois a esixencia do campo da festa de Castrelo así o reclama. A súa peculiar construción, para acubillar a veciñ@s e visitantes de Castrelo nas súas festas parroquiais e gastronómicas, fai que, sendo un terreo de dimensións reducidas 40 x 20 m., non sexa doado dar golpes de moito alcance. As estatísticas afirman que houbo dous anos nos que non se fixeron varados e outros dous nos que se fixeron unicamente 3 en cada un. Son tres as variables que dificultan o rendemento. Primeiro está a superficie de terra que soportou millóns de pés bailando sen medida e, tamén, recolleu billóns de litros de viño derramados por mans nerviosas. Segundo, a estrutura metálica que envolve o lugar. Tanto as paredes metálicas que están moi próximas ás liñas de banda dos campos como o teito, demasiado baixo, serven de barreira intimidatoria á hora de golpear. Terceiro, o cambio de luminosidade que se produce durante as carreiras, pois comezase con luz natural filtrada polo fondo e pola liña de saída e acábase cos fotos acendidos. Estes focos foron preparados para sementar certas sombras cómplices que permitisen certos tocamentos durante os bailes. En definitiva, non foron pensados para xogar á billarda.
|
Detrás do varal unha tea branca reflectante cando hai luz natural no exterior |
|
No lateral dereito está o palco e unha protección metálica |
|
Unha vez que a luz natural desaparece préndense os focos que deslumbran ao tempo que se producen malignas sombras |
|
O teito metálico está a unha altura menor que nos pavillóns o que fai que moitas billardas percutan nel provocando música de tronada. |
Temos os datos oficiais de xogadores e xogadoras dos equipos da LNB RÍAS BAIXAS. Os tres equipos máis numerosos da Conferencia, e tamén da LNB, son Valpaços, Gharaboto e Armadiña, quen superan a vintena de xogador@s. Despois estarían tres equipos que superan a decena de xogador@s, Corredoiras, Lúa de Forza e Rinoceronte. Laxe de Rons e Andarela non chegan aos 10. Outra cousa é que o cadro de xogador@s completo acuda a todas as xornadas. Deste xeito, o equipo que máis asistencia ten de media é GHARABOTO que alcanza 17 persoas por xornada, algo inalcanzable para todos os demais equipos da Conferencia. Só VALPAÇOS TERRA QUENTE se acerca con 16 xogador@s por xornada. Estes dous equipos son as potencias da LNB, xa que ningún outro dos 21 equipos LNB 2017-2018 alcanza estes números. ARMADIÑA ten o mérito de ser o equipo máis novo da Conferencia e, non obstante, ten o segundo cadro de xogador@s máis numeroso, por detrás do equipo de Marín. A súa media de participación está en 11.
Outra variable a analizar é o número de mulleres que xoga en cada equipo. Aquí, hai unha diferenza maior entre as tres grandes franquicias e o resto de equipos. Así, GHARABOTO E ARMADIÑA teñen 10 mulletres e o equipo da Terra Quente 13. Este é un caso particular e destacable, pois ten máis mulleres ca homes. Para valorar a proeza deste equipo temos que saber que os outros cinco equipos xuntos teñen menos mulleres que o equipo de Vigo.