Aquí temos as aliñacións dos equipos na primeira xornada do Grove. De novo, o actual estrela azul da LNB (CAMPIÓN NACIONAL 2017) conseguiu sumar máis puntos que os demais equipos. Pero, vemos que Gharaboto non quedou moi lonxe, o que nos fai pensar que este ano si haberá máis igualdade, ou iso parece. Ademais, esta temporada o equipo de Marín ten o cadro de xogadores máis numeroso da Conferencia. Nesta xornada presentou 18 xogadores/as. Só Armadiña e Valpaços teñen orzamento para confeccionar un equipo a ese nivel cuantitativo. Certamente, non sempre se corresponde unha alta puntuación cun número elevado de competidores, mais o normal é que sexa así. Nesta xornada, Corredoiras competiu só con 8 xogadores e conseguiu máis puntos que ningún outro equipo, pero este caso é excepcional, xa que dos 8 xogadores hai 1 coroceiro nacional, e dúas campioas nacionais, ao mesmo tempo que 5 destes xogadores quedaron no Top Dez de Conferencia da temporada pasada.
Os demais equipos quedaron lonxe do equipo de Bueu. O equipo Rinoceronte pasou do ben folgadamente e conseguíu 65 ptos, cousa que lle permite soñar coa praza que dá dereito ao Play Off, pois o título é cosa de Bueu e Marín. O equipo organizador Laxe de Rons, acercouse aos 60 ptos, e con 59 ptos foi primeiro desa clase media que anda entre o aprobado e o ben, sen alcanzar o notable. Despois, ven outro equipo con estrela azul LNB, pero que está en época de vacas adelgazadas, Lúa de Forza, que deberá acomodarse á zona media, salvo que as novas fichaxes empecen a render.
Aqui veñen os equipos que suspenderon na xornada, ou sexa, que non acadaron os 50 ptos. Valpaços alcanzou os 47 ptos. O equipo morado é unha aposta de futuro, xa que presentou 7 xogadores/as por debaixo da maioría de idade, sendo o equipo que máis competidores/as en idade infantil presentou. O potencial do equipo da Terra Quente está na súa sección feminina. O único equipo que lle pode facer fronte nesta sección é Gharaboto. Será unha dura pugna. Armadiña tamén é un valor de futuro. Xogou con 5 xogadores en idade infantil. Nesta xornada cumpriron o seu gran soño desde que iniciaron a súa traxectoria na LNB: subir a todos os podios en algunha xornada. Cerraron o círculo no Grove, pois a única categoría que lle faltaba era a feminina, e foi Elena quen conseguíu o segundo posto. Hai que ter en conta que na categoría absoluta faltáronlle os seus xogadores número 1 (Peque), 3 (Papi) e 4 (Cho). En féminas teñen un equipo moi potente que competirá con Valpaços e Gharaboto para optar a ese título feminino por equipos (nova categoría). Andarela presentou por vez primeira desde hai un ano equipo completo de 4 xogadores.
Haberá unha nova Categoría nas clasificacións de Conferencia que será a de Equipos Femininos e que terá os seus trofeos finais de Conferencia (Trofeo TODOLNB). Sumaranse as 4 mellores puntuacións femininas de cada equipo. O obxectivo é fomentar a participación de nenas, mozas e mulleres. Así que, a buscar talentos! Pódense poñer anuncios solicitando palanadoras para equipo de billarda!
De momento a clasificación encabézaa o equipo Valpaços Terra Quente de Vigo, por outro lado o gran favorito, con permiso de Gharaboto.
Categoría EQUIPOS FEMININOS
"Trofeo TODOLNB"
| Equipo | | | Total |
6 | VALPAÇOS TERRA QUENTE | VIGO | VAL | 42 |
2 | GHARABOTO | MARÍN | GHA | 26 |
1 | CORREDOIRAS | BUEU | COR | 17 |
7 | ARMADIÑA | POIO | ARM | 17 |
4 | LAXE DE RONS | O GROVE | LAX | 6 |
5 | LÚA DE FORZA | SANXENXO | LÚA | 6 |
8 | ANDARELA | MEAÑO | AND | 2 |
3 | RINOCERONTE | PONTEVEDRA | RIN | 1 |