billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

ANÁLISE DA CLASIFICACIÓN SEGUNDO A SUPERFICIE DE XOGO

   Agora que o final de liga está próximo imos analizar o rendemento de palanadores e palanadoras tomando como referencia a variable do terreo de xogo. Deste xeito, vemos abaixo dúas clasificacións diferentes. 





    A primeira corresponderíase ás xornadas disputadas en pavillón e a segunda ás xornadas celebradas noutros tipos de superficie. Podemos ver como hai algúns cambios significativos. Que cada quen vexa o seu rendemento de puntos segundo a superficie de xogo utilizada.
    Incluso, se podería hipotetizar como sería a clasificación final no caso de xogarse só en pavillón, e como sería no caso de xogarse só en exterior.
   Os caso máis destacado de rendemento moi superior en pavillón que en exterior é o de Martín, de Laxe de Ron, pois está na posición 8 das xornadas xogadas neste espazo, mentres non aparece entre os 30 primeiros das xornadas xogadas en exterior. Entre o TOP Catro, Salva e Xan son os máis penalizados polas superficies de pavillón e Ricar e Che os máis beneficiados. Despois, melloran clasificación cando se xoga en pavillón Luís Rino, Manolo Fariña, Álvaro, Cris, SalgueCharri e Manolito. 
   Claramente, conseguen menos puntos en pavillón Suso, Luís Pirucha, Lito, Luís Gon, Ricardo Lois, Fari, Lu. A Luís Camiña, Bego e Juanma non lles inflúe demasiado a superficie de xogo. 

TODO PREPARADO PARA RECIBIR Á LNB NA CIDADE EUROPEA DO VIÑO: CAMBADOS

   Todo preparado en Cambados para a celebración da 14 xornada da LNB Rías Baixas. O Concello ten instalado un panel permanente no exterior da Casa do Concello. 









   O cartel orixinal tivo que ser modificado despois de recibir o Concello de Cambados un escrito presentado polo COGAZUR (Colectivo Galego de Zurdas e Zurdos). A argumentación deste colectivo ten unha sólida base. Desde o inicio da Conferencia Rías Baixas todos os carteis, nos que aparecía representada unha persoa, facían que esta collera o palán co brazo dereito para golpear a billarda, sen ter en conta que as zurdas e zurdos tamén existen. 
   Daquela, o Concello de Cambados e a LNB Rías Baixas tiveron a ben atender a fundamentación do escrito de COZUZO e deseñar a unha crianza golpeando a billarda co palán que suxeita coa súa man esquerda. Esperamos que este exemplo sexa imitado nas demais Conferencia LNB. 

A PRAZA DE FEFIÑÁNS RECIBE A LNB

    Na foto de abaixo vemos como xa chegou o premio que se concederá á persoa que obteña a vitoria na 14 xornada de Cambados. Foi levada ata a Praza de Fefiñáns utilizando os medios da Brigada Aerotransportable da LNB. Son 700 litros de albariño da añada 2007, calificada de excelente pola D.O. RÍAS BAIXAS. 





   Vemos as imaxes dos traballos de acondicionamento do Pazo de Fefiñáns e da Praza do mesmo nome para a celebración da xornada 14 da LNB RÍAS BAIXAS. Despois de varios meses de intensa actividade a praza quedou rematada co tempo suficiente para disputar a antepenúltima xornada de liga. Moitas persoas non confiaban en que o campo estivese preparado a tempo, pero outra vez máis, a eficacia e eficiencia galega demostrou ao mundo que non hai obstáculo insuperable. 
   Ademais, para facer do vindeiro sábado un día especial o Concello de Cambados ten reservado un ceo sen nubes e unha temperatura ambiental de 23 graos. 



   
     A Praza de Fefiñáns, en menor medida coñecida coma Praza do Mercado, é a parte máis característica do barrio de Fefiñáns, no concello de Cambados. Ten a súa orixe no século XVI, e nela atópanse o Pazo de Fefiñáns e a Igrexa de San Bieito. Ata o século XVIII, o mar chegaba ata a mesma praza, se ben os sucesivos recheos foron afastando a costa. Popularmente denominouse como O Eirado e, posteriormente, O Mercado, por celebrarse nela o mercado do pobo ata 1947

   




Xente da LNB na Praza de Fefiñáns preparándose para a disputa da 14 xornada do vindeiro sábado 22 de abril




xornada 14 CAMBADOS