billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

12ª xornada SALCEDO-PONTEVEDRA

PARTICIPACIÓN
71

20 MULLERES
51 HOMES


CATEGORIA ABSOLUTA
do EQUIPO
PASTO GHARABOTO MARÍN
RICAR CORREDOIRAS RÍAS BUEU
BEGO CORREDOIRAS RÍAS BUEU








CATEGORÍA FEMININA
do EQUIPO
CHEFA CORREDOIRAS SUR BUEU
LU CORREDOIRAS RÍAS BUEU
BELMIRA VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO








CATEGORÍA INFANTIL
do EQUIPO
GENO CORREDOIRAS RÍAS BUEU
JUANMA LÚA DE FORZA SANXENXO
MARTIÑO CORREDOIRAS SUR BUEU








CATEGORÍA EQUIPOS



GHARABOTO MARÍN

CORREDOIRAS RÍAS BUEU

LÚA DE FORZA SANXENXO






PODIO ABSOLUTA

PODIO INFANTIL

PODIO FEMININA


Fenomenal xornada de billarda en pista rápida. O pavillón de Cabanas, na parroquia pontevedresa de Salcedo, foi o escenario da 12ª xornada de liga. Unha característica deste tipo de superficies é a distancia que as billardas poden percorrer esvarando unha vez que tocan o chan. Daquela, sempre é unha boa oportunidade para conseguir varados. Foron 34 lanzamentos directos os que se sumaron. Deste xeito, a clasificación na categoría de varados empeza a poñerse interesante. 
Ao mesmo tempo, a clasificación na categoría de EQUIPOS é a máis incerta na definición dos postos 2º e 3º, que darán dereito a participar no PLAY OFF. Na primeira posición está moi consolidado o equipo de Bueu CORREDOIRAS RÍAS, que mantén a posición desde a primeira xornada de liga. Onde realmente está o interese é en quen serán os outros dous equipos que representarán ás RÍAS BAIXAS. Quen mellor posicionado está é LÚA DE FORZA. O equipo de Sanxenxo, que foi Campión Nacional o 2014 e o ano pasado non logrou clasificarse para defender o título, parece que volveu con forza e acerto este 2016. Non obstante, non podemos esquecer que GHARABOTO (Marín) é o actual subcampión nacional 2015, e aínda que ten unha loita emocionante para ocupar a terceira das prazas con RINOCERONTE, o seu potencial é enorme. O caso do equipo de Pontevedra é incerto, pois ser o equipo máis novo da competición supón que a xornadas espectaculares suman outras máis febles. Os outros equipos non teñen o potencial destes catro, pero cada día acércanse máis. O exemplo témolo no equipo do Grove OS DE TORRES, que este ano xa conseguiron en dúas xornadas chegar aos 60 ptos que marcan o límite para poder optar a estar entre os primeiros. 
Nas categorías individuais, as posicións seguen consolidadas. Na absoluta non fallan os tres primeiros e manteñense as distancias bastante amplias entre Xan (1º) e Ricar (2º) 30 ptos, e entre este e Luís (3º) 24 ptos. As posicións non son definitivas, pois os ptos máximos que se poden conseguir nunha xornada son 31, polo tanto unha mala xornada do líder e unha moi boa dos perseguidores daríalle emoción ata o final. Veremos que sucede. Na categoría feminina, parece inevitable que Bego revalide o título. Os outros dous postos disputaranos CHEFA, LU, ELENA e TANIA. Na categoría infantil JUANMA mantén a distancia de 40 ptos sobre GENO.