billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

ANÁLISE DA 3ª XORNADA Cesantes-Redondela (1-10-2016)

Nesta xornada hai que descatar a actuación de Ricoy (LÚA DE FORZA) que subiu por vez primeira a a un podio. Despois de 3 xornadas, algúns dos favoritos para conseguir o título xa están situados nos postos de honor, mentres outros están bastante lonxe deste obxectivo. O forte ritmo que marcou desde a primeira xornada Xan, cunha media de 27 ptos, só pode seguilo Salva que unicamente está a 8 ptos do líder. Despois, Fari xa está a 16 ptos e Ricar e Che a 24 ptos. Estas distancias non son fáciles de reducir nunha xornada. O único que podería ameazar a praza de Xan na vindeira xornada de Marín sería Salva, pois 8 ptos é un distancia que se pode reducir sen dificultade en 5 carreiras. A partir do sexto posto a distancia co primeiro é xa de máis de 30 ptos. A pesar destas diferenzas podemos afirmar que haberá xogadores que melloren o seu rendemento e outros que o empeorarán, xa que chegarán as xornadas en recintos cerrados e superficies máis rápidas. Quen sexa capaz de adaptarse ao golpeo menos potente e máis preciso seguirá optando ao título.  

   Outros competidores que sempre teñen como obxectivo o título, como poden ser Luís Pirucha e Luís Camiña, están tendo un baixo rendemento, polo momento. Non dubidamos que subirán postos nas vindeiras xornadas. Entón, podemos dicir que o grupo de aspirantes ao título estaría formado por estes 7 xogadores. De seguro que de entre eles sairá o novo Campión de Conferencia.
   Despois, estaría outro grupo moito máis numeroso de xogadores que aspiran ás prazas que darán dereito ao Play Off Nacional. Non obstante, non debemos esquecer que calquera prognóstico deixa unha regaña para que poida entrar o imprevisto e inesperado. En definitiva, algunha sorpresa haberá, e senón buscarémola.