|
Aquí vedes ao futuro da Billarda. Nenos e nenas nacidos no século XXI e que teñen como unha das súas paixóns xogar á billarda. Magnífico! |
O sábado iniciouse a temporada de inverno nas Rías Baixas. Coa visita ao pavillón da Montesiña, por vez primeira xogouse nun espazo cuberto e de superficie dura e esvaradiza. Os resultados consultádeos na etiqueta de clasificación. Aí comprobaredes que moitos e moitas máis xogadores tiveron oportunidade de demostrar a súa habilidade. Estes terreos non penalizan tanto como os exteriores a falta de forza de moitas persoas á hora de golpear, e por outra beira, premian a destreza e precisión no golpeo. Comprobaredes cos resultados na man que a diferenza entre homes e mulleres á hora de obter bos resultados non ten máis barreiras que as que a bioloxía se empeñou en construír. Ou sexa, cando se pretende conseguir precisión e eficacia tanto muller coma home, nena e neno, adultos, están moi parellos. O exemplo máis claro está en que o que nunca se vira na LNB en toda a súa historia sucedeu en Soutomaior. Houbo 5 mulleres que fixeron varado: (Bego (5), Elena (2), Belmira, Yaiza e Zaira e unha delas foi quen máis fixo de tod@s @s participantes. Que interpretamos con estes datos? Que a billarda non establece límites insuperables se cada quen busca a superación enfrontando pequenos retos individuais, xa que alcanzalos trae alegría e emoción.
A vitoria correspondeu ao Cristo de Rexenxo, o enorme Chicho de Lúa de Forza. Non dou opción a ningún dos seus rivais. Tanto no grupo como despois nos enfrontamentos eliminatorios estivo moi sólido e seguro no golpeo.
|
3º-CRIS 1º-CHICHO 2º- RICARDO LOIS |
CATEGORIA ABSOLUTA |
|
do EQUIPO |
|
1º |
CHICHO |
LÚA DE FORZA |
SANXENXO |
2º |
RICARDO LOIS |
LAXE DE RONS |
O GROVE |
3º |
CRIS |
RINOCERONTE |
PONTEVEDRA |
|
|
|
|
CATEGORÍA FEMININA |
|
do EQUIPO |
|
1ª |
BEGO |
CORREDOIRAS |
BUEU |
2º |
CHEFA |
CORREDOIRAS |
BUEU |
3ª |
LU |
LÚA DE FORZA |
SANXENXO |
|
|
|
|
CATEGORÍA INFANTIL |
|
do EQUIPO |
|
1ª |
YAIZA |
VALPAÇOS TERRA QUENTE |
VIGO |
2º |
SAMUEL |
VALPAÇOS TERRA QUENTE |
VIGO |
3º |
HUGO |
GHARABOTO |
MARÍN |
|
|
|
|
|
CATEGORÍA EQUIPOS |
do EQUIPO |
|
|
1º |
CORREDOIRAS |
BUEU |
|
2º |
LÚA DE FORZA |
SANXENXO |
|
3º |
GHARABOTO |
MARÍN |
Na categoría feminina houbo un podio de luxo. Tres Campioas Nacionais subiron ao máis alto. Neste podio había 4 Títulos Nacionais. As grandes dominadoras da LNB desde o 2012 son de Bueu, ou para ser máis exactos, viven en Bueu, pois a actual Campioa Nacional, Chefa, provén das terras que están ao leste de Galicia. O amor tróuxoa ata a verde Galicia e o amor mantena arraigada nesta terra. Nestes seis anos só Geni, a extraordinaria palanadora dos Billardeiros Musicais e a retirada dos campos de billarda, Reyes, foron quen de romper a súa hexemonía.
Ademais, en Soutomaior, Bego estableceu unha nova marca de varados que vai durar moito, moito tempo. A de Corredoiras fixo 5 varados e, con este logro, encabeza a clasificación da Conferencia.
|
2ª-CHEFA 1ª-BEGO 3ª-LU |
Yaiza volveu repetir o primeiro posto na categoría, por diante de Samuel e de Hugo. Tanto Juanma, como Adriana, cun Título Nacional da categoría cada un, non tiveron unha xornada acertada. O relevo xeracional está próximo entre @s infantís. Nesta última temporada d@s de secundaria empezan a asomar @s de primaria, e fano con moito empuxe. A súa evolución é meteórica ou supersónica, escollede o cualificativo, e aínda así quedarase escaso. O certo é que a media de asistencia nesta categoría está en 15 xogador@, nestas primeiras 6 xornadas. Isto está facendo que vexamos o futuro e o presente co optimismo de quen ve florecer as árbores.
|
2º-SAMUEL 1ª-YAIZA 3º-HUGO |
Na categoría de equipos, Corredoiras presentou un equipo moi numeroso e potente. Despois da mala xornada de Marín, quixeron afianzar a súa posición dominante para non ter problemas nesta época de cuberto. De todos os xeitos, o resto dos equipos estiveron a un nivel elevadisimo. Así, ningún dos equipos da parte alta e media baixou dos 50 ptos, algo que non sucedera antes.
CORREDOIRAS |
BUEU |
83 |
LÚA DE FORZA |
SANXENXO |
73 |
GHARABOTO |
MARÍN |
71 |
LAXE DE RONS |
O GROVE |
71 |
VALPAÇOS TERRA QUENTE |
VIGO |
61 |
ARMADIÑA |
POIO |
59 |
RINOCERONTE |
PONTEVEDRA |
56 |
ANDARELA |
MEAÑO |
7 |
Polo tanto, as distancias na cabeza mantéñense nuns números que permiten, aínda, ter loita polo título, non como sucedeu nas últimas temporadas. Normalmente, a estas alturas Corredoiras xa estaba a máis de 100 ptos do segundo clasificado. Gharaboto de Marín que ocupa a segunda praza está a 29 ptos do equipo de Bueu, e por detrás está Lúa de Forza que se acercou a 13 ptos de Gharaboto. A zona media segue dominada por Laxe de Rons, que aumentou a distancia ata 31 ptos cos seus máis próximos seguidores, Rinoceronte. O equipo pontevedrés segue perdendo a vantaxe que tiña sobre Armadiña e Valpaços. Agora en 16 ptos están estes tres equipos. Cerra Andarela.
|
Equipo |
|
|
Total |
1 |
CORREDOIRAS |
BUEU |
COR |
474 |
2 |
GHARABOTO |
MARÍN |
GHA |
443 |
3 |
LÚA DE FORZA |
SANXENXO |
LÚA |
430 |
4 |
LAXE DE RONS |
O GROVE |
LAX |
344 |
5 |
RINOCERONTE |
PONTEVEDRA |
RIN |
313 |
6 |
ARMADIÑA |
POIO |
ARM |
310 |
7 |
VALPAÇOS TERRA QUENTE |
VIGO |
VAL |
297 |
8 |
ANDARELA |
MEAÑO |
AND |
52 |
En equipos femininos,
Corredoiras acércase ao intratable equipo de Vigo,
Valpaços Terra Quente. As de Bueu reforzaron o equipo coa incorporación de Yudani e agora si que son unha seria ameaza ao dominio das da Terra Quente. Esta categoría vai estar disputada ata o final, pois
Gharaboto tamén ten potencial para optar ao título. Daquela, serían tres equipos co obxectivo de alzarse co primeiro título desta nova categoría. Despois están dous equipos que xogarán todo o ano na zona media, que son
Lúa de Forza e
Armadiña. Pechar a cancela será cousa de dous equipos,
Andarela e
Rinoceronte.
|
EQUIPOS FEMININOS |
|
|
Total |
1 |
VALPAÇOS TERRA QUENTE |
VIGO |
VAL |
200 |
2 |
CORREDOIRAS |
BUEU |
COR |
180 |
3 |
GHARABOTO |
MARÍN |
GHA |
173 |
4 |
LÚA DE FORZA |
SANXENXO |
LÚA |
87 |
5 |
ARMADIÑA |
POIO |
ARM |
69 |
6 |
LAXE DE RONS |
O GROVE |
LAX |
31 |
7 |
ANDARELA |
MEAÑO |
AND |
7 |
8 |
RINOCERONTE |
PONTEVEDRA |
RIN |
5 |
A Clasificación Individual Absoluta continúa encabezada por Xan seguido de Ricar. O de Lúa de Forza non soubo adaptar o seu xeito de golpear ao terreo de xogo e penou sobre a pista de xogo. Finalmente, conseguiu superar os 10 ptos evitando un descalabro. Agora, mantén 12 ptos de distancia sobre Ricar. O de Bueu estivo cerca dos 20 ptos. Os demais postos sufriron modificacións. Luís Pirucha alcanza, por vez primeira na temporada, o podio da categoría. Despois de atravesar, a temporada pasada, o deserto de non encontrar, coma os surfistas, o golpe perfecto, regresa aos lugares que lle corresponden por talento. Hai que lembrar que o ano pasado houbo momentos nos que estivo fóra dos postos de Play Off e que a súa saúde psicolóxica veuse afectada. Finalmente, cun tratamento conservador, o Coaching de Gharaboto logrou recuperar para a práctica activa da billarda ao gran Piru, tamén coñecido nos seus comezos como o Ortega Lara da Torre. Grandes beneficiad@s da xornada foron Salva, Ricardo Lois, Bego e Luís Gon. Grandes perxudicados da xornada Juanma e Luís Camiña que non chegaron a alcanzar os dous díxitos na súa puntuación. Fervíalle o sangue ao capitán da escadra marinense e xuraba en arameo. Xa está argallando un proxecto faraónico en Marín: construción dun Estadio de Billarda Cuberto, imitando ao ALLIANZ ARENA do BAYERN MUNICH.
|
ABSOLUTA |
EQU |
TOT |
1 |
XAN |
LÚA |
135 |
2 |
RICAR |
COR |
123 |
3 |
LUÍS PIRU |
GHA |
118 |
4 |
SALVA |
COR |
115 |
5 |
RICARDO LOIS |
LAX |
112 |
6 |
JUANMA INF |
LÚA |
107 |
7 |
BEGO |
COR |
103 |
8 |
LUÍS GON |
GHA |
102 |
9 |
DANI |
RIN |
98 |
10 |
MANOLO FARIÑA |
GHA |
90 |
11 |
LUÍS CAMIÑA |
GHA |
88 |
12 |
LITO |
COR |
84 |
13 |
ÁLVARO |
GHA |
79 |
14 |
CHE |
RIN |
78 |
15 |
MARTÍN |
LAX |
73 |
16 |
CHEFA |
COR |
72 |
17 |
SALGUE |
VAL |
70 |
18 |
MANU |
ARM |
69 |
19 |
CRIS |
RIN |
66 |
20 |
JM CAMIÑA |
LÚA |
64 |
21 |
CHO |
ARM |
63 |
22 |
OUTEIRO |
COR |
62 |
23 |
CHICHO |
LÚA |
59 |
24 |
ALBERTE |
RIN |
59 |
25 |
PACO VIDAL |
LAX |
59 |
|
ALBERTE - RINOCERONTE |
|
ICÍA ANDARELA |
Bego diríxese ao seu quinto título consecutivo. A de Bueu non está deixando dúbidas despois dun comezo algo dubitativo. Chefa mantén o segundo posto e Lu, unha das beneficiadas da xornada sube ata o terceiro chanzo do podio. Adriana, tivo unha malisima actuación para unha xogadora do seu nivel, non obstante seguirá loitando polo podio, iso seguro. Foi esta, unha xornada moi favorable para as palanadoras, pois 14 delas superaron os 10 ptos e tres chegaron ou superaron os 20 ptos. Salientar a actuación de Yaiza (11 anos) con 19 ptos. Así, vemos que a xuventude está acelerando a súa progresión. Zaira, Yaiza e Elena de Armadiña son palanadoras moi novas que ocupan postos de Play Off e que comezaron a xogar a temporada pasada. Deste xeito, van obrigar a Elena Glez, Belmira, Mónica, Marga, Lita e Marisa a esforzarse se queren acudir a Compostela en maio do 2018.
|
FEMININA |
EQU |
TOT |
1 |
BEGO |
COR |
103 |
2 |
CHEFA |
COR |
72 |
3 |
LU |
LÚA |
54 |
4 |
ADRIANA INF |
VAL |
52 |
5 |
ELENA |
GHA |
46 |
6 |
ZAIRA |
VAL |
45 |
7 |
ELENA |
ARM |
40 |
8 |
BELMIRA |
VAL |
39 |
9 |
MÓNICA |
GHA |
37 |
10 |
YAIZA INF |
VAL |
36 |
11 |
MARGA |
GHA |
36 |
12 |
LITA |
LAX |
32 |
13 |
MARISA |
LÚA |
32 |
14 |
CHELI |
GHA |
29 |
15 |
CASILDA |
GHA |
21 |
16 |
INÉS |
GHA |
19 |
17 |
VANESSA |
GHA |
19 |
18 |
MARÍA SILVA |
VAL |
18 |
19 |
ANA |
GHA |
18 |
20 |
IRENE |
VAL |
13 |