Corredoiras ganou a
xornada con 89 ptos e distanciase do segundo clasificado Gharaboto.
Nas últimas tres xornadas o equipo de Bueu fixo 87 ptos de media,
algo inalcanzable para os outros dous candidatos ao título. Lúa de
Forza defende con orgullo a posición de podio. Pero, por detrás xa
se escoita o tambor do prado. Son os pezuños de Rinoceronte que
petan acompasados. O equipo pontevedrés recupera a cuarta posición.
Armadiña mantén a quinta. Laxe de Rons baixa ata a sexta. O equipo
de Poio acaba de establecer unha nova marca absoluta LNB. Esta marca
refírese ao número de xogadoras/os que ten no seu cadro, 28.
EXTRAORDINARIO! Isto significa que durante estas 8 xornadas xogaron
ata 28 persoas coa camiseta celeste de Armadiña. E... seguen
medrando! Podemos afirmar con rotundidade que a incorporación deste
equipo á Conferencia Rías Baixas está sendo fundamental para
revitalizar a billarda en toda a comarca. Só falta que Combarro sexa
elixida como a vila que máis loce de todo o estado para que o equipo
celeste poña rumbo ao podio da categoría esta mesma temporada.
O actual Campión
Nacional será o equipo a vencer no Play Off 2018. Pese, Iván, Chapi
e Carlos son incorporacións que fortaleceron, sobre maneira, ao xa
poderoso Corredoiras 2017. Daquela, só queda loitar polo segundo e
terceiro postos do podio. Gharaboto segue marchando a unha velocidade
de 73 ptos por xornada, mentres Lúa de Forza vai a 69 por xornada,
cousa que nos fai pensar que o equipo de Marín será outro ano
segundo. Despois, aparecen os equipos da zona media que semella
reducirse a tres, Rinoceronte, Armadiña e Laxe de Rons, pois
Valpaços está cedendo e xa está algo lonxe, concretamente a 42
ptos. Andarela cerra a clasificación.
Gharaboto ganou a
xornada, supera a Corredoiras na segunda posición e acércase ao
líder, Valpaços Terra Quente. Aínda que segue sendo o claro
favorito, o equipo de Vigo xa non pode descoidarse máis. A disputa
entre estes tres equipos vai ser digna de presenciar, xa que son as
maiores potencias da LNB nesta categoría de Equipos Femininos. Lúa
de Forza e Armadiña deben aceptar que se xogarán as posicións
medias, 4ª e 5ª. O que terán que facer Laxe de Rons, Andarela e
Rinoceronte é encontrar palanadoras ou clonar as poucas que teñen.
A xornada que se xogou no
pavillón de Cabanas resultou magnífica en canto a participación.
Foron 83, as persoas que se deron cita na Parroquia de Salcedo
(Pontevedra) para gozar xogando á billarda. Triunfo de Gerardo
Torres de Laxe de Rons. Por vez primeira, un xogador do equipo do
Grove subiu ao máis alto do podio. A competición fixo xustiza a un
equipo e a unha persoa que recuperaron a práctica da billarda no
Concello do Grove. Ademais, foi Gerardo a persoa que durante varias
temporadas puxo nome ao equipo grovense, chamado Os de Torres ata a
temporada 2016-2017. Cando se acercou a recoller o seu trofeo como
ganador da xornada 8, Gerardo Torres tivo unhas palabras de lembranza
para o seu compañeiro Paco Vidal. Paquiño leva sen xogar desde a
xornada 5 por un problema de saúde. Esperamos que se recupere
pronto.
Outra actuación
salientable foi a de Charri. Sabiamos que, amais dunha personalidade
arrebatadora, no palán de Santos había poder e plasticidade. Non
obstante, en ningunha das xornadas disputadas chegara aos 15 ptos.
Algo sucedía para que non estivera entre os mellores da Conferencia.
Por fin, o sábado sucedeu. Confluíron os ventos e as nubes para
xerar a cicloxénese esplosiva que desembocou nun Furacán. Este foi
o Furacán de Bueu, quen tivo tempo para facer 4 varados, conseguir
25 ptos, sacar fotos e gravar vídeos. Foi a máxima puntuación da
xornada e só cedeu na semifinal, polo efecto da chamada “fatiga do
éxito”.
A cicloxénese esplosiva
ANA, afectou tamén á toda a LNB Rías Baixas. Así, en canto ao
aspecto competitivo, houbo unha desfeita dos primeiros clasificados.
Os postos que acadaron os tres primeiros da xeral na xornada do
sábado foron, Xan 40º, con 9 ptos, Ricar 37º, con 10 ptos e Luís
Pirucha 34º, con 11 ptos. Ben certo que Ricar xogou cunha lesión
lumbar que lle dificultaba enormemente golpear a billarda. Aínda
así, superou nun punto ao líder. Luís Pirucha, pola súa conta,
acercouse ao segundo posto de Ricar. Agora está tan só a tres ptos
dese chanzo. De todos os xeitos, o da Torre desaproveitou unha grande
oportunidade para situarse como líder, pois non cremos que vaia ter
moitas oportunidades coma a do sábado, onde os dous primeiros fallen
de tal maneira.
O gran beneficiado da 8ª
xornada foi Salva, quen pasou de estar case descartado para loitar
polo título a situarse a tan só 5 ptos do segundo posto, e a 17 do
liderado. O de Bueu recuperouse da mala actuación da xornada
anterior con golpes precisos e de medida potencia. Salva soubo
adaptarse á superficie do pavillón. A xornada foi tamén propicia
para Bego, que agora se sitúa no quinto posto da xeral e mantén as
posibilidades de optar ao podio e, por que non, ao título. Ricardo
Lois e Daniel foron outros dos xogadores do Top Dez que se viron
afectados por ANA, e non souberon superar os atrancos que lles
propuxo o cemento de Cabanas. De todas as maneiras, cos ptos
conseguidos, 12 e 14 respectivamente, mantéñense con claridade no
6º e 7º postos da xeral. Che entrou coma un ciclón no Top Dez e
comeza a mostrar o verdadeiro potencial que ten. Despois de 5
xornadas sen pasar dos 15 ptos, encadea dúas xornadas con máis de
20 ptos. Aínda que está lonxe do podio, ninguén pode descartar ese
obxectivo do Rino. Cerra os dez primeiros postos Juanma, que con 16
ptos logrou recuperar as posicións perdidas despois de faltar á
xornada anterior.
Luís Gon e Lito
perderon as posicións privilexiadas do T-10 despois do seu baixo
rendemento nesta xornada. O de Portonovo conseguíu 4 ptos e o do
Morrazo 8. Álvaro e Luís Camiña tiveron unha boa actuación. Agora
superan os 100 ptos e entran en zona tranquila de Play Off, 13º e
14º. Tamén, ocupan esta zona morna Manu, Alberte, Fari, Cho e
Martín, quen están por enriba dos 90 ptos. Todos estes xogadores
viven dentro das posicións privilexiadas que teñen dereito a praza
para o Play Off 2018. Despois, chegan os lugares máis incómodas do
tren das Rías Baixas que leva ata a Coroza Nacional 2018. Salgue, Lu
e Chicho teñen cerca a xente que quere ocupar estes derradeiros
asentos Camiño de Compostela. Adriana, Rial, Carolo, Chichí,
Gerardo Torres, JM Camiña, Gelín, Chefa, Charri, Cris, Taxeiro,
Peque, Outeiro... grandes xogadores e xogadoras que cobizan acercarse
ata o Castiñeiriño, aló polo maio.
Lú ganou a categoría
feminina con 20 ptos. Esta cantidade fai que se sitúe na segunda
posición da xeral. Bego continúa primeira e aumentando a vantaxe
coas súas perseguidoras. Actualmente, a líder está a 65 ptos da
segunda. Para facernos idea na distancia diremos que aínda que Bego
non veña xogar dúas xornadas as demais non poderían superala na
xeral. Estas dúas prazas de podio que deixará a de Bueu hai varias candidatas de prestixio e currículo. Lu está alcanzando o nivel que a levou a ser a conseguir dous títulos Nancionais, a única da Conferencia. Adriana, Chefa (actual Campiona Nacional) e Elena (1 campionato de Conferencia) serán as outras candidatas a estas prazas. Por detrás destas 5 palanadoras veñen prometedoras xogadoras como Elena Sabarís, Zaira, Yaiza e Mónica. Que teñen unhas posicións cómodas de Play Off, mais non poden descoidarse. Marisa, Belmira e Marga están en lugares de risco. Preséntase moi apaixoante esta época de inverno na LNB Rías Baixas.
|
2º-PAPI 1º-GERARDO TORRES 3º-CHE |
|
3ª-MARGA 1ª-LU 2ª-BEGO |
|
INFANTIL 1º-OSCAR |
DESTACADOS DA XORNADA
|
GERARDO TORRES (Laxe de Rons-O Grove) |
Gerardo Torres, por entrar na historia da LNB como ganador dunha xornada. O do Grove xa está no
Alboio da
Fama (ALFA) da Liga Nacional de Billarda. O seu nome será lembrado polas xeracións vindeiras.
|
CHARRI (Corredoiras-Bueu) |
Salvador Santos, Charri, por resucitar de entre os menos favorecidos polos deuses da billarda. Despois de atravesar o deserto durante 7 xornadas, nas que non pasou de 13 ptos en ningunha delas, de ter que ausentarse na 4ª xornada para facer unha limpeza de billarda en Euskadi, xa está de volta o Furacán de Bueu.