Despois da primeira xornada, a clasificación de equipos demostra que ARMADIÑA xa é maior de idade e vai competir contra os grandes barcos da Conferencia. Valpaços e Laxe de Rons non competiron con todos os seus xogadores de aí o rendemento tan baixo, pero de seguro que reforzarán ben os seus equipos para entrar na parte noble da clasificación, que historicamente sempre foi lugar para só 4 equipos, CORREDOIRAS, GHARABOTO, LÚA DE FORZA e RINOCERONTE.
| Equipo | | | Total | 1 |
| CORREDOIRAS | BUEU | COR | 68 | 68 |
| GHARABOTO | MARÍN | GHA | 56 | 56 |
| RINOCERONTE | PONTEVEDRA | RIN | 55 | 55 |
| ARMADIÑA | POIO | ARM | 52 | 52 |
| LÚA DE FORZA | SANXENXO | LÚA | 51 | 51 |
| VALPAÇOS TERRA QUENTE | VIGO | VAL | 36 | 36 |
| LAXE DE RONS | O GROVE | LAX | 23 | 23 |
| ANDARELA | MEAÑO | AND | 9 | 9 |
En canto á clasificación Individual situáronse na parte alta xogadores de moito nivel e que van a ser dos que loiten polo primeiro título de Verán. Entre os 10 primeiros podemos salientar, non obstante, a presenza de dúas sorpresas, como son PAPILLA e BENITO RESILLE. O palanador da Armada de Combarro tivo unha actuación sobresaínte. Segundo comentaban os seus compañeiros de equipo, algo tivo que ver neste éxito que viña da celebración do seu aniversario e certas bebidas espirituosas foron saboreadas en abundancia. Benito Resille sempre rinde a gran nivel cando volve da temporada da sardiña. Estivo a piques de conseguir o triunfo na xornada e só un enorme golpe de Che foi quen de derrotalo. Terceiro quedou Salva, aínda que con baixa puntuación.
En definitiva, Daniel, SubCoroceiro Nacional, encabeza a clasificación da Zoca de Verán despois da primeira xornada, a un punto Che e a dous Papilla. E por detrás xa aparecen Ricar, Luís Camiña, Bego, Xan e Manolo Fariña. A vindeira xornada será o sábado 1 xullo na Alameda de Pontevedra.
| ABSOLUTA | EQU | TOT | 1 |
| DANIEL | RIN | 24 | 24 |
| CHE | RIN | 23 | 23 |
| PAPILLA | ARM | 22 | 22 |
| JUANMA INF | LÚA | 20 | 20 |
| RICAR | COR | 19 | 19 |
| LUÍS CAMIÑA | GHA | 19 | 19 |
| XAN | LÚA | 19 | 19 |
| BEGO | COR | 19 | 19 |
| MANOLO FARIÑA | GHA | 17 | 17 |
| BENITO RESILLE | COR | 16 | 16 |
| ALFONSO | VAL | 15 | 15 |
| MANU | ARM | 14 | 14 |
| SALVA | COR | 14 | 14 |
| OUTEIRO | COR | 13 | 13 |
| PEKE | ARM | 11 | 11 |
| GERARDO TORRES | LAX | 11 | 11 |
| PACO VIDAL | LAX | 11 | 11 |
| CAROLO | | 11 | 11 |
| ÁLVARO | GHA | 11 | 11 |
| ÁNGEL | AND | 9 | 9 |
| ÁLVARO PAI | GHA | 9 | 9 |
| CHARRI | COR | 9 | 9 |
| SANTIAGO | VAL | 8 | 8 |
| MANUEL INF | LÚA | 7 | 7 |
| FARI | COR | 7 | 7 |
| LUISGON | GHA | 7 | 7 |
| TAXEIRO | VAL | 7 | 7 |
| CRIS | RIN | 7 | 7 |
| ADRIANA INF | VAL | 6 | 6 |
| LUÍS PIRUCHA | GHA | 6 | 6 |
| ELENA | ARM | 5 | 5 |
| JM CAMIÑA | LÚA | 5 | 5 |
| VARI | GHA | 5 | 5 |
| OSCAR INF | ARM | 4 | 4 |
| CHO | ARM | 4 | 4 |
| CHEFA | COR | 4 | 4 |
| BELMIRA | VAL | 2 | 2 |
| DANI INF | ARM | 1 | 1 |
| MARGA CALDAS | ARM | 1 | 1 |
| LITO | COR | 1 | 1 |
| ELENA | GHA | 1 | 1 |
| IVÁN | RIN | 1 | 1 |
| CASILDA | GHA | 1 | 1 |
| MARGA | GHA | 1 | 1 |
| MÓNICA | GHA | 1 | 1 |
| LITA | LAX | 1 | 1 |
| CHELI | GHA | 1 | 1 |
| BENITO FREIRE | COR | 1 | 1 |
| ANTÍA INF | GHA | 1 | 1 |
| AINHOA INF | ARM | 1 | 1 |
| CARMEN NAI | GHA | 1 | 1 |
| MACHI | ARM | 1 | 1 |
| MERCE | ARM | 1 | 1 |
| NEREA INF | ARM | 1 | 1 |
| MÓNICA MOREIRA | ARM | 1 | 1 |
| TOÑO | ARM | 1 | 1 |