billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

CALENDARIO 2012

Compañeiras, compañeiros, o domingo 8 xaneiro, ademais de disputar a xornada correspondente deberíamos decidir cantas xornadas queremos disputar (a idea inicial era xogar 10 xornadas, mais tamén se baralla a posibilidade de chegar a 12 xornadas).
Ao mesmo tempo, debemos acordar quen organizará cada xornada que falta. Un dos nosos obxectivos é o de difundir este xogo, entón sería moi adecuado disputar unha xornada, polo menos, en cada parroquia do concello.
Despois, podemos celebrar algunha xornada en concellos da comarca do Salnés. Se alguén ten algún contacto con asociacións culturais ou de veciños de Meaño, Rivadumia, Vilanova, Vilagarcía, O Grove, Cambados, Meis, A Illa, por favor, que o domingo o diga (nome, nº teléfono de contacto, correo electrónico). Quen di asociacións, di calquera persoa que estea interesada en xogar á billarda.
De momento, xa xogamos na Adina, Noalla, Nantes e Bordóns.
Unha proposta de calendario sería:
7ª xornada (organiza ANDARELA, en Arra)
8ª xornada (organiza DORRÓN, en Dorrón)
9ª xornada (organiza ???????, en Sanxenxo)
10ª xornada (organiza ???????, en Vilalonga)
11ª xornada (organiza ???????, en Gondar)
12ª xornada (organiza ??????, en O Grove)

En definitiva, que vaiamos pensando xeitos de facer chegar aos nosos veciños e veciñas este xogo tan atractivo para nós, pero que tamén pode selo para calquera que se inicie na súa práctica.

Ata o Domingo 8 xaneiro
11horas
O Espiñeiro
Portonovo