billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

ANÁLISE DA 3ª XORNADA

CATEGORÍA FEMININA





BELMIRA e CARMEN PAZOS de VALPAÇOS TERRA QUENTE (Vigo)

ELENA DA UN PASO AO FRONTE

   Na 3ª xornada Bego, a gran favorita para o título, xa alcanzou o primeiro posto da clasificación. De todos os xeitos, o máis destacable desta terceira xeira da Conferencia Rías Baixas foi a puntuación de Elena (Gharaboto), 21 ptos, unha puntuación das máis altas da xornada e moi difícil de alcanzar para unha fémina. Isto permitiulle avanzar desde o posto 17, que ocupaba na 2ª xornada ao 4ª que ocupa na actualidade, a tan só dous ptos de distancia do terceiro chanzo do podio.

Elena (Gharaboto)
Parece que o swing de Elena veuse favorecido pola herba curta dos greens do campo de Cesantes. Este resultado da da Adina fai que haxa posibilidades de ver esta temporada algo de emoción na categoría, pois o seu 5º posto final do ano pasado estivo motivado polas complicacións na súa recuperación da operación de xeonllo. Sería estupendo para a competición que Elena estivese en forma para disputarlles a supremacía da Conferencia ás palanadoras de Bueu, Lu, Chefa e Bego, Certamente, son xogadoras de moito nivel, tanto técnico como competitivo, pero se alguén fóra do Morrazo pode inquietar un pouco a estas deportistas esa é Elena. Ana e Casilda, pasiño a pasiño, xa están no Top Dez, a de Marín é 5ª e Casilda 8ª. Marga alcanzou o 10º posto ao conseguir 6 ptos, e Vanessa que fixo 5 está a 1 pto desa décima posición.

VANESSA  (Gharaboto)

As condicións do terreo de xogo dificultaba bastante os golpeos de saída, xa que, ao ter que usar apoio o salto da billarda era imprevisible moitas das veces. Aínda así, 10 das 19 competidoras femininas lograron puntuar en algunha das carreiras o que fala da destreza destas afoutas deportistas.

En definitiva, esta temporada gozaremos do talento feminino das Rías Baixas. Esta temporada será a da recuperación do Título Nacional.

BEGO (Corredoiras)










ANÁLISE DA XORNADA


EQUIPOS


INCONTESTABLE TRIUNFO DE LÚA DE FORZA



   Triunfo inesperado de LÚA DE FORZA na 3ª xornada celebrada en Cesantes (Redondela). Corredoiras tivo unha actuación destacable con 77 ptos, aínda que tendo en conta o seu potencial sempre se espera que gane en cada xornada.  Pero o que non entraba en ningún prognóstico era a victoria do equipo de Sanxenxo, e moito menos que fose con tanta vantaxe sobre o resto dos equipos. Un factor importante para este resultado foi que o equipo veuse reforzado por 5 integrantes do Club de Bolos Xove, que viñan de disputar un encontro amistoso en Nigrán. Entre eles Ginés e Andrés Rodríguez que forman parte de LÚA DE FORZA, mais que este ano non van poder axudar moito ao equipo por cuestións de situación xeográfica. Rinoceronte de Pontevedra chegou aos 60 ptos. Gharaboto de Marín quedou en 53 ptos e Laxe de Rons do Grove conseguíu 44 ptos. 
   De estes 5 equipos sairán os dous que nos representen nas Finais Nacionais de maio de 2017. Para ser máis precisos, diríamos que Corredoiras ocupará unha das prazas e a outra deberán loitala entre os de Sanxenxo, Marín, Pontevedra e O Grove. 
   De momento, dúas cousas asombran unha migalla dos resultados, ata o de agora. Por unha beira, o baixo rendemento de Gharaboto, equipo que se reforzou moito e ben, e que debería estar competindo con Corredoiras pola primeira praza ou, polo menos, deberían estar máis cerca deles. E por outra, o rendemento sorpresivo de Lúa de Forza, que se debilitou coa ausencia dos Palanadores de Xove e, non obstante, está nunha posición de privilexio. De todas as maneiras, ao ter un cadro de xogadores e xogadoras tan limitado o normal é se lle acerquen, tanto o equipo de Pontevedra como o de Marín, e entre os tres teñan que competir pola segunda praza. 
   Rinoceronte está nos seus números do ano pasado, e sabemos que este equipo estará ata o final con opcións de entrar na segunda praza. 
   Laxe de Rons tamén vai estar cerca do podio, non sabemos se chegará o seu potencial para ameazar a segunda praza. Certo que estas dúas xornadas non chegaron aos 50 ptos, porén, na xornada anterior faltoulles Ricardo Lois, o seu Top 15, e nesta xornada faltou Chichí, que viña de dúas xornadas moi boas. 
   






Esta análise baséase neste criterio de puntuacións
Unha puntuación que baixa de 40 ptos é moi froxa, entre 40 e 50 ptos é froxa, entre 50 e 60 é unha actuación boa , de 60 a 70 ptos é destacable, a partir de aí xa son puntuacións moi boas, cando se obteñen máis de 70 ptos, magníficas de 80 a 90 e pasando dos 90 ptos son actuacións excelentes. Entón, o resto dos equipos tiveron puntuacións moi baixas, sempre que se estea pensando en ter posibilidades de ocupar algunha das dúas prazas que dan dereito ao Play Off Nacional 2017. De todos os xeitos haberá que esperar a que cheguen as xornadas no interior nas que os grandes pegadores terán que adaptarse a superficies que precisan dun golpeo menos forte e máis preciso.






Mañá análise das categorías individuais.

3ª xornada

3ª XORNADA 
Cesantes-REDONDELA
1 outubro 2016



PARTICIPACIÓN
71

19 MULLERES
52 HOMES




CATEGORIA ABSOLUTAdo EQUIPO
XANLÚA DE FORZASANXENXO
ANDRÉSLÚA DE FORZASANXENXO
RICOYLÚA DE FORZASANXENXO
CATEGORÍA FEMININAdo EQUIPO
ELENAGHARABOTOMARÍN
BEGOCORREDOIRASBUEU
CORREDOIRASBUEU
CATEGORÍA INFANTILdo EQUIPO
JUANMALÚA DE FORZASANXENXO
ADRIANAVALPAÇOS TERRA QUENTEVIGO
GENOCORREDOIRASBUEU
CATEGORÍA EQUIPOSdo EQUIPO
LÚA DE FORZASANXENXO
CORREDOIRASBUEU
RINOCERONTEPONTEVEDRA








O lugar onde se disputou a 3ª xornada foi a praia de Cesantes, en fronte da Illa de San Simón e coa ponte de Rande ao fondo. O terreo de xogo estaba composto por un pouco de area e uns terróns de herba nalgún dos campos, noutro un moito de area e uns escasos terróns de herba e noutro herba e area en proporcións variables. En definitiva, houbo que se adaptou de marabilla e houbo quen se acordou de familiares vivos e mortos do comité de selección de terreos de xogo. 
A temperatura foi magnífica, aínda que en momentos determinados o vento, que viña da boca da Ría de Vigo, fixo erguer os pelos de brazos e pernas. O número de participantes foi de 71. Unha particularidade deste número de xogadores e xogadoras foi que 17 persoas xogaron por vez primeira este ano, o que significa que algúns dos habituais non competiron e foron remprazados por novas e novos participantes.



Continuaremos a crónica da xornada mañá.