billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

GALA DA BILLARDA CONFERENCIA RÍAS BAIXAS 2016-2017

       A GALA DA BILLARDA 2017 celebrouse este ano en Beluso, na Casa do Pobo. Na Gala entregáronse os trofeos aos primeiros clasificados de Conferencia nas diferentes categorías. A actuación dun grupo de Cantareiros e Cantareiras de Bueu puxo nos oídos do auditorio unhas melodías mariñeiras que agradeceron os xogadores e as xogadoras, pois viñan de disputar unha xornada moi esixente, xa que se xuntou o terreo de xogo de caucho e o sol insistente para facer da superficie unha lareira.  











  CATEGORÍA EQUIPOS

1-CORREDOIRAS 
2-GHARABOTO    
3-LÚA DE FORZA












  CATEGORÍA INDIVIDUAL ABSOLUTA

1-XAN    
2-RICAR
3-CHE     








  CATEGORÍA INDIVIDUAL FEMININA

1-BEGO       
2-LU            
3-ADRIANA




  CATEGORÍA INDIVIDUAL INFANTIL

1-JUANMA  
2-GENO       
3-ADRIANA






XORNADA 16 BELUSO

PARTICIPACIÓN


91TOTAL
59homes
32mulleres


AKI-Rinoceronte
MARTIÑO-Corredoiras


        De novo a participación infantil foi extraordinaria. 14 xogadores entre nenas e nenos competiron no campo de herba artificial das Laxes, en Cabalo, Beluso. De cara ao Play Off do vindeiro domingo en Compostela, a Conferencia Rías Baixas presenta a varios xogadores e xogadoras na categoría máis nova que son claros favoritos para traer o título de novo para as Rías Baixas. 











GENO - Corredoiras

JUANMA - Lúa de Forza

ADRIANA - Valpaços Terra Quente



         A xornada tivo no podio a dous habituais como Bego e Xan. Xan certificou a seu Título de Conferencia coa vitoria na xornada de Bueu. A sorpresa foi a de Peque, que por vez primeira subiu ao podio ocupando a terceira praza. A progresión deste palanador fixo que estea como primeiro suplente para ir ao Play Off. Isto significa que se hai algunha baixa inesperada entraría entre os elixidos para desafiar aos astros e loitar pola Coroza.  




       Na categoría feminina foi Adriana a que máis puntos obtivo, seguida da súa compañeira de equipo Zaira, e de Lu. Ademais, Zaira cos puntos conseguidos na xornada de Beluso conseguíu praza para participar no PLAY OFF 2017. Xa se vía que esta palanadora de Vigo tiña un potencial enorme. A súa progresión foi rapidisima. Na súa primeira temporada, e aínda faltando a algunhas xornadas de principio de temporada, xa alcanzou a 7ª posición final na Categoría Feminina. Outro logro asombroso foi o de Adriana, quen cos 19 puntos conseguidos na xornada alcanzou o posto 23 da Clasificación Xeral Absoluta, o cal lle permite participar tamén no PLAY OFF 2017 da Categoría Absoluta, e loitar pola Coroza. Extraordinario!




       Geno ganou a xornada na Categoría Infantil cunha puntuación histórica para un xogador desta categoría, 28 puntos. Segundo foi Juanma e terceiro Oscar. Estes tres palanadores, xunto con Adriana, son as opcións más serias de Título LNB Infantil que presentará a Conferencia Rías Baixas.





ESCOLLIDOS PARA A GLORIA

   CATEGORÍA EQUIPOS


    



   Estes serán os tres equipos que representarán á Conferencia Rías Baixas no PLAY OFF LNB 2017 do vindeiro domingo 28 de maio en Compostela. Corredoiras, de Bueu dominou a competición desde a primeira xornada ata a última. Nunha competición regular onde suman 4 xogadores/as non ten rival. Agora veremos se mantén as mesmas prestacións no Play Off, onde suman 6 xogadores/as. Gharaboto, de Marín ten un potencial enorme nunha competición na que sumen xogadores/as como vai ser a Final de Compostela. Que ninguén desprece a forza dunha barba ben aseada! Lúa de Forza, de Sanxenxo, xa bastante fixo con conseguir o podio da Conferencia, pois ten un cadro de xogadores/as moi pequeno. Ao sumar 4 en cada xornada mantivo o tipo durante a liga, mais para que lle sumen 6 xogadores/as... vémolo case imposible. De todos os xeitos levaran a cor verda á terra do Castiñeiriño, metáfora dun cespede artificial que o campo do Atl Fátima gorenta.






  CATEGORÍA ABSOLUTA














       Na categoría absoluta a nosa Conferencia vai recuperar a Coroza que o ano pasado vestiu Chousa. Por que dicimos isto con tanta seguridade, pois ademais de polos argumentos técnico-tácticos, por unha cuestión de periodicidade estatística. Desde o ano 2008 o título tivo este comportamento:
2008-NOL
2009-SUR

2010-NOL
2011-SUR
2012-SUR

2013-NOL
2014-RÍAS
2015-RÍAS

2016-NOL
2017-RÍAS


       Cremos que non hai equivocación posible nas cousas da cosmoloxía estatística. O norte nunca conseguiu dous títulos seguidos. Queda todo dito...



  CATEGORÍA FEMININA












       Na Categoría Feminina o nivel é tan elevado que non se nos pasa pola cabeza que o Título non veña para as Rías Baixas. Cremos que só hai dúas palanadoras que poden amezar a consecución deste Título como son Geni e Paula. Entón, todo vai depender de se o terreo de xogo está enchoupado ou non, porque en terreo seco non hai ninguén, entre as mulleres, que golpee a billarda tan forte como Bego. Lu, Elena e Adriana van ter as súas posibilidades, igual que Merche. Sería unha sorpresa que o nome da campioa non estivese entre os destas 7 mulleres.