Se chove, como así afirma METEOGALICIA, xogarase nun pavillón, aínda por confirmar. Mañá publicaremos o nome do pavillón.
Se houbese algún empate despois da última xornada resolveríase mirando quen tivo a clasificación máis alta (maior puntuación) en algunha xornada. Se se mantén o empate mírase a segunda mellor clasificación, e así sucesivamente ata desfacer o empate. Isto aplicarase en todas as categorías excepto en Varados. Nesta categoría representarannos os 5 con máis varados. Se houbese que desempatar para elexir o quinto posto farase a un golpe entre os empatados, pola orde que aparecen na clasificación.