Celebrouse a 6ª xornada da CONSAL. Os resultados podedes consultalos na sección de clasificación 2011-2012.
A xente foi chegando máis ou menos puntual. Desta vez o sorteo fixémolo a través dun programa informático. Ao non ter toma de corrente eléctrica na pista tivemos que conectar o ordenador nun coche. Como na maioría das primeiras veces encontrámonos con algunha dificultade que retrasou o comezo da xornada. O programa contén as variables: nº de participantes, nº de grupos, nº participantes por grupo. Unha vez que introduces os nomes dos e das participantes o programa vaichos colocando aleatoriamente nun dos grupos. Eramos 34 nun principio. Así fixemos o sorteo. Finalmente participamos 33, pois Ana tivo que atender ao seu can. Este animal tiña o instinto cazador e cada billarda que se lanzaba ía a por ela e agarrábaa cos dentes. Entón, ela quedouse acompañándoo no seu cautiverio.
Moitas persoas poden lembrar aínda o acontecido noutra pista da LNB con "pinto" (can de Flores) e Ginés.
Empezamos ás 11:30 e rematamos ás 13:45. A mañá estivo soleada. Tivemos a presenza de palanadores e palanadoras que viñeron desde Ribadeo, O Pino e Bueu. Ou sexa, tivemos a participación de dúas campioas galegas de billarda, Geni 2009 e Carmela 2010, do campión galego 2011, Iván (BAT), e do subcampión 2010, Basilio, do campión galego de varados 2011 Daniel (BIL). Ademais de varios campións de conferencia.
E tamén, moi importante, dúas persoas xogaron por primeira vez na LNB, Neves e Carmelo (Corredoiras. Bueu).
O ganador absoluto foi Basilio (OPI), na categoría feminina foi Geni (ROT), no grupo do 9º-16º levou un agasallo Franco (ROT), no grupo do 17º-24 levou agasallo Carolo (COR), no grupo do 25-33, levou premio Cristian (BAT), na categoría infantil feminina levou premio Xeila (OPI), e na categoría infantil masculina o premiado foi Adrián (AES).
En definitiva, o noso nivel aumentará a medida que nos enfrontamos con palanadores e palanadoras da elite galega. Por isto, damos as grazas a todos e todas as que vindes de máis lonxe e así contribuídes a que a nosa xente se encariñe por este deporte.
E aos nosos e ás nosas, ánimo! A seguir practicando e a difundir este maravilloso deporte.
Grazas á Jandro (Presidente da Asociación Amigos da Dorna PORTONOVO) pola organización da xornada e polos premios.
A única derrota que coñezo chámase non poder xogar.
Por favor, enviádenos as fotos que sacastes.