PARTICIPACIÓN
83
24 MULLERES
59 HOMES
24 MULLERES
59 HOMES
A choiva do sábado fixo que tiveramos que utilizar o pavillón de Lourido-Poio. A participación foi a terceira máis alta da temporada, chegando a xuntarnos 83 persoas. Destacar a participación infantil que ascendeu a 11 xogadores e xogadoras. Esta afluencia da rapazada foi debida á promoción que o concello de Poio está realizando da billarda tanto na actividade anual da ludoteca como na actividade de campamento de verán. Foi marabilloso presenciar como as cativas e os cativos gustan deste xogo.
No aspecto competitivo afirmar que a falta de 2 xornadas de liga xa temos campioa na categoría feminina, que é Bego de Corredoiras Rías (Bueu). A de Bueu consegue o seu 3º título de Conferencia consecutivo, confirmando o seu dominio incontestable desde a primeira xornada celebrada no Grove.
Na categoría infantil, a Juanma de Lúa de Forza (Sanxenxo) fáltanlle 1 pto para ser campión dun xeito matemática. Para que non repetira o título do 2015, Geno do equipo de Bueu tería que obter a máxima puntuación nas dúas xornadas que faltan e Juanma non obter ningún pto. cousa que se nos antolla imposible.
Na categoría absoluta, co triunfo de Ricar nesta xornada de Poio e coas puntuación moi baixa de Luís (Gharaboto-Marín) e baixa de Xan (Lúa de Forza-Sanxenxo), sucede que a loita polo podio dividiuse en dous grupos, o grupo dos que van loitar polo título, Xan e Ricar, cunha diferenza de 19 ptos a favor do de Sanxenxo, e os que van loitar pola terceira praza de honor. Esta praza é a máis disputada, pois agora ocúpaa Bego con 3 ptos de vantaxe sobre Luís e Daniel (Rinoceronte-Pontevedra) e 16 sobre Andrés Rodríguez.
Na categoría de equipos, tamén aconteceu un cambio na terceira posición de podio, agora ocupada polo equipo de Pontevedra, Rinoceronte. A pugna é fantástica entre estes e Gharaboto, agora separados por 3 ptos. A primeira praza está practicamente asegurada para Corredoiras Rías, que desde a primeira xornada de liga está situado nela sen interrupción. A segunda posición ocúpaa Lúa de Forza con 48 ptos de vantaxe sobre o terceiro clasificado. Entón, o que podemos pronosticar é que as dúas próximas xornadas (Arcade e Pontevedra) serán emocionantes ao máximo, ao mesmo tempo que incerto adiviñar quen ocupará esas posicións de honor. Evidentemente, sería unha sorpresa enorme que o equipo subcampión nacional 2015 (Gharaboto) se quedase sen praza para acudir ao PLAY OFF NACIONAL 2016. Os pontevedreses de Rinoceronte xa ocuparon a terceira praza o ano pasado, pero o inesperado foi a actuación de Lúa de Forza que o pasado exercicio ligueiro non obtivo praza para as finais nacionais.