billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

O ARTESÁN NO SEU OBRADOIRO: AGRASO S.A.



Estas imaxes representan momentos da elaboración dos trofeos que se entregaran no acto de cerre da CONSAL 2011-2012.

TROFEOS CONSAL 2011-2012

Despois dunha charla co obradoiro AGRASOSA, xa podemos anunciar que na última xornada entregaranse os trofeos finais de liga 2011-2012:

Categoría individual 1º-2º-3º

Categoría feminina 1ª-2ª-3ª

Categoría equipos 1º-2º-3º

Categoría infantil 1º

Categoría varados 1º


Apretade os dentes e adestrade forte para estas dúas últimas xornadas, pois os trofeos son pezas únicas elaboradas coa sabiduría dun artesán vocacional, Luís Agraso. Para aqueles e aquelas que non saiban do seu talento, mirade os trofeos da xornada 8ª en Noalla. Hai fotos no blog.

Ademais, os 12 primeiros clasificados irán ao Campionato galego de billarda 2012, o 27 de maio en Compostela. Na categoría feminina irán as 6 primeiras clasificadas. Na categoría de equipos irán os 2 primeiros clasificados.



Na etiqueta CLASIFICACIÓNS agora xa aparecen as clasificacións tamén por categorías.

Na categoría individual parece que as posicións están máis ou menos definidas nos 3 primeiros postos, pois hai unha diferenza de 20 ptos entre 1º e 2º, e unha diferenza de 22 entre 2º e 3º. Aquí, na loita polo 3º posto é onde pode haber máis emoción, pois Balea 4º está a 15 ptos de Luís 3º.
Para os postos que dan dereito a ir ao CAMPIONATO GALEGO a loita continuará ata a última xornada. Chuma ocupa o posto 12, pero por detrás están a 4 ptos Carolo, a 24 Luis Agraso, a 27 Luis González e a 28 Ángel. Ademais, hai que ter en conta que algún dos 12 primeiros igual se clasifica por outra conferencia se a súa posición é mellor que a desta conferencia.

Na categoría feminina, o 1º posto está practicamente seguro, xa que Elena lévalle 75 ptos a Maica. Mais, onde realmente haberá interese ata o final é nos postos 2º e 3º. Entre Maica 2ª e Lu 9ª hai 23 pts. Entre a 2ª e a 6ª 10 ptos soamente.

Na categoría infantil Xavi encabeza a clasificación con 13 ptos de avantaxe sobre Rodrigo e 16 sobre Adrián.

Na categoría de equipos, todo parece indicar que nos representarán no Campionato Galego, BATEAS (campión galego 2011) e A ESMORGA.

FOTOS












10ª XORNADA



Aquí vemos a foto dos e das participantes. Esta vez houbo agasallo para todos e todas. O Concello de Sanxenxo, a través da Concellería de Servizos Sociais, Deporte e Xuventude obsequiou a cada un e cada unha dos participantes.


Dicir como dato salientable que xa participaron 105 persoas na nosa conferencia. Si, como ledes, 105 . 74 homes e 31 mulleres. Desde aquel 2 de outubro de 2011, 1ª xornada, ata hoxe, 8 abril 2012, 10ª xornada.