billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

15ª xor Análise CATEGORÍA INFANTIL

   



       A Categoría Infantil foi dominada de principio a fin por Juanma de Lúa de Forza. Este xogador está a un nivel tan alto que está dentro do TOP DEZ da Categoría Absoluta, e iso que faltou a 3 xornadas. Actual Campión Nacional da Categoría, parte este ano como candidato número 1 para revalidar o Título. Outros competidores de gran nivel son Adriana, Geno, Oscar e Martiño. Despois veñen os máis cativos e cativas que empezaron este ano e que deberán evolucionar no seu xogo. 

JUANMA LÚA 218
ADRIANA VAL 156
GENO COR 130
OSCAR ARM 99
MARTIÑO COR 48

    De entre estes grandes cinco palanadores e palanadora, case con todo seguridade sairá o novo Campión LNB 2017 da categoría. Mais, debemos ter presentes aos representantes das outras Conferencias, que teñen menos traxectoria na LNB, pero que están progresando adecuadamente. Vemos algúns deles nas fotos de abaixo.

 






15ª XOR ANÁLISE CATEGORÍA FEMININA




     Xa se percibe no ambiente que a liga chega ao seu final, pois as decisións arbitrais empezan a discutirse con vehemencia. Varias xogadas de dubidosa interpretación necesitaron da reunión do comité de arbitraxe en medio da competición. Unha billarda que foi detida polo cordel que marcaba a liña de entrada no varal, un golpe efectuado por detrás do varal, un par de billardas golpearon nunha das varas do varal rompendo a mesma, tres billardas que estaban a unha distancia moi semellante da entrada do varal, despois do último golpe, e houbo que usar o cordel laser para saber cales levaban os puntos por proximidade. En definitiva, como cada golpe pode ser decisivo e cada metro avanzado determinante, a LNB Rías Baixas está implantando as últimas tecnoloxías para resolver calquera conflicto. Deste xeito, ademais de estar domesticando, amansando e desbravando o material humano que arbitrará no Play Off, está implantando o vídeo arbitraxe na zona do varal.
     

Ninguén se fía e os centímetros poden ser decisivos, polo tanto, na última xornada de liga, o Concello de Bueu está valorando probar o vídeo arbitraxe como alternativa definitiva.




      Teñen asegurada a participación no Play Off Nacional na Categoría Feminina 6 palanadoras que son 6 serias aspirantes ao Título Nacional. Destacar como clara dominadora da Conferencia a Bego, que empezou rendindo a un nivel alto, pero encontrouse cunha Lu moi acertada e durante 6 xornadas a de Beluso estivo no máis alto, ata que na sétima xornada Bego alcanzou o primeiro posto e con tres resultados estratosféricos de más de 20 puntos xa se distanciou definitivamente. Tanto Lu, Adriana, Elena, Tania e Belmira teñen potencial suficiente como para partir entre o grupo de candidatas ao Título Nacional.
BEGO COR 230
LU COR 177
ADRIANA INF VAL 156
ELENA GHA 131
TANIA VAL 107
BELMIRA VAL 105





       Despois vén un grupo de sete palanadoras separadas por tan só 4 puntos que deberán esforzarse ata a última carreira da última xornada. Marga, paseniño vai asegurando o billete para a cidade do Apóstolo. Mónica e Lita deron un salto clasificatorio moi importante despois desta 15 xornada. A xogadora de Gharaboto estivo lesionada durante 3 xornadas o que fixo que a vantaxe que tiña fora minguando ata estar fóra das prazas clasificatorias para as finais. Non obstante, coa puntuación conseguida na xornada dá un paso case decisivo de cara a volver a Compostela outro ano máis. A palanadora do Grove, Lita, estaba case sen opcións e ao sumar 9 puntos volve a ter esperanza. De todos os xeitos ninguna delas nin Chefa, nin Casilda, nin Marisa, nin Vanessa está segura de ter conseguida a clasificación para o Play Off, xa que por detrás vén coma un raio Zaira.

MARGA GHA 73
MÓNICA GHA 72
CHEFA COR 70
LITA LAX 70
CASILDA GHA 70
MARISA LÚA 70
VANESSA GHA 69










       A xogadora en idade xuvenil de Valpaços, Zaira, empezou a xogar na LNB esta temporada e faltou a catro xornadas. Pois aínda así, realizou unha progresión extraordinaria e ten a 5 puntos de distancia entrar nas prazas que dan dereito a ir a Compostela ás finais nacionais. A xogadora de Vigo, rinde igual en interior que en exterior e esta cualidade fai dela unha rival de moita entidade. Veremos ata onde é capaz de chegar na última xornada de Bueu. Inés xa ten máis complicado a clasificación. A de Gharaboto está a 8 puntos. Así mesmo, Cheli vaino ter inalcanzable. Mais e todo, deberán intentar conseguir a mellor posición, xa que pode haber algunha baixa de última hora entre as clasificadas.
  
ZAIRA VAL 64
INÉS GHA 61
CHELI GHA 58







15ª XORNADA

CHE Rinoceronte

VALPAÇOS TERRA QUENTE Vigo
       

       A xornada de Salcedo (Pontevedra), xogada en San Xulián (Marín), resultou magnífica, tanto pola climatoloxía como polo terreo de xogo. Unha tarde espléndida de primavera na que o sol alternouse coas nubes. O campo de fútbol de San Xulián está protexido dos ventos, pois rodéao o monte. Esta circunstancia fixo que algunha billarda tivera que acabar os seus días regresando ás súas orixes, ou sexa, que se perdeu entre a espesura do monte.
    Desta penúltima xornada xa saíron varios campións. Así, na Categoría de Equipos CORREDOIRAS xa é matematicamente Campión 2016-2017, na Categoría Feminina Bego do mesmo equipo de Bueu, obtivo o Título 2016-2017, e xa van 4 consecutivos. En Infantil, Juanma xa obtivera o Título na xornada pasada. Só queda por saber quen será o Campión Absoluto da Conferencia Rías Baixas.

PARTICIPACIÓN
82
31 MULLERES
51 HOMES




       Gharaboto aproveita a ocasión de xogar en territorio do seu concello, San Xulián de Marín, e non dá opción aos demais equipos. O xa campión de Conferencia, Corredoiras, estivo discreto, tendo en conta o seu nivel de todo o ano. Rinoceronte tivo unha excelente xornada. Intentou dar o penúltimo ruxido para chegar á última xornada con opcións de conseguir a terceira praza que lles dea a oportunidade de loitar polo Título Nacional, pero Lúa de Forza, con só catro xogadores aguantou a embestida do equipo pontevedrés e administrou a vantaxe que tiña. Agora, tería que recuperar 41 puntos o equipo da capital para superar ao equipo sanxenxino. Fazaña moi complicada. Os demais equipos estiveron nos seus números e nas posicións que ocupan na xeral. Armadiña presentou un número de xogadores/as menor que noutras xornadas e non chegou ao 40 puntos. Laxe de Rons segue un comportamente moi regular. Incorporou un novo xogador nesta xornada. Valpaços Terra Quente superou os 40 puntos e segue consolidando un equipo con moito futuro. Casilledín e Andarela cerraron as puntuacións sen alcanzar os 10 puntos. 





       Adriana demostrou estar nun momento fantástico de forma e con 18 puntos ganou a categoría feminina cunha vantaxe moi amplia. Bego, que xa é campioa da categoría, estivo mermada por un vírus estomacal que a limitou moito. Lu avantaxa en 21 puntos a Adriana que se lle foi acercando amodiño, mais cremos que non periga a segunda posición, xa que debería ter unha xornada perfecta a de Vigo e unha xornada nefasta a de Bueu. Elena e Tania cumpriron discretamente. Lita, Mónica, e Zaira estiveron ben. Marisa e Yoli cumpriron, sen máis. 


3ª-LITA     1ª-ADRIANA     2ª-BEGO







       Che estivo magnífico toda a tarde. Sabemos que ten golpes nefastos, de non golpear a billarda, pero o que non ten ninguén máis da Conferencia, e atreveriámonos a dicir de toda a LNB, é ese golpe supersónico que lle permitiu conseguir o Título Nacional de Varados, e co que onte fixo o único varado da xornada, estando nunha situación límite de eliminación. Álvaro tivo unha actuación boisima, igual que Luís Gon, Álvaro Pai, Luís Camiña, Luís Enrique, Freigeiro e Adriana. Os dous candidatos ao Título 2017, Xan e Ricar, estiveron moi parellos. As súas puntuacións foron as normais para dous palanadores que promedian 23 e 22 puntos por xornada, respectivamente. 

2º RICAR    1º-CHE     3º-ÁLVARO



       As previsións de comezo de temporada cumpríronse e os dous dominadores da Categoría foron dous xogadores que xa saben o que é ser Campión Nacional LNB e que este ano volven a estar entre os candidatos ao Título Nacional LNB 2017, Xan e Ricar. Todo parece indicar que o título irá para o de Dorrón, xa que avantaxa en 20 puntos ao de Bueu. Isto significa que para que non conseguise o Título o de Lúa de Forza tería que facer pleno o de Corredoiras e Xan non chegar aos 12 puntos, algo que se nos antolla practicamente imposible.
       As puntuacións da xornada deixan unha pugna interesantisima para resolver na última xornada de Bueu. Esta é a loita espectacular entre Che e Salva para intentar alcanzar a terceira posición do podio da Categoría Absoluta. Levan desde mitade de temporada facendo a goma na posición de podio. Unha xornada estaba Che por diante e na seguinte adiantáballe Salva, na posterior xornada era Che quen volvía adiantar ao de Corredoiras, e así sucesivamente ata esta última xornada. Se as cousas seguen a rutina habitual tocaríalle a Salva alcanzar, despois da última xornada, o terceiro posto. Veremos! 




¿E que dicir sobre as prazas de Play Off? Xa hai 17 clasificados/as matematicamente antes da última xornada. Son os/as seguintes xogadores/as:

XANLÚA345
RICARCOR325
CHERIN280
SALVACOR277
BEGOCOR230
FARICOR224
JUANMA INFLÚA218
LUÍS CAMIÑAGHA216
ÁLVARO GHA214
LITOCOR207
LUISGONGHA200
LUÍS RINORIN199
PACO VIDALLAX195
SALGUEVAL193
LUÍS PIRUCHAGHA190
DANIELRIN190
SUSOCOR187



       Hai outros/as catro xogadores/as que podemos dicir que tamén están clasificados/as, aínda que non de xeito matemático, pero si de xeito lóxico desde o punto de vista estatístico, xa que para non clasificarse deberían suceder circunstancias inverosímiles, como que fixera máis de 20 puntos algún xogador que non o fixo nunca, e ademais que estes catro palanadores/as non sumaran nin 5 puntos. En definitiva, virtualmente tamén estarían clasificados:

CHARRICOR183
MANOLO FARIÑAGHA177
LUCOR177
CRISRIN174


       Despois aparece a zona de alerta laranxa con dous palanadores que non poden descoidarse o máis mínimo, xa que estarían ameazados de quedar fóra. De todos os xeitos o normal será que se clasifiquen, pois con facer 5 puntos obrigaría a quen quixese superalos dos que están fóra a facer máis de 20 puntos, algo impensable. Estes son:

ÁLVARO PAIGHA171
RICARDO LOISLAX170


       Finalmente temos a zona de alerta vermella, na que tanto Carolo como Martín van ter que prepararse a conciencia para obter polo menos 10 puntos na última xornada. Algo que está ao seu alcance, pero a tensión competitiva pode afectar ao seu rendemento. ¿Quen sabe o que sucede no cerebro humano cando ten que mandar ordes baixo presión?

CAROLOCOR164
MARTÍNLAX163


    Estas son as persoas que poden entrar en praza de Play Off na última xornada, xa que están a tiro de poucos puntos. Ademais, os das zonas de alerta van ter os brazos trementes. 

MANOLITOLÚA156
ADRIANA INFVAL156
GERARDO TORRES LAX151