billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

PRÓXIMA TEMPORADA

Ola compañeiras e compañeiros. Estamos planificando a próxima temporada, así como dándolle voltas ao sistema de competición. 

O obxectivo para esta nova temporada é, en canto ao sistema de competición, xogar todos e todas o mesmo número de carreiras, e tamén xogar nas dúas modalidades, ou sexa, en grupo e en enfrontamentos individuais. 

Daquela, hai unha proposta que consistiría en xogar unha fase de grupos, 4 carreiras. 
Ao finalizar, as 16 mellores puntuacións pasarían á segunda fase a disputar os postos do 1º ao 16. As outras puntuacións disputarían os postos do 17º ao 32º, e 33º ata o último participante. Esta segunda fase estaría formada por enfrontamentos individuais. No primeiro enfrontamento xogaría a puntuación 1ª contra a puntuación 16ª, a 2ª contra a 15ª, e así sucesivamente. Despois deste primeiro enfrontamento os/as ganadores/as seguirán enfrontándose entre si, para optar aos postos 1º-8º, e os perdedores seguirán enfrontándose entre si para optar aos postos 9º-16º.

En definitiva, serían 4 carreiras en grupo e 4 carreiras individuais. Os enfrontamentos individuais a unha única carreira. Así, xogamos todos e todas 8 carreiras.

Esperamos suxestións.