billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

12ª XORNADA


A PRÓXIMA XORNADA DISPUTARÉMOLA EN TERRAS DO UMIA.


Se non chove xogaremos en terra, se chove en pavillón. Organiza o EB. CASILLEDÍN, que espera inscribir no Libro Calvete dos Records da LNB unha nova marca de franquicia co número maior de palanadores/as nunha xornada. De momento o record téñeno eles con 22 participantes na 5ª xornada (Adina).











11ª XORNADA

Houbo unha participación de 54 persoas, das cales eran homes 36 e mulleres 18. Foi unha xornada fabulosa, pois nin os chuvascos nin os refachos de vento furacanados poideron impedir que xogáramos con bo ánimo.
 
A salientar que desde que empezou a liga, a primeiros de setembro de 2012, xa xogamos 157 persoas. Entre elas 44 son mulleres e 113 homes. 29 dos participantes son menores de 14 anos.
 
Os equipos con peso nas clasificacións xerais son GHARABOTO e CORREDOIRAS. Estes equipos ademais aportan un número considerable de participantes 25 COR e 17 GHA. Non obstante, o equipo que aporta maior número de participantes, sendo o primeiro ano que xogan, son CASILLEDIN con 32 palanadores e palanadoras. FANTÁSTICO!
 
A maioría de palanadores e palanadoras acuden en roupa deportiva

NOELIA do EB ANDARELA

PACO do EB CASILLEDIN

A cor vermella de CASILLEDIN sobresía entre os participantes

So había un xeito de evitar a poza que había nun lado da pista: non caer nela.

Actas da 1ª fase

Actas da 2ª fase.

SARA do EB ANDARELA

Participación infantil: IZAN-DANI-JUANMA-BRAIS-YUDANI-ADRIANA-BREIXO