billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

PLAY OFF 2017 POSTOS DE HONOR


 PLAY OFF 2017

PODIOS



CATEGORÍA INFANTILADRIANAGENOJUANMA
CATEGORÍA VARADOSMARKYTOS
CATEGORÍA EQUIPOSCORREDOIRASCARABULLOGHARABOTO
CATEGORÍA INDIVIDUAL FEMININACHEFABEGOGENI
CATEGORÍA INDIVIDUAL ABSOLUTAMARKYTOSDANI RINOCHARLI


       






TORNEO ABERTO DE BILLARDA



       Rematou a temporada 2016-2017, pero os xogadores e xogadoras teñen contrato cos equipos ata o 30 de xuño, entón deben participar en Torneos Abertos de Billarda. Ademais, están sobre a mesa dos consellos de administración das franquicias LNB, as altas e baixas para a temporada 2017-2018. Daquela, nestes TAB de xuño moitos e moitas palanadores van ter que demostrar as súas condicións se queren conseguir unha camiseta LNB para a vindeira temporada. 
       O equipo Campión Nacional, CORREDOIRAS, a pesar de obter o título con bastante solvencia está pensando en reforzar o cadro de xogadores e xogadoras, pois finalizan contrato vari@s destacad@s xogador@s e semella que as negociacións para as súas renovacións están bloqueadas. Outros equipos máis modestos pensan en acceder a xogadores que queden libres para ofrecerlles un proxecto deportivo e económico ilusionante.
       En definitiva, as secretarías técnicas dos equipos das Rías Baixas estarán presentes en Poio para iniciar negociacións con xogador@s que son axentes libres, de cara e fortalecer as súas escadras para a temporada 2016-2017. Tamén, sabemos de boas fontes, que varios equipos están meditando a fusión para facerlle fronte ao imbatible Campión Nacional de Bueu, CORREDOIRAS
       Tanto se tes contrato en vigor, como se queres conseguir un bo contrato para o ano que vén acércate a xogar ao ESTADIO NACIONAL DE BILLARDA da REIBOA, en Poio. 

SÁBADO 3 XUÑO 2017
16:30h.