billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

CRÓNICA 13 xornada BARRANTES 2 ABRIL

PARTICIPACIÓN
69

19 MULLERES
50 HOMES



CATEGORIA ABSOLUTA
do EQUIPO
FARI CORREDOIRAS RÍAS BUEU
OUTEIRO CORREDOIRAS SUR BUEU
SALVA CORREDOIRAS RÍAS BUEU








CATEGORÍA FEMININA
do EQUIPO
LU CORREDOIRAS RÍAS BUEU
CHEFA CORREDOIRAS RÍAS BUEU
BEGO CORREDOIRAS RÍAS BUEU








CATEGORÍA INFANTIL
do EQUIPO
JUANMA LÚA DE FORZA SANXENXO
MARTIÑO CORREDOIRAS SUR BUEU
ADRIANA VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO








CATEGORÍA EQUIPOS



CORREDOIRAS RÍAS BUEU

CORREDOIRAS SUR BUEU

RINOCERONTE PONTEVEDRA






A cor predominante nesta xornada foi a vermella de CORREDOIRAS (Bueu), xa que ocuparon 7 dos 9 postos dos podios. 

Non se sabe se o seu rendemento tan alto foi debido á coincidencia das súas cores coas do equipo organizador CASILLEDÍN de Barrantes, mais o certo é que se adaptaron perfectamente á pista do pavillón. 


Deste xeito, deron un paso definitivo para conseguir unha vez máis o título na categoría de equipos, xa que avantaxan en 107 ptos ao segundo clasificado, LÚA DE FORZA de Sanxenxo, que tivo a súa segunda puntuación máis baixa da temporada, o que aproveitaron GHARABOTO e RINOCERONTE para acercarse.




Nesta xornada, como todas as que se celebran en pistas polideportivas cubertas, as forzas dos competidores e competidoras igualáronse. Deste xeito, na categoría individual Daniel de RINOCERONTE (28ptos) e Andrés de LÚA DE FORZA (20ptos), conseguiron acercarse á terceira praza do podio, cousa que parecía impensable hai 2 xornadas. As dúas primeiras posicións seguen bastante distanciadas como para pensar que só Luís (GHARABOTO) poderá loitar por facerse co título ademais de Ricar (2º) e Xan (1º).


       INDIVIDUAL ABSOLUTA


1
XAN LÚA 294
2
RICAR COR 267
3
LUÍS PIRUCHA GHA 236
4
DANIEL RIN 224
5
BEGO COR 218
6
ANDRÉS RGUEZ LÚA 210
7
CHE RIN 208
8
GINÉS LÚA 199
9
LUÍS CAMIÑA GHA 198
10
SALVA COR 195


Na categoría de equipos os postos 2º e 3º do podio están moi, pero que moi discutidos. O equipo de Sanxenxo parte cunha vantaxe de 42 ptos sobre o de Marín e 55 ptos sobre o equipo de Pontevedra, pero non poden descoidarse, pois unha xornada mediocre combinada cunha moi boa xornada de calquera dos seus perseguidores pode darlle un chimpacarneiro á clasificación. Sobre todo, se temos en conta que o equipo que gana unha xornada consegue sobre 90 ptos, máis ou menos, e que a media de ptos que conseguen estes tres equipos está entre 69 e 73. 



Equipo

Total
CORREDOIRAS RÍAS BUEU COR 1061
LÚA DE FORZA SANXENXO LÚA 954
GHARABOTO MARÍN GHA 912
RINOCERONTE PONTEVEDRA RIN 899
OS DE TORRES O GROVE TOR 614
CORREDOIRAS SUR BUEU COS 555
ZUME DE VIMBIA SANXENXO ZUM 482
VALPAÇOS VIGO VAL 436
ANDARELA MEAÑO AND 154
CASILLEDIN RIBADUMIA CAS 146
LIPELAPE MARÍN LIP 145


Na categoría feminina hai dúas loitas interesantes. A primeira é por facerse coa 2ª e 3ª posición do podio entre LU, bicampioa nacional, e Chefa. A outra é entre Elena (GHARABOTO) e Belmira (VALPAÇOS TERRA QUENTE de Vigo) para ocupar a 4ª praza e a 5ª, e incluso poderían optar ao podio se se descoidan tanto Lu como Chefa. A primeira posición parece que non ten discusión e será outro ano máis para Bego, que xa pode asegurar o título na vindeira xornada de Poio. 
              FEMININA
Nome EQU TOT
BEGO COR 218
LU COR 139
CHEFA COS 139
ELENA GHA 105
BELMIRA VAL 104
TANIA VAL 86
ANA LIP 63
ADRIANA VAL 62
VANESSA GHA 59
YUDANI COR 54
CASILDA GHA 51

Na categoría infantil Juanma ten o título moi cerca, tan cerca como a 8 km, pois na próxima xornada de Poio pode facerse con el matematicamente. Geno tivo unha xornada que alguén denominou redonda coa saudable intención de ironizar, xa que fixo un 0 nas 5 carreiras.

               INFANTIL
Nome Equipo Total
JUANMA CAMIÑA LÚA 179
GENO COR 131
ADRIANA VAL 62
ADRIÁN GHA 57
MARTIÑO COS 54
BRAIS COR 38
LOPE FILLO GHA 19
MARIO LÚA 14
GABRIEL
10
RUBÍ GHA 7