billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

CRÓNICA 7ª XOR VILALONGA



  O lugar da Telleira na parroquia de Vilalonga (Concello de Sanxenxo) foi o lugar escollido para disputar a 7ª xornada da LNB Rías Baixas.
  A tarde foi soleada, mais o norte fixo que a temperatura necesitara dunha boa roupa de abrigo. Non obstante, isto non foi impedimento para a participación de 76 persoas, pertencentes a 11 equipos.
  Os terreo de xogo de terra e a proximidade do mar da Ría de Arousa dificultaron o avance das billardas. Aínda así, houbo 2 varados (atravesar coa billarda a liña do varal dun só golpe). Un fíxoo Xoán Paulo, de LÚA DE FORZA e outro Pesto, de GHARABOTO. Palanadores cun gran golpe de saída.
SERGIO (CASILLEDÍN-Barrantes-Ribadumia)

 Despois das puntuacións alcanzadas nesta 7ª xornada, a clasificación de equipos segue encabezada por GHARABOTO (Marín), agora con tan só 3 ptos de vantaxe sobre CORREDOIRAS RÍAS (Bueu). Na terceira posición segue RINOCERONTE (Pontevedra) a 37 ptos da cabeza. Partían como favoritos ao título e estanse comportando de acordo con estas predicións. Na cuarta praza, a 92 do 1º posto aparece o actual campión da LNB, LÚA DE FORZA (Sanxenxo), que nas tres últimas xornadas tivo un rendemento alto e non quere renunciar aínda a defender o seu título. De todos os xeitos, pensamos que como moito poderán loitar pola 3ª praza.

  Na clasificación Absoluta Xan (LÚA), 150ptos, actual campión da LNB (coroceiro nacional), afianza a 1ª posición e distánciase algo máis de Luís (GHA), 143ptos, 2º clasificado, e de Ricar (COR) 133ptos, 3º. Por detrás destes, Álvaro (ZUM) 125 e Gelín (GHA) 116, tiveron unha boa actuación na xornada e manteñense alerta para aproveitar unha mala actuación de calquera dos que vai por riba deles.

TAXEIRO (VALPAÇOS TERRA QUENTE-Vigo)

  Bego (COR) segue firme na primeira posición na categoría feminina, seguida por Lu (COR), a 33 ptos de distancia. A 3ª posición é para Yudani (COR) que está a 38 ptos da segunda posición. As dúas primeiras prazas están moi lonxe para o resto de palanadoras, sobre todo pola entidade de Bego, actual Campioa LNB feminina e Lu, campioa LNB, hai dúas temporadas. Porén, onde está todo aberto é nesta 3ª posición, pois desde esta ata a novena praza hai soamente 19 ptos de diferencia.
  Na categoría infantil, Adrián (GHA) conseguíu ganar esta xornada con 14 ptos e presentarse como unha serie ameaza ao dominio abrumador de Juanma (LÚA), que avantaxa ao segundo clasificado Geno (COS) en 66 ptos. Geno tiveron unha actuación aceptable e continúa na segunda posición, 3ª é Adriana (VAL) e 4º Martiño (COS).

7ª XOR 6-12-2014 VILALONGA

PARTICIPACIÓN
76


MULLERES
26
HOMES
50


Oscar Canitrot                                                                                                                  





Magnífico escenario 
A TELLEIRA, 
en Vilalonga. 
Mar a un lado 









Oscar Canitrot                                                                                                         




e pola outra beira,
 o monte.














1º-XOÁN PAULO (LÚA)
2º-XAN (LÚA)
3º-SUSO (COR)















1ª-LU (COR)
2ª-BEGO (COR)
3ª-CHEFA (COS)















1º-ADRIÁN (GHA)
2º-JUANMA(LÚA)
3º-MARTIÑO (COS)