A tres días da xornada que organizará Lúa de Forza os ánimos parece que se calman coas declaracións de L. Camiña, xa que, despois da xogada polémica de Marín, onde o de Gharaboto utilizou palabras pouco apropiadas para referirse ao xuíz de campo, semella que quere suavizar as cousas, ou, polo menos, iso é o que se desprende do titular de abaixo.
Aínda que ese verbo usado na primeira persoa de plural do indicativo "intentamos" deixa marxe para que... se non se consegue "confraternizar" teñamos outra polémica noutra ocasión. En definitiva, na vindeira xornada do sábado, o equipo organizador vai instalar por vez primeira o varal electrónico. Un varal cun sensor de movemento que indicará cando a billarda entra encendendo unhas luces intermitentes. Se o experimento satisface ao Comité de Arbitraxe e Disciplina da LNB estudará a súa utilización en posteriores xornadas.
Deducese despois de leer a entrevista o palanador e delegado de gharaboto que o equipo de Marin e como unha ONG.
ResponderEliminar