billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

LIGA DE VERÁN 3ª XORNADA MARÍN




       Despois da participación da LNB no Festival Internacional de Pandolo en Slovenija, volve a competición local coa terceira xornada da LIGA DE VERÁN 2017. Será en Marín. Durante a xornada farase unha demostración da modalidade chamada TZURCA orixinaria de Romanía, utilizarase o material auténtico do país dos Cárpatos, obsequio do equipo romanés ao equipo da Auténtica Galega da LNB.














As condicións nas que xogan á Tzurca os romaneses son similares ás que se dan na Terra Chá, polo tanto, pode ser un deporte ao que se adapten ben os equipos LNB chairegos.