billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

CRÓNICA 10ª XORNADA





O sábado 14 febreiro disputouse a 10ª xornada en Barrantes. Houbo que utilizar o Pavillón xa que no exterior caían chuzos. O número de xogadores e xogadoras foi de 76. Ao ser unha pista rápida fixéronse 19 varados. O equipo local CASILLEDÍN, presentou unha aliñación de grande potencial o que lles permitiu obter 50 ptos, a segunda puntuación máis elevada para eles e elas no que vai de temporada. 


Chichi, novo xogador de OS DE TORRES     

Produciuse o cambio de líder na categoría de EQUIPOS. Así, GHARABOTOS (Marín) conseguíu 75ptos, sacándolle 26 a CORREDOIRAS RIAS (Bueu). Tamén, foi unha boa xornada para RINOCERONTE (Pontevedra) 66ptos. Deste xeito, os tres primeiros postos están a unha distancia de tan só 28ptos.







Na categoría absoluta o ganador da xornada tivo que decidirse nunha carreira entre tres, pois por vez primeira na temporada houbo un empate final a 22ptos entre tres palanadores LUÍS CAMIÑA (GHA), XAN (LÚA) e BALEA (GHA). BALEA que regresaba á competición estivo a punto de conseguir o triunfo na súa primeira participación, só un varado de Xan llo impediu.

Na categoría feminina impúxose con 19ptos CHEFA (COS), moi preto dela só cun pto menos estivo TANIA (VAL), en terceiro lugar quedou ADRIANA (VAL), esta última está aínda en categoría infantil.

En infantil, o líder JUANMA tivo un día menos bo, obtivo 0 ptos, o que aproveitou MARTIÑO 9ptos para acercarse un pouquiño na clasificación, igual que ADRIANA 10ptos.

Vemos nestas imaxes sacadas por Manolo Castro de abaixo as fases de golpeo de LUCÍA (AND).
FANTÁSTICA PALANADORA









                                                  

10ª xornada CRÓNICA

PARTICIPACIÓN
76

HOMES
53

MULLERES 
23



                   Categoría Feminina



CHEFA (Corredoiras Sur)


TANIA (Valpaços Terra Quente)


ADRIANA (Valpaços Terra Quente)






                                      Categoría infantil



MARTIÑO (Corredoiras Sur)


JUANMA (Lúa de Forza)


ANALÍA (Valpaços Terra Quente)







                  Categoría Absoluta




1º XAN (Lúa de Forza)


2º BALEA (Gharaboto)


3º LUÍS CAMIÑA (Gharaboto)









Última hora 


Ante unha reclamación anónima presentada no día de hoxe na delegación da LNB Rías Baixas, ábrese expediente disciplinario contra Pepe Collazo (Billardeiros da Laracha). O escrito di o seguinte:

"Durante o quencemento previo á 10ª xornada do pasado sábado 14 de febreiro, CRIS, palanador da franquicia RINOCERONTE, recibiu na testa o impacto dun proxectil de madeira enviado por Pepe Collazo. Este feito fíxolle perder 222 cl. de sangue. Daquela, xogou as 5 carreiras coas súas capacidades diminuídas. Como queira que cando acudiu a un centro sanitario de Pontevedra lle deron 3 puntos de sutura, solicitamos que se lle sumen estes 3 ptos na clasificación xeral a CRIS. Ao mesmo tempo, pedimos que Pepe Collazo, autor do golpeo da billarda que bateu no cranio do noso xogador, doe 250 cl. de sangue ao Centro de Transfusión de Galicia"  

                               Asdo.       Equipo de Billarda ANÓNIMO. 


Agora o comité de competición LNB Rías Baixas abre o prazo dunha semana para presentar alegacións e probas do suceso. Pasado este tempo tomará unha decisión.