billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

CONSAL: UNHA POTENCIA NA CATEGORÍA FEMININA

 ELENA (BATEAS) 3ª



LU (CORREDOIRAS) 
CAMPIOA GALEGA



 CHELI (CORREDOIRAS) 4ª


Incontestable o dominio na categoría feminina da CONSAL.  

Elena naceu como palanadora da LNB ao mesmo tempo que naceu a nosa CONSAL. Ou sexa, a primeiros do mes de outubro de 2011. A súa progresión é asombrosa, pois en oito meses púxose ao nivel que vimos de comprobar na Final Galega: 3ª clasificada na categoría feminina e única muller que entrou entre os/as 32 mellores na categoría individual absoluta.

A historia de LU está vencellada ao 1º TORNEO BISESTO, que se disputou en Samieira o 29 de febreiro de 2012. Xa que foi alí onde xogou por vez primeira. Aínda nos lembramos daquela  timidez dos seus primeiros golpes a unha billarda. En 3 meses convertíuse en CAMPIOA GALEGA. Onde estarán os seus límites? Quen o sabe.

Cheli viña acompañando desde o ano pasado a outros palanadores xa consolidados na LNB, mais non se atrevía a participar con asiduidade debido aos sistemas de competición tan esixentes das Conferencias. Finalmente, este ano encontrou no sistema da CONSAL un acubillo onde desenvolver as súas potencialidades. Os resultados son evidentes. A súa progresión tamén.

A ESMORGA 4º CLASIFICADO NO CAMPIONATO GALEGO 2012 BILLARDA

A ESMORGA

(Luís Camiña-Xavi-Alberto-Chuma-Gelín)

RESULTADOS DO CAMPIONATO GALEGO BILLARDA 2012

A CONFERENCIA SALNÉS, a alcumada CONSAL, a máis nova de todas, obtivo uns resultados que se lembrarán xa para sempre, pois vai ser difícil igualalos e moi difícil superalos.
Na categoría INDIVIDUAL ABSOLUTA, Xan Rodiño (BATEAS) conseguíu o Subcampionato. 
Na categoría INDIVIDUAL FEMININA, Lu (CORREDOIRAS) logrou proclamarse Campioa Galega, Elena González (BATEAS) chegou ata o 3º posto e Cheli (CORREDOIRAS) quedouse co 4º posto.
Na categoría EQUIPOS, revalidou o título conseguido no 2011, BATEAS, e A ESMORGA que participaba por vez primeira entrou nos postos de honor alcanzando o 4º lugar, despois dun desempate polo 3º posto.
Na categoría VARADOS, Xan Rodiño (BATEAS) é o Campión Galego.

Ademais destes xogadores e xogadoras que alcanzaron o podio, debemos destacar a actuación da maioría dos/das representantes da nosa conferencia. Así, na categoría individual absoluta,
Luís (BATEAS) chegou a cuartos de final.  

Alberto (A ESMORGA), Cristian (BATEAS), Gelín (A ESMORGA) e Xoro (Xo Rodiño-BATEAS) chegaron a oitavos de final.  

Jandro (PORTONOVO), Elena (BATEAS), Luís Camiña (A ESMORGA) e Chuma (A ESMORGA), chegaron a dezaseisavos de final.

Ou sexa, tivemos a 9  dos/das 12  representantes entre os 32 mellores palanadores e palanadoras galegos.