billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com


ESCOLAS DEPORTIVAS DE BILLARDA 2013-2014
CONCELLO DE SANXENXO
EDUCACIÓN INFANTIL 3º CICLO
ESO












Máis información na páxina web do concello de Sanxenxo. Para que a escola comece debe haber un mínimo de nenas e nenos anotados.

2ª xornada

Equipo de CORREDOIRAS que competiu o sábado na 2ª xornada da Conferencia RÍAS BAIXAS da LNB. 
O campión da temporada pasada na categoría de equipos ocupa a 3ª praza con 165 pts, por detrás de GHARABOTO 187 ptos, e de LÚA DE FORZA 182 ptos. Será cousa de tres este ano, ou dous dos novos equipos poderán acercarse ás prestacións dos tres grandes da nosa conferencia? Estamos falando de RINOCERONTE 110 ptos, e de ZUME DE VIMBIA 83 ptos. Verémolo nas próximas xornadas. 



Na Categoría Infantil parece que este ano hai máis candidatos ao título. Así como o ano pasado BRAIS non tivo rival que se lle acercara a partir do ecuador da liga, este ano, despois de 2 xornadas YUDANI encabeza con 29 ptos, seguida de ADRIAN AGRASO con 23 ptos, BRAIS con 15 ptos, BORJA con 14 ptos, MARTIÑO con 13 ptos e JUANMA con 12 ptos. IZAN con 4 pto, ADRIANA con 3 ptos e SARA con 2 ptos son competidores e competidoras que siguen a súa progresión. Todos estes rapaces e rapazas continúan mellorando, e teñen un referente claro en XAVI, que pasou pola categoría infantil os dous anos anteriores e hoxe xa compite cos maiores a un enorme nivel de rendemento.

Na Categoría Feminina o nivel das participantes é moi alto. Este ano poderiamos nomear ata 10 mulleres con opcións de título na súa categoría, e 5 con posibilidades de título na absoluta. BELMIRA 35 ptos, CHEFA 34 ptos, YUDANI 29 ptos, ELENA 16 ptos, e ANA 14 ptos ocupan os 5 primeiros postos.  Estamos vendo a progresión fantástica destas deportistas que coa práctica da billarda van coñecendo os límites do seu corpo. A mellora das destrezas é algo que axuda a sentirse vivo, a sentirse viva.

Na Categoría Absoluta, tamén se prevé unha emocionante competición, pois entre o primeiro clasificado XAN 46 ptos e o que ocupa a última praza que dá dereito a participar no PLAY OFF nacional 2014, LUISGON 32 ptos, hai 12 puntos de distancia. LUÍS 45 ptos, LUÍS AGRASO 44 ptos, CAROLO 42 ptos e RICAR 42 ptos completan as 5 primeiras posicións. 

XAVI que empezou a xogar desde que se creou a conferencia (2011) e compatibiliza a práctica doutros deportes é un exemplo que demostra que este deporte da billarda ofrece aos rapaces e rapazas a posibilidade de divertirse ao tempo que potencian as súas cualidades psicomotrices. Primeira victoria nunha xornada de liga de XAVI (GHARABOTO), que este ano xa participa na categoría absoluta. 



3º RICAR (COR) 1º XAVI (GHA) 2º ANDRÉS (LUA)


Pódense consultar as actas desta xornada. ACTAS da 1ª FASE. ACTAS da 2ª FASE (etiquetas á dereita)