billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

CRÓNICA da xornada 4 da ZOCA e do mercado de fichaxes

RICOY

MANOLITO

     Como sucedera na xornada anterior o equipo local foi o triunfador da 4ª xornada da Liga de Verán 2017. Así, Lúa de Forza pasou por enriba de todos os equipos cunha cifra inusual para este equipo, 91 ptos. Só Gharaboto estivo á altura do equipo de Sanxenxo con 81 ptos. Valpaços alcanzou os 53 ptos e os outros non alcanzaron os 50 ptos. Corredoiras, o gran favorito en calquera competición que participe, presentou de novo o equipo B. Está claro que van ter difícil conquistar esta primeira Liga de Verán, pero aínda están en números de optar ao título. Será un reto difícil, mais non imposible para o equipo de Bueu. Rinoceronte segue loitando con só dous xogadores, os cales andan en 20 ptos por xornada e permítelle estar quinto. Sexto está o equipo do Grove, Laxe de Rons

      




Equipo

Total 1 2 3 4
1 GHARABOTO MARÍN GHA 296 56 76 83 81
2 LÚA DE FORZA SANXENXO LÚA 258 51 63 53 91
3 CORREDOIRAS BUEU COR 230 68 84 34 44
4 VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO VAL 227 36 76 62 53
5 RINOCERONTE PONTEVEDRA RIN 169 55 37 35 42
6 LAXE DE RONS O GROVE LAX 117 23 29 32 33
7 ARMADIÑA POIO ARM 91 52
39
8 ANDARELA MEAÑO AND 32 9 8 7 8





       Na clasificación individual houbo modificacións importantes nos tres primeiros postos, xa que, Luís Camiña conseguiu 11 ptos, mentres que todos os que estaban perseguíndoo na clasificación obtiveron máis de 20 ptos. Agora, é Xan quen encabeza a clasificación, seguido de Daniel a 9 ptos e Luís Camiña a 10 ptos. Por detrás deles xa veñen golpeando forte Manolo Fariña e Juanma.
      Chegados ao ecuador da competición, pensamos que a Zoca de Verán irá para o pé dalgún dos cinco primeiros clasificados, pois o sexto xa está a unha distancia de 27 ptos. De todos os xeitos, na billarda nunca se pode estar seguro dos prognósticos. 



ABSOLUTA EQU TOT 1 2 3 4
1 XAN LÚA 89 19 20 20 30
2 DANIEL RIN 80 24 22 14 20
3 LUÍS CAMIÑA GHA 79 19 22 27 11
4 MANOLO FARIÑA GHA 75 17 17 16 25
5 JUANMA INF LÚA 71 20 17 11 23
6 OUTEIRO COR 62 13 20 18 11
7 ÁLVARO PAI GHA 61 9 20 18 14
8 CHE RIN 60 23 15
22
9 LUISGON GHA 57 7 17 11 22
10 ALFONSO VAL 56 15 15 6 20
11 BEGO COR 52 19 22 11
12 ÁLVARO GHA 50 11
19 20
13 TAXEIRO VAL 48 7 11 20 10
14 MANOLITO LÚA 44
20 18 6
15 TANIA VAL 41
23 18
16 RICARDO LOIS LAX 41
17 13 11
17 RICAR COR 40 19 21

18 CHEFA COR 37 4 8 5 20
19 LUÍS PIRUCHA GHA 37 6 12 8 11
20 ADRIANA INF VAL 35 6 4 13 12
21 GELÍN GHA 33

19 14
22 CAROLO
33 11 6 7 9
23 ÁNGEL AND 30 9 8 7 6
24 CRIS RIN 28 7
21
25 SALGUE VAL 27
27

26 PEKE ARM 27 11
16
27 BELMIRA VAL 24 2 1 10 11
28 ALBINO VEIGA
24


24
29 SANTIAGO VAL 23 8 4 11
30 PAPILLA ARM 22 22







PACO VIDAL

CASILDA

EVA MARÍA

TAXEIRO

MÓNICA


       Realmente, o máis salientable desta cuarta xornada da Zoca de Verán está nos movementos que se están producindo no mercado de fichaxes. Desta maneira, o equipo Lúa de Forza está facendo un esforzo supremo para reforzar o seu cadro de xogadores. Temos imaxes dos posibles reforzos do equipo de Sanxenxo. Ademais, indicáronnos desde o gabinete de prensa dos verdes que " se ao mesmo tempo podemos debilitar outros equipos, pois... mellor!". Tamén tivemos acceso ás cifras das fichaxes, varias delas a través da cláusula de rescisión. 
       Estes movementos poden producir o efecto dominó, ou sexa, que estes equipos, coa inxección económica que reciben, intenten fichar a outros xogadores e xogadoras. Veremos o que sucede nas próximas horas, semanas e días. 


ALFONSO (Cláusula de rescisión: 90 euros)

LUÍSGON (Cláusula de rescisión: 120 euros) 

CAROLO (Finalización de contrato: sen custo económico)

CHARRI (Cláusula de formación: 75 euros)