|
Como se dunha pantalla de proxección se tratase, o Rinoceronte, Cris, préstase a proxectar a súa billarda na tea cinematográfica |
|
A noite rodeou e asediou o recinto de Festas de Castrelo, mais non conseguiu conquistar o espírito d@s participantes. |
Mellor
marca de participación desta temporada con 90
participantes. Cifra superada unicamente unha vez ao longo da
historia da Conferencia
Rías Baixas.
Na temporada 2013-2014, na primeira xornada celebrada no Grove, houbo
103
participantes. Lembremos que a marca absoluta de participación nunha
xornada LNB está en 108
competidor@s desde a temporada
2009-2010, 3 de outubro 2009 no Porriño, 2ª xornada Conferencia
Sur.
A
mellor marca de toda a LNB
nunha década de historia estableceuse na categoría infantil con 18
participantes nunha xornada de Liga. Foron 18 nen@s
de 14 anos ou menos quen xogaron en Castrelo. A incorporación do
equipo de Combarro, Armadiña,
está conseguindo anovar a LNB. Este Equipo xa ten 9 xogador@s
menores de 12 anos no seu cadro de 21, ou sexa, máis da metade do
equipo. Isto está provocando un efecto marabilloso no resto dos
equipos. Este efecto chamado “se
el@s teñen nós tamén”,
está provocando a fichaxe de xogadores e xogadoras en idade temperá
polos outros equipos das Rías Baixas. 7 dos 9 equipos da Conferencia
xa teñen algún xogador ou xogadora en categoría infantil. Incluso,
xa se está estudando a posibilidade de incluír no PLAY OFF NACIONAL
2017 a Categoría
Teta.
FANTÁSTICO!!!!
RESULTADOS
CATEGORIA ABSOLUTA | | do EQUIPO | |
1º | SALVA | CORREDOIRAS | BUEU |
2º | CHO | ARMADIÑA | POIO |
3º | XAN | LÚA DE FORZA | SANXENXO |
| | | |
CATEGORÍA FEMININA | | do EQUIPO | |
1º | MÓNICA | GHARABOTO | MARÍN |
2º | LU | CORREDOIRAS | BUEU |
3ª | BEGO | CORREDOIRAS | BUEU |
| | | |
CATEGORÍA INFANTIL | | do EQUIPO | |
1º | ADRIANA | VALPAÇOS TERRA QUENTE | VIGO |
| GENO | CORREDOIRAS | BUEU |
2º | MARTIÑO | CORREDOIRAS | BUEU |
| | | |
| CATEGORÍA EQUIPOS | do EQUIPO | |
| 1º | CORREDOIRAS | BUEU |
| 2º | GHARABOTO | MARÍN |
| 3º | LÚA DE FORZA | SANXENXO |
|
3º-XAN (Lúa de Forza-Sanxenxo) 1º-SALVA (Corredoiras-Bueu) 2º-CHO (Armadiña-Combarro) |
|
3ª-LU (Corredoiras) 1ª-Mónica (Gharaboto) 2ª-Bego (Corredoiras. Rrecolleu o trofeo Ana) |
|
Mellor marca de todos os tempos na LNB 18 participantes nas categorías infantil e teta. |
CATEGORÍA EQUIPOS
O vencedor da xornada foi Corredoiras de Bueu que se quedou a un punto dos 90 ptos. O resto dos equipos quedaron lonxe. Foi segundo Gharaboto con 74 e terceiro Lúa de Forza con 66. Os outros equipos non chegaron aos 60 ptos. Deste xeito, Corredoiras distanciase más no liderado e, como era previsible, Gharaboto xa se situou na segunda praza da xeral. Despois dun comezo moi floxo o equipo de Marín, co cadro de xogadores máis amplio de toda a LNB, está impoñendo a lei desta amplitude e avanza con paso firme cara ao seu obxectivo de comezo de temporada que non é outro que loitarlle o título ao equipo de Bueu, Corredoiras. Quedan xornadas suficientes para acercarse aos do Morrazo, pero o equipo de atletas ten moito fondo e vemos difícil que ninguén lles ofreza resistencia. Mais, se algún equipo está capacitado para facelo, ese é Gharaboto.
Lúa
de Forza rendiu a un nivel altísimo tendo en conta que presentou
5 xogador@s nada máis. Agora, queda
terceiro a 7 puntos do segundo. Rinoceronte que tamén
presentou a 5 xogadores sufriu máis e non chegou aos 50 puntos.
Despois de obter a puntuación máis baixa da temporada, o equipo
pontevedrés queda moi lonxe do podio.
Na
parte media da táboa, Laxe de Rons mantén unha cómoda
vantaxe sobre Valpaços Terra Quente, pero non deben
descoidarse xa que o equipo de Vigo sacoulles 13 puntos nesta xornada
e agora sepáronos 40 puntos.
Na
parte baixa da clasificación Armadiña prosegue a súa
remontada e xa é 7º. Casilledín é penúltimo e Andarela
continúa coa súa regularidade, pois desde a primeira xornada que
conseguiu o último posto xa non o abandonou. Estes dous equipos
teñen poucos xogadores e xogadoras e necesitan fichaxes. Así e
todo, nesta xornada xa presentaron algunha novidade. Desta maneira,
no equipo de Barrantes á incorporación de Noe na xornada anterior
uníuselle a do bulideiro Alexandre, quen con 6 anos conseguiu 5
puntos nun grupo onde estaban Luísgon, Lu, Geno, Ricardo Lois,
Alvaro Pai, Vanessa, Beni, Cris, Cheli e outros máis. En definitiva,
un presente prometedor e un futuro grandioso para este palanador de
Ribadumia. En Andarela xogou por vez primeira o infantil Roberto.
A
falta dunha xornada para rematar a primeira volta da competición,
algunhas cousas están quedando diáfanas. A primeira é que
Corredoiras é o único candidato ao título de Conferencia. A
segunda é que Gharaboto vai ter que esforzarse para poñer
nubes diante de Lúa de Forza se quere acceder ao Play Off. A
terceira é que Rinoceronte debe mirar cara atrás, pois os
bateeiros do Grove queren botarlle a boca. A cuarta é que Valpaços
Terra Quente e Armadiña son os equipos de moda en canto á
captación de talentos, o cal os sitúa no camiño de ser futuros
equipos de podio de Conferencia e quen sabe se de Play Off Nacional.
A quinta é que Casilledín ou Andarela van levar ao
final de temporada unha billarda de metal para as súas
lacenas.
|
En primeiro plano Xosé Rial (ARMADIÑA-Combarro-Poio) |