billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

CALENDARIO 2018-2019 e 1ª XORNADA O GROVE


       
        Comeza a Temporada 2018-2019 na Conferencia Rías Baixas, a oitava desta Conferencia, que naceu o 2 de outubro de 2011. Por favor, consultade os documentos do Regulamento, MedidasSistema de Competición e Sistema de Puntuación. Hai uns pequenos cambios con relación aos documentos do ano pasado. O máis significativo é o cambio nos Sistemas de Competición e de Puntuación. Así, na primeira fase de grupos continúa igual que a temporada pasada. Na seguinte fase de cruces eliminatorios é onde houbo cambios. Do mesmo xeito, modifícase a puntuación d@ ganador/a da xornada, agora levará 6 ptos, que se lle sumarán aos conseguidos na fase de grupos. 

        MENSAXE DE CORREDOIRAS para o resto dos equipos

        

XORNADA 16 CAMBADOS





       

       Vinde preparadas e preparados para soportar os 25 graos previstos por meteogalicia para o sábado 21 de abril. Hai que ter en conta que a temperatura aumenta nuns 10 graos sobre a praza de Fefiñáns. A pedra granítica do pavimento actúa a xeito de grella que coce a carne humana a lume lento. Daquela, a hidratación vai ser fundamental para aguantar as carreiras e os golpes.
       




       A temporada pasada foi tamén un día solleiro, no que a influencia anticiclónica decantou os bos resultados para aqueles palanadores e palanadoras que xogaron con roupa axeitada para a práctica deportiva. Este ano, a LNB recomenda usar todos e todas o uniforme especial para este tipo de días calurosos. Vemos na foto de abaixo algunha das indumentarias do ano pasado. Tamén, aparece a equipación LNB para este ano.


XORNADA 14 LÉREZ ESTATÍSTICAS


      
       O equipo máis beneficiado pola proximidade do Mosteiro de Lérez foi Valpaços Terra Quente. O equipo vigués ganou na categoría de equipos femininos, algo que a ninguén estraña, e foi terceiro na categoría de equipos mixtos. Este último logro si que se sae da normalidade, pois desde a súa fundación (2012) o equipo da Terra Quente nunca subira ao podio desta categoría. 

       O patriarca de Valpaços, Adriano Taxeiro, inscribiu por vez primeira o seu nome como ganador dunha xornada LNB. Moitos equipos están buscando o licor milagroso que o equipo morado incluíu na súa dieta do día de billarda.












SISTEMA DE COMPETICIÓN DÍA DAS ESTRELAS LNB 2018

       Este é o sistema de competición para os CONCURSOS do DÍA DAS ESTRELAS LNB.




       Estas son as actas que se usarán no ABERTO DAS ESTRELAS. O ganador ou ganadora obterá praza para a FINAL LNB 2018 do 27 de maio en Compostela. Se o/a ganador/a consegue a praza pola Clasificación Absoluta Final da súa Conferencia, pois esta praza pasaría a ser propiedade da Conferencia, ou sexa, esta tería unha praza máis das que xa lle corresponderían por porcentaxe de participación.   

-Faranse 6 grupos que xogarán en 3 campos. 

-De cada grupo pasarán @s 4 primeir@s. 

-Os cruces xogaranse a unha única carreira. 

-Todo desempate resolverase polo método de golpe máis lonxe. 

-O primeiro cruce eliminatorio xogarase en tríos. 

-O segundo cruce eliminatorio xogarase en parellas. 

-A final xogarase en cuarteto. 








13 xornada BARRANTES-RIBADUMIA e DÍA DAS ESTRELAS

     

      A xornada de Barrantes ten unha particularidade moi chamativa. Desde que se celebrou a primeira xornada LNB en 2013 nesta localidade do Salnés, sempre se xogou en pavillón debido ás inclemencias meteorolóxicas. Esta característica vese acentuada polo feito de que outros abertos de billarda que se organizaron fóra da liga en Barrantes si se xogaron no exterior. Abaixo vense os podios de cada ano. Os bloques das paredes do pavillón sempre aparecen de fondo das fotos.






       



       Por outra beira, xa temos as primeiras informacións sobre o Día das Estrelas LNB 2018 que este ano será organizado pola Conferencia Rías Baixas. Tivemos acceso ao deseño dos trofeos que se poñerán en xogo. Tanto pola mañá nos concursos, como pola tarde no Aberto das Estrelas, entregaranse uns magníficos trofeos artesanais valorados en perto de 500 euros. Despois de varios meses de traballo en dous talleres artesanais, un da provincia de Pontevedra e outro da provincia da Coruña, os froitos empezan a agromar. Chegáronnos as primeiras fotografías do proceso de elaboración. Ademais, quen gane o Aberto obterá praza directa para a Final LNB do 27 de maio en Compostela. Motivos suficientes para acercarse a Poio, ao Estadio Nacional de Billarda da Seca, o 17 de marzo. Todo comezará ás 12 h., segundo nos comunica o equipo local, Armadiña




       

VALORACIÓN DOS RESULTADOS DEPORTIVOS







       Xogadas xa 12 xornadas e a falta de 6 para o final de liga podemos analizar se o éxito deportivo na billarda é privilexio de poucas persoas, ou por formulalo doutro xeito, hai grandes dominadores/as neste deporte tradicional como o hai noutros deportes? Os números están ben claros e a valoración deles é cousa de cada quen. Ao noso entender cremos que se en 12 xornadas houbo 11 ganadores /as diferentes e de 21 persoas que subiron ao podio, e só 8 repetiron algunha vez a ceremonia protocolaria, a democratización nos resultados é evidente. Outra cousa é a regularidade que esixe unha liga de 18 xornadas. Aquí, si que hai un grupo reducido de xogador@s que están por enriba dos 17 puntos de media por xornada e que loitan polo podio final. Este ano o grupo é de 5 xogadores e 1 xogadora. 
       
        En canto ao potencial dos equipos, tamén se aprecia que todos os equipos tiveron algunha vez a máis dun xogador/a no podio en algunha xornada. Corredoiras puxo no podio 9 veces a algun/ha xogador/a e fíxoo con 4 xogador@s diferentes. Despois, Lúa de Forza subíu 8 veces con 4 xogador@s diferentes, Laxe de Rons 5 veces con 2 xogadores diferentes, Armadiña e Gharaboto subiron 4 veces, con 3 xogadores diferentes o equipo de Poio e con 2 xogadores diferentes o de Marín, Rinoceronte subíu 3 veces con 2 xogadores diferentes e finalmente Valpaços Terra Quente fíxoo 2 veces con dous xogadores diferentes. Daquela, excepto Andarela (equipo cunha media de participación de 3 xog.) todos os equipos soben ao podio. Outra cousa é a regularidade. Como sucede na clasificación individual, aquí hai 3 equipos que están moi por enriba dos outros ao longo das xornadas de liga disputadas.








PREVIA DA XORNADA DE COTOBADE

       A 48 horas da xornada de Cotobade a LNB está cultivando todos os pequenos detalles para garantir o perfecto estado das instalacións deportivas que van acoller ao máis selecto das palanadoras e palanadores da LNB.  




       A nivel competitivo, a situación de Ricar vai dar pé a que os seus rivais non teñan piedade. Así, xa perdeu as posicións de podio na xornada de Vilaboa e agora dubida se será quen de marterse no Top Dez. De todos os xeitos, o campo de Vilanova é un dos máis esixentes e vai precisar de moita habilidade. As prazas de Finalista están ao alcance de moit@s e a herba sempre garda algunha sorpresa. O tempo vai ser primaveral. Daquela, adiante co varal e billarda sempre!





XORNADA 12 CERDEDO-COTOBADE

  Despois do parón ligueiro motivado pola época das húmidas borrascas, xa volve o anticiclón e, con el, os terreos de xogo aparecen marabillosamente verdes. Ide engrasando as articulacións de cadeiras, xeonllos e nocellos para comezar a parte final da temporada 2017-2018.



     

        
       Ollo ás indicacións por parte do equipo Rinoceronte, pois xa sabemos que intentan usar todo tipo de información contraditoria para conseguir que o resto dos equipos perdan xogador@s no camiño cara a Vilanova de Tenorio (non de Almofrei como aparece no cartel). Hai que comprender que un equipo que subiu ao podio Nacional en 2016 e agora está fóra das prazas que dan dereito a participar nesa Final Nacional, ten orgullo e precisa recuperar estima de seu.

        O equipo de billarda de Pontevedra está pasando uns momentos moi delicados de saúde deportiva. Daquel magnífico equipo, que no 2016 subiu á terceira posición do podio na Final Nacional, apenas quedan catro exemplares vivos e só un deles con capacidade de procreación.
       Polo tanto, #salvemosaorino, deixando que ganen a xornada de Cerdedo-Cotobade, a ver se así os seus xogadores recuperan sensacións e conseguen a fertilidade necesaria para que a especie non desapareza .



     



 

Estas son as xornadas que faltan para completar a temporada




PARTICIPACIÓN





       A xornada de Vilaboa, do pasado sábado 27 xaneiro, confirmou que a participación feminina é a máis elevada da historia da LNB. Nunca antes se estivera en números de 30 mulleres de media por xornada. Nunca antes houbera unha participación de 38 mulleres nunha xornada. Todo indica que o morado é a cor de moda. A participación das últimas catro xornadas estivo por enriba da media (82). Poderase esta temporada establecer unha marca absoluta de participación? Será moi complicado, pois superar a presenza de 108 persoas (Conferencia Sur, Porriño, 2009) non é doado. 












CASO CHISPA