billardariasbaixas@gmail.com
billardariasbaixas@gmail.com
FOTOS DA XORNADA DE PONTEVEDRA
BELÉN (RINOCERONTE) |
AKI (RINOCERONTE |
LUÍS (RINOCERONTE) |
CRIS (RINOCERONTE) |
Un novo equipo LNB, RINOCERONTE. O Primeiro equipo que nace na cidade de Pontevedra.
De momento contan con catro integrantes. Fantástico que a cidade do Lérez xa teña un representante na LNB.
Ademais, xa temos ao Campión na categoría Infantil 2012-2013. Quedan dúas xornadas aínda, pero ninguén poderá alcanzar os puntos que ten BRAIS (COR), polo tanto, PARABÉNS!
Nas outras categorías ninguén ten asegurado o título. Por equipos a loita está moi interesante, pois CORREDOIRAS levan 4 xornadas recuperando puntos con relación a GHARABOTO.
XORNADA 14 PONTEVEDRA
Disputouse a 14 xornada da CONFERENCIA RÍAS BAIXAS o sábado 27 abril no campo deportivo de terra do IES A XUNQUEIRA I (PONTEVEDRA). Mañá publicaremos as fotos e a crónica. De momento, podedes consultar todas as cifras nas clasificacións correspondentes.
PARTICIPACIÓN
68
MULLERES
21
HOMES
47
INFANTIL
15
Salientar a alta participación na categoría INFANTIL. Esta resultou ser a xornada con maior participación de nenos e nenas que teñen 14 anos ou menos. FABULOSO!
Houbo unha ganadora ABSOLUTA que foi GENI (ROTEIROS). Por segunda vez na temporada a billarda que conseguiu atravesar a liña do varal na última carreira que decidía os 3 primeiros postos foi golpeada por un brazo feminino. Entendedes ben, pois as outras 2 billardas, as de Daniel e Xan non conseguiron atravesar a liña en 4 golpes.
CATEGORÍA ABSOLUTA
1ª-GENI (ROT)
2º-DANIEL (ROT)
3º-XAN (LÚA)
CATEGORÍA FEMININA
1ª-GENI (ROT)
2ª-BEGOÑA (COR)
3ª-BELMIRA (VAL)
CATEGORÍA INFANTIL
1º-BRAIS (COR)
2ª-YUDANI (COR)
3º-JUANMA (LÚA)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)