A poucos días da participación da LNB no "Pandolo na Mediteranu", Torneo Internacional de Billarda que se celebrará en Slovenia, a Conferencia Rías Baixas continúa coa Liga de Verán.
Na primeira xornada de Poio, o podio estivo ocupado por Che, primeiro, Benito Resille, segundo e Salva, terceiro. O sol foi o argumento máis sólido co que houbo que loitar. Esta próxima xornada non será o mesmo, pois as árboles da Alameda de Pontevedra servirán de parasol. Daquela, que condicionante determinará o rendemento dos xogadores e xogadoras? Desde logo, as dimensións do terreo de xogo serán fundamentais e quen saiba adaptarse á estreitez das pistas terá moito avanzado.
 |
CRIS |
 |
AINHOA |
 |
MANU |
 |
MÓNICA MOREIRA |
 |
PEKE |
 |
CHE |
Ningún comentario:
Publicar un comentario