billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

CERIMONIA DE INAUGURACIÓN DO REIBOA BILLARDA ESTADIO


   Eran as 16h. 7 minutos do sábado 8 de abril de 2017. A cerimonia protocolaria de inauguración do Reiboa Billarda Estadio foi un espectáculo grandioso. Comezou todo diante da enorme pancarta da LNB, que os compañeiros da Conferencia Noroeste trouxeron desde o seu territorio ata terras da Conferencia Rías Baixas. Utilizando a megafonía da Asociación Cultural, Deportiva e Medioambiental Armadiña empezaron as intervencións. Primeiro foron as palabras de Laura Currás, do equipo local Armadiña, as que saíron en dirección ao ceo. 
Laura Currás. Armadiña. Equipo de Billarda.
   
   Despois falou Xan Rodiño, en nome da LNB. Lembrou o nacemento da LNB en outubro de 2005, como iniciativa da ADC O Varal e como esta aventura chegou ás Rías Baixas. Foi en marzo de 2011 cando por vez primeira se xogou unha xornada de LNB en Poio, precisamente no mesmo lugar no que agora se inaugurou o primeiro campo de billarda do mundo. Tamén, agradeceu aos irmáns e irmás que viñeron en representación das outras Conferencias LNB. 

Xan Rodiño. LNB Conferencia Rías Baixas.




   Logo interveu a Deputada Provincial de Deportes, Chelo Besada, quen afirmou que a billarda é un deporte, por suposto, e que a partir de agora xa calquera o poderá comprobar utilizando as instalacións do Reiboa Billarda Estadio.
Chelo Besada. Deputada Provincial de Deportes.




   Para rematar foi Marga Calgas, Concelleira de Deportes do Concello de Poio, quen falou. "Poio colaborou coa LNB desde aquel 18 de marzo de 2011, cando a Escola de Música Tradicional e máis Luís Camiña, en nome da LNB, nos propuxeron organizar o Primeiro Aberto de Billarda. Pareceunos que debiamos colaborar para que este deporte tradicional non desaparecese no noso concello. Desde entón, moitas cousas pasaron. Por exemplo, este ano naceu o primeiro equipo de billarda de Poio, o Armadiña, cousa que nos enorgullece", estas foron algunhas das palabras da concelleira. 

Marga Caldas. Concelleira de Deportes do Concello de Poio.

    A concelleira dou paso á interpretación da Marcha Solemne do Antigo Reino de Galicia por parte da Escola de Música Tradicional do Concello de Poio. Todo o grupo de palanadores e palanadoras acompañaron aos gaiteiros na súa marcha ata un curruncho do Billarda Estadio para descubrir a pedra conmemorativa. 




   Os nenos e nenas do equipo Armadiña portaban a Bandeira Galega. Ao descubrir a pedra comezou a interpretación do Himno de Galicia. Durante 4 minutos un só latexo acompasou os peitos de mulleres e homes, nenas e nenas, todas e todos membros do colectivo LNB, que utiliza a percusión do palán petando na billarda para facer música, coa humilde pretensión de harmonizar a humanidade e de sintonizar con este anaco de terra que lles correspondeu habitar.


   



   Houbo representantes das tres Conferencias LNB neste emotivo acto. Así da Conferencia Norleste acudiron os Billardeiros Musicais Daniel, Geni e Suso Coedo, do Ekipa Bítere, estivo Jorge Galdo. Da Conferencia Noroeste foron Collazo, de Campo da Feira, Berdillo, de Cochikeiros, Julio Vilas e Merchi, de APB Santa Marta, quen presenciaron o acontecemento histórico para a Billarda. O resto de persoas eran da Conferencia Rías Baixas. Entre xogadores/as e espectadores/as foron aproximadamente 200 persoas as que pasaron o sábado 8 de abril de 2017 polo Reiboa Billarda Estadio.

CONFERENCIA NORLESTE
Daniel, Geni, Suso Coedo de Billardeiros Musicais.
Jorge Galdo de Ekipa Bítere. 

CONFERENCIA NOROESTE
Collazo de Campo da Feira.
Julio Vilas e Merchi de APB Santa Marta.
Berdillo de Cochikeiros
Pedra e Panel informativos sobre a Billarda
   A partir deste momento calquera turista ou visitante que se acerque ao campo poderá fotografarse á beira deste monumento á billarda. Ademais, da visita obrigada a Combarro para ver os piornos, agora, tamén aparecerá nas guías turísticas a visita obrigada ao Campo de Billarda da Reiboa.








 

HISTORIA DA LNB

   Pasaron 12 anos e 6 meses desde que un grupo de pioneiras e pioneiros da Mariña Lucense decidiron crear a LNB. Creosuse primeiro a Asociación Cultural e Deportiva O VARAL como ferramenta coa cal organizar unha Liga Regular de Billarda.
ISMAEL, XERMÁN e DAVID



 Antes deste paso decisivo para a Billarda que acaba de dar o Concello de Poio houbo moitas persoas que fixeron posible chegar ata aquí. 

  


  


   Pasaron 5 anos e 6 meses desde que outro grupo de pioneiros e pioneiras asumiron o reto de implantar nas Rías Baixas a aventura da LNB. Lugar de tradición billardeira documentada en textos e sobre todo, nas testemuñas de devanceiras e devanceiros.

Nantes (Sanxenxo)


Estas son as primeiras normas da LNB
REGULAMENTO LNB
O VARAL PON Á DISPOSICIÓN DE TODOS OS PALANADORES E PALANADORAS DO MUNDO O REGULAMENTO BÁSICO PARA PARTICIPAR NA *SUPERLIGA * DE BILLARDA –LNB. O 16 DE OUTUBRO A PARTIR DAS 16 h. A PISTA DA FESTA CONSTRUÍDA COA SUOR E A FORZA DE TÓDOLOS VECIÑOS DA PARROQUIA DE SANTO ADRAO (LOURENZÁ) VAI SER O EPICENTO MUNDIAL DO DEPORTE DA BILLARDA E TI NON PODES FALTAR Á HISTÓRICA CITA PARA A DESPUTA DO "III TORNEO DE APERTURA" E O 1º PUNTUÁBEL PARA A *SUPERLIGA*.

- Trátase de lanzar a billarda golpeada previamente co palán : 1º no chan para levantala e logo no ar ( sin que toque o chan ) para enviala hacia o Varal .

- O seguinte lanzamento realízase dende o lugar no que caeu a billarda en caso de que non entrara no varal co primeiro golpexo.

- Se nalgún lanzamento a billarda saíra fóra da pista o lanzamento sería nulo e voltaríase a lanzar dende o mesmo lugar cando voltara a tocar turno.

- Se no lanzamento da billarda non se chegara a tocar para lanzala tamén sería nulo o intento e incluso o golpeala no chan se ésta é tocada pero non levantada tamén se considera nulo

- As carreiras realízanse entre dous xogadores e os turnos son alternativos.

- Gaña o que consiga introducir a billarda no varal en 1º lugar e utilizando o mesmo número de golpeos ámbolos dous palanadores ou palanadoras.

varal: dous paus verticais de 150 cm cada un cunha separación de 6 paláns, semellante ós paus de rugbi por donde ten que atrabesar a billarda para gañar unha carreira.

Todo xogador participante ten a obriga de acatar as normas oficiais da LNB ( Liga Nacional de Billarda) as cales están a disposición de todos os xogadores ne mesa de control do torneo




CASO ARMADIÑA

   

Outro caso destapado polo Equipo de Investigación LNB é o chamado Caso Armadiña. Esta información, contrastada nas fontes primarias, tamén está en poder do Diario de Pontevedra, pero a influencia que este equipo de Poio ten nos medios de comunicación é tal que non se atreveron a publicala o venres 24 de marzo. Si publican a foto do equipo con información edulcorada e azucrada. A nós ninguén nos coarta. 




CASO TAXEIRO

   O venres 24 de marzo publicou o Diario de Pontevedra a crónica da xornada de Mourente. Ao mesmo tempo fixéronlle unha entrevista a Taxeiro, O da Terra Quente. Como sucedera anteriormente coa entrevista a Che, as respostas de Taxeiro foron censuradas e modificadas para non ferir sensibilidades. Non obstante, o equipo de redacción de publicacións da LNB conseguiu as respostas reais de Taxeiro antes de pasar polos cortes da tesoira censora. 






12 XORNADA MOURENTE crónica día 5


   Juanma segue dominando a categoría e nesta xornada incluso optou a ganar a xornada na Categoría Absoluta (quedou 3º). Adriana segue firme nas súas intencións de asegurarse a segunda praza do podio. Geno tivo unha boa actuación e recortoulle 5 puntos á xogadora de Vigo. Agora queda a 19 puntos de distancia. Van ter unha fermosa pugna ata o final. Esta sería a zona noble da clasificación á cal non poderán acercarse, polo menos esta temporada, os máis cativos da categoría, como son Oscar e Martiño. Porén, lembrádevos ben destes dous nomes, pois son os destinados a dominar a categoría cando os de catorce anos pasen aos 15. Ainhoa tamén ten capacidades para acercarse a estas dúas promesas da LNB, e ben seguro que o fará nas vindeiras temporadas. Por detrás destes 6 palanadores/as veñen nenas e nenos que pola súa idade aínda non teñen as destrezas suficientes para estar ao nivel dos anteriores. O tempo e o crecemento natural farán que en breve, Yaiza, Hugo, Andrés, Martín Davila, María Caldas, Nerea, Ares, Dani, Xulia, Cintia e compañía poidan deixar escritos os seus nomes nas estatísticas historias da LNB.





JUANMA - LÚA DE FORZA





ADRIANA - VALPAÇOS TERRA QUENTE





GENO - CORREDOIRAS




OSCAR - ARMADIÑA

MARTIÑO - CORREDOIRAS




AINHOA - ARMADIÑA


HUGO - GHARABOTO




ARES - ICIA - ANDARELA XULIA - ARMADIÑA

DANI - ARMADIÑA

MARTÍN DAVILA - ARMADIÑA


MARÍA CALDAS - ARMADIÑA

NEREA - ARMADIÑA

YAIZA - VALPAÇOS TERRA QUENTE


12 XORNADA MOURENTE CRÓNICA día 3

   O regreso de Chefa aos campos de billarda trouxo a súa vitoria na categoría feminina. Pódese considerar sorpresa debido á súa inactividade. Desde decembro de 2016, na xornada de Bueu, non competía na Liga. Pero tampouco pode considerarse de inesperada, pois sempre que compite a galega de adopción é unha das posibles ganadoras debido ao seu talento para golpear billardas. Suliñar a mala actuación de Casilda e Vanessa que non conseguiron entrar ningunha vez no varal. Hai que considerar que as de Gharaboto tiveron grupos de moito nivel de competidores e competidoras. Tanto Bego como Lu estiveron na decena de puntos o que fai que a distancia entre as dúas se manteña e xa só faltan 4 xornadas. Todo parece indicar que a actual Campioa de Conferencia vai revalidar o título.
   








   A carreira para subir ao último chanzo do podio entre Elena Adriana mantense desde a 6ª xornada na que Elena lle recortou 15 puntos. Desde aquela, a pugna é magnífica entre as dúas palanadoras. Nas últimas 4 xornadas a da Adina sumou 45 puntos, fronte aos 40 da rapaza de Vigo. 
   Tania ten potencial para subir ao podio, mais o faltar a 4 xornadas fai que estea remando  moi forte nas últimas xornadas para acercarse a el, e xa está a 26 puntos do terceiro posto. Será posible que a de Valpaços logre tal proeza? Verémolo e contarémolo. Belmira está nunha sexta cómoda posición cerrando o trío de palanadoras da Terra Quente. A partir da sétima posición que ocupa Casilda empeza o realmente interesante, no que ten que ver coa clasificación para o PLAY OFF 2017.
   Hai 10 puntos de distancia entre o posto 13, que non daría dereito a representar á Conferencia Rías Baixas na categoría feminina, e o posto que ocupa a de Ribadumia. Así, de momento están dentro das prazas PLAY OFF Casilda, VanessaMargaChefaMónica Inés, e veñen por detrás con entusiasmo e acerto, LitaMarisaAnaCheliPatri Zaira
   Salientar a progresión de Zaira nas dúas últimas xornadas, pois conseguiu 21 puntos entre as dúas e só estiveron mellor ca ela Tania e Bego, dúas Top Cinco. Dada a súa xuventude e condicións atléticas aventuramos que será unha das palanadores que nas vindeiras xornadas e temporadas estará loitando coas máis grandes da nosa Conferencia. Máis aínda, non descartamos que os 17 puntos que a separan dos postos de PLAY OFF sexan un desafío que poida superar.















34 MULLERES participaron na 12 xornada, 
mellor marca histórica da LNB

ALICIA- Valpaços Terra Quente


BEGO- Corredoiras

CASILDA- Gharaboto

CHEFA- Corredoiras


ELENA- Gharaboto


IRENE- Valpaços Terra Quente

LAU- Armadiña


MAIA- APB Santa Marta

MARGA- Gharaboto

MERCE- Armadiña

MERCHE- APB Santa Marta

NOE- Casilledín

PATRI- Casilledín

TANIA- Valpaços Terra Quente


ZAIRA- Valpaços Terra Quente


ANA- Gharaboto

CHELI- Gharaboto

INÉS- Gharaboto

LU- Corredoiras

VANESSA- Gharaboto