O regreso de Chefa aos campos de billarda trouxo a súa vitoria na categoría feminina. Pódese considerar sorpresa debido á súa inactividade. Desde decembro de 2016, na xornada de Bueu, non competía na Liga. Pero tampouco pode considerarse de inesperada, pois sempre que compite a galega de adopción é unha das posibles ganadoras debido ao seu talento para golpear billardas. Suliñar a mala actuación de Casilda e Vanessa que non conseguiron entrar ningunha vez no varal. Hai que considerar que as de Gharaboto tiveron grupos de moito nivel de competidores e competidoras. Tanto Bego como Lu estiveron na decena de puntos o que fai que a distancia entre as dúas se manteña e xa só faltan 4 xornadas. Todo parece indicar que a actual Campioa de Conferencia vai revalidar o título.
A carreira para subir ao último chanzo do podio entre Elena e Adriana mantense desde a 6ª xornada na que Elena lle recortou 15 puntos. Desde aquela, a pugna é magnífica entre as dúas palanadoras. Nas últimas 4 xornadas a da Adina sumou 45 puntos, fronte aos 40 da rapaza de Vigo.
Tania ten potencial para subir ao podio, mais o faltar a 4 xornadas fai que estea remando moi forte nas últimas xornadas para acercarse a el, e xa está a 26 puntos do terceiro posto. Será posible que a de Valpaços logre tal proeza? Verémolo e contarémolo. Belmira está nunha sexta cómoda posición cerrando o trío de palanadoras da Terra Quente. A partir da sétima posición que ocupa Casilda empeza o realmente interesante, no que ten que ver coa clasificación para o PLAY OFF 2017.
Hai 10 puntos de distancia entre o posto 13, que non daría dereito a representar á Conferencia Rías Baixas na categoría feminina, e o posto que ocupa a de Ribadumia. Así, de momento están dentro das prazas PLAY OFF Casilda, Vanessa, Marga, Chefa, Mónica e Inés, e veñen por detrás con entusiasmo e acerto, Lita, Marisa, Ana, Cheli, Patri e Zaira.
Salientar a progresión de Zaira nas dúas últimas xornadas, pois conseguiu 21 puntos entre as dúas e só estiveron mellor ca ela Tania e Bego, dúas Top Cinco. Dada a súa xuventude e condicións atléticas aventuramos que será unha das palanadores que nas vindeiras xornadas e temporadas estará loitando coas máis grandes da nosa Conferencia. Máis aínda, non descartamos que os 17 puntos que a separan dos postos de PLAY OFF sexan un desafío que poida superar.
34 MULLERES participaron na 12 xornada,
mellor marca histórica da LNB
|
ALICIA- Valpaços Terra Quente |
|
BEGO- Corredoiras |
|
CASILDA- Gharaboto |
|
CHEFA- Corredoiras |
|
ELENA- Gharaboto |
|
IRENE- Valpaços Terra Quente |
|
LAU- Armadiña |
|
MAIA- APB Santa Marta |
|
MARGA- Gharaboto |
|
MERCE- Armadiña |
|
MERCHE- APB Santa Marta |
|
NOE- Casilledín |
|
PATRI- Casilledín |
|
TANIA- Valpaços Terra Quente |
|
ZAIRA- Valpaços Terra Quente |
|
ANA- Gharaboto |
|
CHELI- Gharaboto |
|
INÉS- Gharaboto |
|
LU- Corredoiras |
|
VANESSA- Gharaboto |
Ningún comentario:
Publicar un comentario