Comezou a temporada 2017-2018 e fíxoo cunha participación de 78 persoas, integradas en 8 equipos. A temperatura fenomenal e a luminosidade axeitada para a práctica da billarda permitiron ver golpes fantásticos. Ao mesmo tempo, a superficie de herba sintética dificultou o salto de moitas billardas. Tamén, foi unha tarde de cintas métricas, pois as dimensións dos campos de xogo (50 x 20) fixo que houbera que dar puntos por proximidade, para o cal houbo que medir varias veces. Os centrímetos tan necesarios noutras actividades tiveron moita trascendencia á hora de sumar puntos.
Os equipos presentaron as novas fichaxes. Así, Corredoiras foi o Barcelona da LNB, xa que lle quitaron a varios dos seus xogadores pagando cláusulas desorbitadas. Deste xeito, Suso foise para GHARABOTO, Carolo e Lu para LÚA DE FORZA. Veremos se estes movementos debilitan ao equipo de Bueu, actual CAMPIÓN NACIONAL, e fortalecen a GHARABOTO, actual Subcampión de Conferencia e a LÚA DE FORZA, un Campión Nacional atravesando o deserto da renovación do seu cadro de xogadores e xogadoras.
En canto aos resultados desta primeira xornada salientar que entre os 7 xogadores que alcanzaron polo menos os 20 ptos están grandes palanadores que optan ao título final. Ricar proponse este ano estar arriba desde a primeira xornada para non ter que recuperar puntos ao final. O de Bueu conseguíu o triunfo nunha final que compartiron Ricardo Lois e Xan. O do Grove exercía como local e tivo unha tarde magnífica. Está a só un punto do de Corredoiras. Xan, Outeiro e Dani semella que confirman o seu nivel e serán candidatos ao título. Luís Camiña e Luís Piru tampouco queren distanciarse do podio na primeira xornada como lle sucedeu a temporada pasada. O Top Dez cérrano Juanma e Alberte. Juanma ten talento para loitar polo título e o de Rinoceronte é unha sorpresa agradable. Vermos se é quen de aguantar toda a temporada nos postos de clasificación para Play Off, que é o seu obxectivo.
Mais, hai unha sorpresa maior que a de Alberte, pois ZAIRA sitúase no 6º posto da xeral con 20 ptos a tan só 5 do primeiro posto. O progreso desta palanadora da Terra Quente xa se vislumbrou nas xornadas finais da pasada temporada, pero ninguén prevía que xa na primeira xornada deste novo ano estivese competindo cos máis grandes da LNB. Ademais, encabeza a categoría feminina con 8 puntos de diferenza .
ACTAS
ABSOLUTA
3º- XAN 1º- RICAR 2º- RICARDO LOIS |
FEMININA
3ª- MARÍA SILVA 1ª- ZAIRA 2ª- ELENA |
INFANTIL
3ª- ADRIANA 1º- JUANMA 2º- OSCAR |
CORREDOIRAS ganou a xornada. Non se resentiron da marcha de 3 dos seus mellores palanador@s. O que sucedeu foi que GHARABOTO estivo moi cerca dos Campións Nacionais, algo que presaxia máis igualdade este ano entre os dous grandes da Conferencia. RINOCERONTE alcanzou un terceiro lugar que é o posto que terá que loitar, pois por potencial non pode competir polas dúas primeiras prazas, o mesmo que lle sucederá a LAXE DE RÓNS e a LÚA DE FORZA. VALPAÇOS e ARMADIÑA ocuparon as posicións que ocuparon o ano pasado.
OSCAR de ARMADIÑA |
Ningún comentario:
Publicar un comentario