Creouse unha nova categoría dentro na LNB Rías Baixas patrocinada polo blog TODOLNB. A intención desta nova categoría é a de fomentar que os equipos se reforcen e busquen nenas, mozas e mulleres para xogar á billarda. Evidentemente, hai varios equipos que sempre tiveron presente que a muller é un valor fundamental para este deporte tradicional e nutríronse delas para fortalecerse.
Así, os claros favoritos para conseguir o título nesta nova categoría son VALPAÇOS TERRA QUENTE e GHARABOTO. A certa distancia estaría Armadiña. Os demais equipos deberán fichar se queren optar ao título. De todos os xeitos, a marea morada xa encabeza con bastante vantaxe sobre as de Marín, sobre todo, pola actuación sobresaínte de Zaira.
Hai polo menos unha xogadora en cada equipo, algo fantástico! Vendo as xogadoras de todos os equipos, pensamos e afirmamos que só vemos a tres escadras con opcións serias de título: Valpaços, Gharaboto e Armadiña, pois o outro equipo que superou os 10 ptos é Corredoiras, pero con só dúas xogadoras, aínda que sexan dúas coroceiras, cremos que o van ter moi difícil para subir ao podio. Os demais equipos ou se reforzan de estróxenos e proxesterona ou non van ter nada que facer ante o empuxe dos equipos máis numerosos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario