A xornada de Cambados foi magnífica para dar a coñecer este marabilloso deporte, pois a praza de Fefiñáns estivo atestada de forasteiros e forasteiras que visitaban o concello, e de veciñas e veciños que paseaban. Tanto uns coma outros estiveron gozando do espectáculo que os palanadores e as palanadoras da LNB ofreceron na tarde do sábado 22 de abril. A pedra da superficie de xogo permitiu que se viran golpes extraordinarios e parábolas imposibles.
|
O tren turístico de Cambados pasou varias veces para que @s visitantes contemplaran o espectáculo da Billarda desde un lugar privilexiado. |
Outra particularidade do campo de xogo foi que detrás dos varais estaban situadas a igrexa de San Bieito e a casa reitoral. Isto provocou a anécdota da xornada. Un golpe poderoso de Bego fixo que a súa billarda quedara no tellado da reitoral. Tivo que seguir xogando con outra. Pero, mentres tanto, os cativos idearon o xeito de subir ao tellado utilizando unha valla. Colocándoa en vertical gabearon por ela ata o tellado. O afouto Geno, do Morrazo, foi quen arriscou a súa excomunión.
|
A igrexa de San Bieito presenciou unha celebración tan sagrada como a santa misa: xogar á Billarda |
A un mes da disputa do PLAY OFF LNB 2017, a Conferencia Rías Baixas está ultimando a preparación de xuíces de campo e de varal. Despois de varias xogadas polémicas que se deron no anterior PLAY OFF, a Conferencia está intensificando a preparación física e técnica das persoas que arbitrarán en Compostela. Ao mesmo tempo, estase probando xa o VAR (Vídeo Arbritraxe).
|
Unha xogada dubidosa que necesitou a revisión do vídeo |
|
Vemos outra xogada que tamén necesitou do vídeo arbitraxe |
|
Vemos ao xuíz como repasa co vídeo arbitraxe se debe corrixir a decisión tomada ou non |
Ningún comentario:
Publicar un comentario