Agora que o final de liga está próximo imos analizar o rendemento de palanadores e palanadoras tomando como referencia a variable do terreo de xogo. Deste xeito, vemos abaixo dúas clasificacións diferentes.
A primeira corresponderíase ás xornadas disputadas en pavillón e a segunda ás xornadas celebradas noutros tipos de superficie. Podemos ver como hai algúns cambios significativos. Que cada quen vexa o seu rendemento de puntos segundo a superficie de xogo utilizada.
Incluso, se podería hipotetizar como sería a clasificación final no caso de xogarse só en pavillón, e como sería no caso de xogarse só en exterior.
Os caso máis destacado de rendemento moi superior en pavillón que en exterior é o de Martín, de Laxe de Ron, pois está na posición 8 das xornadas xogadas neste espazo, mentres non aparece entre os 30 primeiros das xornadas xogadas en exterior. Entre o TOP Catro, Salva e Xan son os máis penalizados polas superficies de pavillón e Ricar e Che os máis beneficiados. Despois, melloran clasificación cando se xoga en pavillón Luís Rino, Manolo Fariña, Álvaro, Cris, Salgue, Charri e Manolito.
Claramente, conseguen menos puntos en pavillón Suso, Luís Pirucha, Lito, Luís Gon, Ricardo Lois, Fari, Lu. A Luís Camiña, Bego e Juanma non lles inflúe demasiado a superficie de xogo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario