PARTICIPACIÓN
91
MULLERES 34
HOMES 57
Outra vez se estableceu unha nova marca absoluta de participación feminina a nivel LNB. 35 mulleres xogaron o sábado nas Pistas Polideportivas que o Mercantil de Pontevedra ten en Mourente. Xa é imparable a revolución feminina. Salientar por enriba dos demais equipos a Valpaços Terra Quente de Vigo que xogou con 5 homes e 10 mulleres. A marea morada xa tingue coas súas cores as fotos LNB. Mirade a foto de arriba, que cor é a máis numerosa?
Se o equipo vigués é o referente feminino da LNB, Armadiña de Poio éo da categoría infantil, pois presentou 7 xogadores/as en idade infantil. Ningún outro equipo en toda a LNB ten este potencial de futuro.
Aquí temos a foto das xogadoras e dos xogadores que ocuparon os podios das distintas categorías. |
CATEGORIA ABSOLUTA | do EQUIPO | ||
1º | RICAR | CORREDOIRAS | BUEU |
2º | XAN | LÚA DE FORZA | SANXENXO |
3º | JUANMA | LÚA DE FORZA | SANXENXO |
CATEGORÍA FEMININA | do EQUIPO | ||
1º | CHEFA | CORREDOIRAS | BUEU |
2º | BELMIRA | VALPAÇOS TERRA QUENTE | VIGO |
3ª | MARGA | GHARABOTO | MARÍN |
CATEGORÍA INFANTIL | do EQUIPO | ||
1º | GENO | CORREDOIRAS | BUEU |
2º | MARTIÑO | CORREDOIRAS | BUEU |
3º | ADRIANA | VALPAÇOS TERRA QUENTE | VIGO |
CATEGORÍA EQUIPOS | do EQUIPO | ||
1º | LÚA DE FORZA | SANXENXO | |
2º | CORREDOIRAS | BUEU | |
3º | GHARABOTO | MARÍN |
As previsións meteorolóxicas durante a semana previa indicaban a tendencia de tempo chuvioso, mais o sábado as nubes que sobrevoaron Mourente non se atreveron a deixar caer auga sobre o terreo terruño-herboso do campo de billarda. Daquela, todo parecía prever que o equipo RINOCERONTE tería unha boa ocasión para acceder á terceira posición do podio. Hai veces que a nosa imaxinación non é quen de deseñar o futuro. Deste xeito, o equipo de Pontevedra levou un batacazo importante, xa que só conseguiu 40 puntos. Ademais, coincidiu coa boa actuación dos equipos que están diante na clasificación. Tanto GHARABOTO como LÚA DE FORZA, superaron os 70 puntos e xa se distancian demasiado, quizáis. Os outros equipos estiveron nos seus números. CORREDOIRAS dominou de novo a xornada. O equipo de Bueu non ten outro obxectivo que chegar no mellor momento de forma ao PLAY OFF 2017 para conseguir un título que se lle escapou o ano pasado por un punto.
LAXE DE RONS e ARMADIÑA superaron os 40 puntos e seguen nunha boa liña de actuacións. VALPAÇOS TERRA QUENTE estivo algo por debaixo das súas prestacións. Acaso a ausencia de Taxeiro (está de baixa e aproveitou para facer de asesor técnico) tivo un efecto negativo no rendemento de xogadoras e xogadores?, ou sería que as súas instrucións desde a banda non foron as adecuadas? CASELLEDÍN presentou a 5 competidores cousa que non sucedía desde comezos de temporada e notouse, pois estivo cerca de conseguir 20 puntos. ANDARELA non chegou aos 10 puntos con 3 xogadores.
A falta das 4 xornadas de primavera a clasificación segue centrada na última praza de PLAY OFF. Esta xornada foi moi boa para LÚA DE FORZA e GHARABOTO e moi mala para RINOCERONTE. Non podemos afirmar que este tropezo do equipo pontevedrés sexa definitivo, mais de seguro que vai afectar á súa confianza. Son 50 puntos os que separan aos Rino do seu obxectivo. Son moitos, non obstante o equipo ten capacidade para remontar. O Título xa leva sentenciado moitas xornadas, pois CORREDOIRAS non se aburre de ganar.
Nos postos 5º e 6º estanse consolidando LAXE DE RONS e VALPAÇOS TERRA QUENTE. A distancia e demasiado importante como para pensar que o equipo do Grove poida deixar escapar esa posición. ARMADIÑA afianza a súa 7ª posición. Están intensificando os adestramentos para conseguir podio na vindeira xornada que se xogará en Poio. É un desafío que poden enfrontar con optimismo, xa que contan coa súa progresión e co efecto Preamar da Reibóa que xoga ao seu favor.
A última posición estase aclarando se non o estaba xa. O equipo de Barrantes, CASILLEDÍN, quere por todos os medios non ser o pechacancelas e estase reforzando na recta final de temporada. Evidentemente e de xeito incuestionable, quen seguirá unha semana máis no fondo da táboa será ANDARELA. Aínda que sempre poderá poñer patas abaixo a clasificación e ver as cousas doutro xeito.
Facemos público probas fotográficas que evidencian os comportamentos raros, peculiares ou idiosincráticos de xogadores do equipo do Lérez que poden levalos a ser sancionados coa pérdida dos puntos da xornada. Ao mesmo tempo, ábreselle expediente informativo a Luís Camiña (posible cómplice das actuacións dos RINO). O comité de sabias e sabios da LNB está analizando as fotos e abre un período de 15 días para que o equipo RINO poida presentar alegacións.
O cu
ResponderEliminar