billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

XORNADA 14 LÉREZ ESTATÍSTICAS


      
       O equipo máis beneficiado pola proximidade do Mosteiro de Lérez foi Valpaços Terra Quente. O equipo vigués ganou na categoría de equipos femininos, algo que a ninguén estraña, e foi terceiro na categoría de equipos mixtos. Este último logro si que se sae da normalidade, pois desde a súa fundación (2012) o equipo da Terra Quente nunca subira ao podio desta categoría. 

       O patriarca de Valpaços, Adriano Taxeiro, inscribiu por vez primeira o seu nome como ganador dunha xornada LNB. Moitos equipos están buscando o licor milagroso que o equipo morado incluíu na súa dieta do día de billarda.












SISTEMA DE COMPETICIÓN DÍA DAS ESTRELAS LNB 2018

       Este é o sistema de competición para os CONCURSOS do DÍA DAS ESTRELAS LNB.




       Estas son as actas que se usarán no ABERTO DAS ESTRELAS. O ganador ou ganadora obterá praza para a FINAL LNB 2018 do 27 de maio en Compostela. Se o/a ganador/a consegue a praza pola Clasificación Absoluta Final da súa Conferencia, pois esta praza pasaría a ser propiedade da Conferencia, ou sexa, esta tería unha praza máis das que xa lle corresponderían por porcentaxe de participación.   

-Faranse 6 grupos que xogarán en 3 campos. 

-De cada grupo pasarán @s 4 primeir@s. 

-Os cruces xogaranse a unha única carreira. 

-Todo desempate resolverase polo método de golpe máis lonxe. 

-O primeiro cruce eliminatorio xogarase en tríos. 

-O segundo cruce eliminatorio xogarase en parellas. 

-A final xogarase en cuarteto. 








13 xornada BARRANTES-RIBADUMIA e DÍA DAS ESTRELAS

     

      A xornada de Barrantes ten unha particularidade moi chamativa. Desde que se celebrou a primeira xornada LNB en 2013 nesta localidade do Salnés, sempre se xogou en pavillón debido ás inclemencias meteorolóxicas. Esta característica vese acentuada polo feito de que outros abertos de billarda que se organizaron fóra da liga en Barrantes si se xogaron no exterior. Abaixo vense os podios de cada ano. Os bloques das paredes do pavillón sempre aparecen de fondo das fotos.






       



       Por outra beira, xa temos as primeiras informacións sobre o Día das Estrelas LNB 2018 que este ano será organizado pola Conferencia Rías Baixas. Tivemos acceso ao deseño dos trofeos que se poñerán en xogo. Tanto pola mañá nos concursos, como pola tarde no Aberto das Estrelas, entregaranse uns magníficos trofeos artesanais valorados en perto de 500 euros. Despois de varios meses de traballo en dous talleres artesanais, un da provincia de Pontevedra e outro da provincia da Coruña, os froitos empezan a agromar. Chegáronnos as primeiras fotografías do proceso de elaboración. Ademais, quen gane o Aberto obterá praza directa para a Final LNB do 27 de maio en Compostela. Motivos suficientes para acercarse a Poio, ao Estadio Nacional de Billarda da Seca, o 17 de marzo. Todo comezará ás 12 h., segundo nos comunica o equipo local, Armadiña




       

VALORACIÓN DOS RESULTADOS DEPORTIVOS







       Xogadas xa 12 xornadas e a falta de 6 para o final de liga podemos analizar se o éxito deportivo na billarda é privilexio de poucas persoas, ou por formulalo doutro xeito, hai grandes dominadores/as neste deporte tradicional como o hai noutros deportes? Os números están ben claros e a valoración deles é cousa de cada quen. Ao noso entender cremos que se en 12 xornadas houbo 11 ganadores /as diferentes e de 21 persoas que subiron ao podio, e só 8 repetiron algunha vez a ceremonia protocolaria, a democratización nos resultados é evidente. Outra cousa é a regularidade que esixe unha liga de 18 xornadas. Aquí, si que hai un grupo reducido de xogador@s que están por enriba dos 17 puntos de media por xornada e que loitan polo podio final. Este ano o grupo é de 5 xogadores e 1 xogadora. 
       
        En canto ao potencial dos equipos, tamén se aprecia que todos os equipos tiveron algunha vez a máis dun xogador/a no podio en algunha xornada. Corredoiras puxo no podio 9 veces a algun/ha xogador/a e fíxoo con 4 xogador@s diferentes. Despois, Lúa de Forza subíu 8 veces con 4 xogador@s diferentes, Laxe de Rons 5 veces con 2 xogadores diferentes, Armadiña e Gharaboto subiron 4 veces, con 3 xogadores diferentes o equipo de Poio e con 2 xogadores diferentes o de Marín, Rinoceronte subíu 3 veces con 2 xogadores diferentes e finalmente Valpaços Terra Quente fíxoo 2 veces con dous xogadores diferentes. Daquela, excepto Andarela (equipo cunha media de participación de 3 xog.) todos os equipos soben ao podio. Outra cousa é a regularidade. Como sucede na clasificación individual, aquí hai 3 equipos que están moi por enriba dos outros ao longo das xornadas de liga disputadas.








PREVIA DA XORNADA DE COTOBADE

       A 48 horas da xornada de Cotobade a LNB está cultivando todos os pequenos detalles para garantir o perfecto estado das instalacións deportivas que van acoller ao máis selecto das palanadoras e palanadores da LNB.  




       A nivel competitivo, a situación de Ricar vai dar pé a que os seus rivais non teñan piedade. Así, xa perdeu as posicións de podio na xornada de Vilaboa e agora dubida se será quen de marterse no Top Dez. De todos os xeitos, o campo de Vilanova é un dos máis esixentes e vai precisar de moita habilidade. As prazas de Finalista están ao alcance de moit@s e a herba sempre garda algunha sorpresa. O tempo vai ser primaveral. Daquela, adiante co varal e billarda sempre!





XORNADA 12 CERDEDO-COTOBADE

  Despois do parón ligueiro motivado pola época das húmidas borrascas, xa volve o anticiclón e, con el, os terreos de xogo aparecen marabillosamente verdes. Ide engrasando as articulacións de cadeiras, xeonllos e nocellos para comezar a parte final da temporada 2017-2018.



     

        
       Ollo ás indicacións por parte do equipo Rinoceronte, pois xa sabemos que intentan usar todo tipo de información contraditoria para conseguir que o resto dos equipos perdan xogador@s no camiño cara a Vilanova de Tenorio (non de Almofrei como aparece no cartel). Hai que comprender que un equipo que subiu ao podio Nacional en 2016 e agora está fóra das prazas que dan dereito a participar nesa Final Nacional, ten orgullo e precisa recuperar estima de seu.

        O equipo de billarda de Pontevedra está pasando uns momentos moi delicados de saúde deportiva. Daquel magnífico equipo, que no 2016 subiu á terceira posición do podio na Final Nacional, apenas quedan catro exemplares vivos e só un deles con capacidade de procreación.
       Polo tanto, #salvemosaorino, deixando que ganen a xornada de Cerdedo-Cotobade, a ver se así os seus xogadores recuperan sensacións e conseguen a fertilidade necesaria para que a especie non desapareza .



     



 

Estas son as xornadas que faltan para completar a temporada




PARTICIPACIÓN





       A xornada de Vilaboa, do pasado sábado 27 xaneiro, confirmou que a participación feminina é a máis elevada da historia da LNB. Nunca antes se estivera en números de 30 mulleres de media por xornada. Nunca antes houbera unha participación de 38 mulleres nunha xornada. Todo indica que o morado é a cor de moda. A participación das últimas catro xornadas estivo por enriba da media (82). Poderase esta temporada establecer unha marca absoluta de participación? Será moi complicado, pois superar a presenza de 108 persoas (Conferencia Sur, Porriño, 2009) non é doado. 












CASO CHISPA






PRÓXIMA XORNADA 27 xaneiro 2018





     A 11ª XORNADA xogarase en Vilaboa no CEP PLURILINGUE RIOMAIOR.






      Faltan 8 xornadas por disputarse na Conferencia Rías Baixas e as prazas que darán dereito a participar na Final Nacional LNB 2018 están ocupadas por estes xogadores e xogadoras (mirar na táboa de abaixo). A partir do posto 24, que ocupa Chefa, están aqueles e aquelas que queren acceder a estas posicións que permitirán asistir ao Coliseum Compostelano do Castiñeiriño o 27 de maio. Un ano máis, para facer voar as billardas coa firme intención de alcanzar a gloria de vestir a Coroza Nacional. Antes de tan elevado honor, palanadoras e palanadores deben suar en cada golpe de palán. Con cada xornada aparece unha oportunidade para sumar os puntos necesarios. Pensamos, que calquera que estea cerca dos 80 puntos aínda está a tempo de entrar nas prazas de Finalista. 


        INDIVIDUAL ABSOLUTA
1 XAN RODIÑO LÚA 213
2 SALVA COR 186
3 RICAR COR 180
4 BEGO COR 179
5 CHE RIN 170
6 LUÍS PIRUCHA GHA 168
7 MANOLO FARIÑA GHA 164
8 JUANMA INF LÚA 153
9 DANIEL RIN 153
10 RICARDO LOIS LAX 150
11 LUÍS GON GHA 148
12 LUÍS CAMIÑA GHA 141
13 FARI COR 139
14 ALBERTE RIN 127
15 ÁLVARO GHA 126
16 LITO COR 118
17 RIAL ARM 117
18 MANU ARM 116
19 CHO ARM 114
20 LU LÚA 111
21 MARTÍN LAX 110
22 GERARDO TORRES LAX 104
23 SUSO GHA 102




24 CHEFA COR 101
25 SALGUE VAL 100
26 CHARRI COR 97
27 CAROLO LÚA 96
28 GELÍN GHA 95
29 CRIS RIN 95
30 CHICHÍ LAX 94
31 CHICHO LÚA 93
33 JM CAMIÑA LÚA 91
32 TAXEIRO VAL 91
34 PEQUE ARM 89
35 ADRIANA INF VAL 87
36 ELENA GHA 83
37 OSCAR INF ARM 82
38 PESE COR 78
39 FRAN VAL 77
40 PAPI ARM 76





       As prazas de Final Nacional na categoría feminina cérraas Cheli con 43 ptos, empatada con Inés. Está por diante a de Marín por mellor puntuación nunha xornada. Consideramos que as que teñen 20 ptos están a unha distancia recuperable. Deste xeito, hai 10 xogadoras que seguirán intentando acercarse a eses lugares de privilexio. O título está practicamente decidido. Bego repetirá se non sucede algo extradeportivo. As outras dúas prazas de podio aínda terán que traballalas as outras dúas Campioas Nacionais, Lu e Chefa, pois, Adriana, Elena González e Elena Sabarís teñen potencial para acercarse sen facer moito ruído. 

     

       INDIVIDUAL FEMININA
1 BEGO COR 179
2 LU LÚA 111

CHEFA COR 101
3 ADRIANA INF VAL 87
4 ELENA GHA 83
5 ELENA ARM 71
6 MARGA GHA 69
8 MARISA LÚA 67
7 BELMIRA VAL 67
9 TANIA VAL 54
10 YAIZA INF VAL 54
11 ZAIRA VAL 54
12 MÓNICA GHA 48
13 CHELI GHA 43





INÉS GHA 43

LITA LAX 37

AINHOA INF ARM 35

YUDANI COR 32

ANA GHA 29

VANESSA GHA 27

CASILDA GHA 24

IRENE VAL 23

YOLI VAL 23

MACHI ARM 19



 A Categoría de Equipos está moi definida nos postos de Finalista, xa que, a última praza destes postos está moi lonxe, a unha distancia de 111 ptos, do equipo que vén por detrás. En canto ao título, de novo, Corredoiras vai camiño del. Ganou as últimas 5 xornadas e, polo tanto, sacando vantaxe de puntos desde aquela. A zona media rachouse en dous grupos bastante definidos. No primeiro están Rinoceronte, un grande vido a menos, e Armadiña, un recén chegado, vido a máis. Tan só 8 puntos separaban a ambos equipos veciños. Claramente, a tendencia é ascendente para o equipo de Poio e descendente para o equipo de Pontevedra. No segundo grupo desta zona media están Laxe de Rons e Valpaços Terra Quente. Mediarán músculo ata o final para evitar o penúltimo posto. O pechacancelas oficial da Conferencia, revalidando o título, será Andarela. 








        Esta nova categoría de Equipos Femininos está mostrando unha moi interesante competición entre os tres mellores equipos LNB na categoría feminina. Quen sabe se nun futuro próximo non vemos competir na Final Nacional a esta nova categoría. 



       En definitiva, xuntarase de novo a familia LNB en Vilaboa para medir os seus golpes, as súas billardas e os seus paláns, á beira da Ría de Vigo. 

(obruardosbulls.wordpress.com)