billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

XORNADA 12 CERDEDO-COTOBADE

  Despois do parón ligueiro motivado pola época das húmidas borrascas, xa volve o anticiclón e, con el, os terreos de xogo aparecen marabillosamente verdes. Ide engrasando as articulacións de cadeiras, xeonllos e nocellos para comezar a parte final da temporada 2017-2018.



     

        
       Ollo ás indicacións por parte do equipo Rinoceronte, pois xa sabemos que intentan usar todo tipo de información contraditoria para conseguir que o resto dos equipos perdan xogador@s no camiño cara a Vilanova de Tenorio (non de Almofrei como aparece no cartel). Hai que comprender que un equipo que subiu ao podio Nacional en 2016 e agora está fóra das prazas que dan dereito a participar nesa Final Nacional, ten orgullo e precisa recuperar estima de seu.

        O equipo de billarda de Pontevedra está pasando uns momentos moi delicados de saúde deportiva. Daquel magnífico equipo, que no 2016 subiu á terceira posición do podio na Final Nacional, apenas quedan catro exemplares vivos e só un deles con capacidade de procreación.
       Polo tanto, #salvemosaorino, deixando que ganen a xornada de Cerdedo-Cotobade, a ver se así os seus xogadores recuperan sensacións e conseguen a fertilidade necesaria para que a especie non desapareza .



     



 

Estas son as xornadas que faltan para completar a temporada




Ningún comentario:

Publicar un comentario