billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

10ª xornada Teis-VIGO


       A décima xornada inicia o traxecto definitivo cara á Final Nacional LNB 2018. Na categoría Individual Absoluta a última praza de Finalista está con 89 ptos (Carolo). Pensamos que calquera que estea a unha distancia de menos de 30 ptos pode alzarse ata as posicións de honor, pois quedan por diante 9 xornadas. En canto ao título, e aplicando o mesmo criterio, diremos que o reto de ser campión/oa 2018 está nas mans de 4 palanadores e unha palanadora. Sairá o ganador da Conferencia de entre Luís Pirucha, Salva, Bego, Ricar e Xan Rodiño. Aínda que sempre deixamos aberta a porta do imprevisible que é ás veces o xogo da billarda. Así, tanto Che, Ricardo Lois, Manolo Fariña, Daniel e Juanma son a segunda unidade de palanadores con potencial para acercarse perigosamente ao podio. Os demais cremos que están demasiado lonxe e deben asegurarse os seus postos de finalistas. 

1 XAN RODIÑO LÚA 187
2 RICAR COR 166
3 BEGO COR 165
4 SALVA COR 165
5 LUÍS PIRUCHA GHA 159
6 CHE RIN 152
7 RICARDO LOIS LAX 150
8 MANOLO FARIÑA GHA 147
9 DANIEL RIN 142
10 JUANMA INF LÚA 140
11 LUÍS GON GHA 128
12 LUÍS CAMIÑA GHA 126
13 ÁLVARO GHA 126
14 FARI COR 115
15 ALBERTE RIN 113
16 LITO COR 107
17 MANU ARM 105
18 CHO ARM 105
19 LU LÚA 99
20 MARTÍN LAX 99
21 RIAL ARM 98
22 CHICHÍ LAX 94
23 CAROLO LÚA 89
24 SUSO GHA 87
25 GERARDO TORRES LAX 85
26 JM CAMIÑA LÚA 85
27 SALGUE VAL 85
28 CRIS RIN 82
29 CHEFA COR 82
30 CHARRI COR 81
31 TAXEIRO VAL 81
32 CHICHO LÚA 79
33 ADRIANA INF VAL 78
34 PEQUE ARM 77
35 GELÍN GHA 72
36 OSCAR INF ARM 69
37 PESE COR 68
38 PAPI ARM 65
39 MANOLITO LÚA 65
40 ELENA GHA 63
41 ÁLVARO PAI GHA 63
42 OUTEIRO COR 62
43 ELENA ARM 62
44 FRAN VAL 62
45 MARGA GHA 60


        Na categoría Feminina, en canto ao título, diagnosticamos que Bego farase de novo co título. As prazas de podio restantes serán loitadas por Lu, Chefa (Campioa Nacional 2017) e Adriana. As dúas Elena e Marga están algo lonxe como para pensar que poidan alcanzar o podio. As prazas de Finalista Nacional LNB 2018, coma tantas veces, entrañarán unha competición emocionante, pois Belmira con 47 ptos marca o límite, pero por detrás están Inés, Tania, Lita, Cheli, Ana, Vanessa, Yudani e Casilda. Ou sexa, grandes palanadoras con recursos suficientes para subir ata esas posicións tan codiciadas. 



FEMININA EQU TOT
1 BEGO COR 165
2 LU LÚA 99
3 CHEFA COR 82
4 ADRIANA INF VAL 78
5 ELENA GHA 63
6 ELENA ARM 62
7 MARGA GHA 60
8 MARISA LÚA 54
9 ZAIRA VAL 53
10 YAIZA INF VAL 53
11 MÓNICA GHA 48
12 BELMIRA VAL 47
13 INÉS GHA 42
14 TANIA VAL 38
15 LITA LAX 37
16 CHELI GHA 30
17 ANA GHA 28
18 VANESSA GHA 26
19 YUDANI COR 24
20 CASILDA GHA 24

       Na categoría de Equipos, a clasificación está claramente fracturada en tres zonas. A primeira marcaría as prazas de Final Nacional e de podio da Conferencia. Esta zona, despois da última xornada, estirouse bastante, ata o punto de que Corredoiras xa se marchou con descaro para facerse outro ano co título. Gharaboto quere aguantar o empuxe do equipo de Bueu, mais non pode. E Lúa de Forza ten dabondo con manter a última praza de Finalista. Por detrás vén o grupo de catro equipos que xa se distanciaron demasiado do podio e buscan liderar esta zona media. Rinoceronte, Armadiña, Laxe de Rons e Valpaços Terra Quente forman a clase media da categoría. Finalmente, Andarela volverá a revalidar o Pechacancelas. 

Equipo
Total
CORREDOIRAS BUEU 724
GHARABOTO MARÍN 652
LÚA DE FORZA SANXENXO 620
RINOCERONTE PONTEVEDRA 519
ARMADIÑA POIO 504
LAXE DE RONS O GROVE 485
VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO 434
ANDARELA MEAÑO 64





        A categoría de Equipos Femininos, que se disputa por vez primeira esta temporada, si que está interesantisima. Semellaba que Valpaços partía como claro favorito para o título, pero tanto Corredoiras como Gharaboto estanllo poñendo complicado. O potencial destes tres equipos é extraordinario, pois concentran o 54% das mulleres da Conferencia e o 36% da LNB. Magnífica a implicación da muller neste deporte marabilloso. 


EQUIPOS FEMININOS
Total
VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO 279
CORREDOIRAS BUEU 270
GHARABOTO MARÍN 262
LÚA DE FORZA SANXENXO 155
ARMADIÑA POIO 124
LAXE DE RONS O GROVE 37
ANDARELA MEAÑO 8
RINOCERONTE PONTEVEDRA 5






Centro Cívico Municial de Teis-Vigo

MERCADO DE FICHAXES

       Antes de que se cerre o mercado de xaneiro os equipos das Rías Baixas están buscando xénero no mercado LNB. Deste xeito, Lúa de Forza, o equipo noutrora Campión Nacional, quere encontrar de novo o camiño do éxito. Acaba de facer oficial a fichaxe de 4 novos xogadores. Dous deles son históricos xogadores da Conferencia Centro, Iván López e Basilio López. Outros dous son figuras cinematográficas, pero que ocultaban un pasado de billarda. 
       O motivo deste investimento económico hai que encontralo nesta nova aparecida o 23 de decembro en www.crtvg.es
"Moitos veciños de Sanxenxo acudiron xa esta mañá á administración de lotaría para comprobar como poden cobrar o quinto premio que caeu na vila. Cada décimo premiado vale 6.000 euros e vendéronse case mil boletos neste concello."

9ª XORNADA 23 decembro





       A última xornada do 2017 vai ser nun lugar especial, vai ser no Estadio do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Este lugar é o berce dos máis destacados deportistas galegos e das máis destacadas deportistas galegas da elite mundial en varias disciplinas deportivas. Este acercamento ao alcouve, onde se forman os mitos do noso deporte, significará o paso definitivo para incorporar a billarda ao plan olímpico internacional?   Quen sabe?

        Utilizaranse de 6 campos de xogo, para dinamizar o xogo e evitar que a noite nos sorprenda xogando. A superficie é de herba natural. Daquela, ide preparando o material. Necesitarase apoio debaixo da billarda, excepto para as billardas modelo zoca, que debido á súa curvatura son propensas ao salto sen apoio debaixo. A única plataforma regulamentaria é unha billarda para poñer debaixo da outra coa que se xoga. Non se pode usar outro tipo de soporte para apoiar a billarda.  

CRÓNICA 8ª XORNADA Salcedo-Pontevedra









       Corredoiras ganou a xornada con 89 ptos e distanciase do segundo clasificado Gharaboto. Nas últimas tres xornadas o equipo de Bueu fixo 87 ptos de media, algo inalcanzable para os outros dous candidatos ao título. Lúa de Forza defende con orgullo a posición de podio. Pero, por detrás xa se escoita o tambor do prado. Son os pezuños de Rinoceronte que petan acompasados. O equipo pontevedrés recupera a cuarta posición. Armadiña mantén a quinta. Laxe de Rons baixa ata a sexta. O equipo de Poio acaba de establecer unha nova marca absoluta LNB. Esta marca refírese ao número de xogadoras/os que ten no seu cadro, 28. EXTRAORDINARIO! Isto significa que durante estas 8 xornadas xogaron ata 28 persoas coa camiseta celeste de Armadiña. E... seguen medrando! Podemos afirmar con rotundidade que a incorporación deste equipo á Conferencia Rías Baixas está sendo fundamental para revitalizar a billarda en toda a comarca. Só falta que Combarro sexa elixida como a vila que máis loce de todo o estado para que o equipo celeste poña rumbo ao podio da categoría esta mesma temporada.
       O actual Campión Nacional será o equipo a vencer no Play Off 2018. Pese, Iván, Chapi e Carlos son incorporacións que fortaleceron, sobre maneira, ao xa poderoso Corredoiras 2017. Daquela, só queda loitar polo segundo e terceiro postos do podio. Gharaboto segue marchando a unha velocidade de 73 ptos por xornada, mentres Lúa de Forza vai a 69 por xornada, cousa que nos fai pensar que o equipo de Marín será outro ano segundo. Despois, aparecen os equipos da zona media que semella reducirse a tres, Rinoceronte, Armadiña e Laxe de Rons, pois Valpaços está cedendo e xa está algo lonxe, concretamente a 42 ptos. Andarela cerra a clasificación.




       Gharaboto ganou a xornada, supera a Corredoiras na segunda posición e acércase ao líder, Valpaços Terra Quente. Aínda que segue sendo o claro favorito, o equipo de Vigo xa non pode descoidarse máis. A disputa entre estes tres equipos vai ser digna de presenciar, xa que son as maiores potencias da LNB nesta categoría de Equipos Femininos. Lúa de Forza e Armadiña deben aceptar que se xogarán as posicións medias, 4ª e 5ª. O que terán que facer Laxe de Rons, Andarela e Rinoceronte é encontrar palanadoras ou clonar as poucas que teñen.












       A xornada que se xogou no pavillón de Cabanas resultou magnífica en canto a participación. Foron 83, as persoas que se deron cita na Parroquia de Salcedo (Pontevedra) para gozar xogando á billarda. Triunfo de Gerardo Torres de Laxe de Rons. Por vez primeira, un xogador do equipo do Grove subiu ao máis alto do podio. A competición fixo xustiza a un equipo e a unha persoa que recuperaron a práctica da billarda no Concello do Grove. Ademais, foi Gerardo a persoa que durante varias temporadas puxo nome ao equipo grovense, chamado Os de Torres ata a temporada 2016-2017. Cando se acercou a recoller o seu trofeo como ganador da xornada 8, Gerardo Torres tivo unhas palabras de lembranza para o seu compañeiro Paco Vidal. Paquiño leva sen xogar desde a xornada 5 por un problema de saúde. Esperamos que se recupere pronto.
       Outra actuación salientable foi a de Charri. Sabiamos que, amais dunha personalidade arrebatadora, no palán de Santos había poder e plasticidade. Non obstante, en ningunha das xornadas disputadas chegara aos 15 ptos. Algo sucedía para que non estivera entre os mellores da Conferencia. Por fin, o sábado sucedeu. Confluíron os ventos e as nubes para xerar a cicloxénese esplosiva que desembocou nun Furacán. Este foi o Furacán de Bueu, quen tivo tempo para facer 4 varados, conseguir 25 ptos, sacar fotos e gravar vídeos. Foi a máxima puntuación da xornada e só cedeu na semifinal, polo efecto da chamada “fatiga do éxito”.
       A cicloxénese esplosiva ANA, afectou tamén á toda a LNB Rías Baixas. Así, en canto ao aspecto competitivo, houbo unha desfeita dos primeiros clasificados. Os postos que acadaron os tres primeiros da xeral na xornada do sábado foron, Xan 40º, con 9 ptos, Ricar 37º, con 10 ptos e Luís Pirucha 34º, con 11 ptos. Ben certo que Ricar xogou cunha lesión lumbar que lle dificultaba enormemente golpear a billarda. Aínda así, superou nun punto ao líder. Luís Pirucha, pola súa conta, acercouse ao segundo posto de Ricar. Agora está tan só a tres ptos dese chanzo. De todos os xeitos, o da Torre desaproveitou unha grande oportunidade para situarse como líder, pois non cremos que vaia ter moitas oportunidades coma a do sábado, onde os dous primeiros fallen de tal maneira.
       O gran beneficiado da 8ª xornada foi Salva, quen pasou de estar case descartado para loitar polo título a situarse a tan só 5 ptos do segundo posto, e a 17 do liderado. O de Bueu recuperouse da mala actuación da xornada anterior con golpes precisos e de medida potencia. Salva soubo adaptarse á superficie do pavillón. A xornada foi tamén propicia para Bego, que agora se sitúa no quinto posto da xeral e mantén as posibilidades de optar ao podio e, por que non, ao título. Ricardo Lois e Daniel foron outros dos xogadores do Top Dez que se viron afectados por ANA, e non souberon superar os atrancos que lles propuxo o cemento de Cabanas. De todas as maneiras, cos ptos conseguidos, 12 e 14 respectivamente, mantéñense con claridade no 6º e 7º postos da xeral. Che entrou coma un ciclón no Top Dez e comeza a mostrar o verdadeiro potencial que ten. Despois de 5 xornadas sen pasar dos 15 ptos, encadea dúas xornadas con máis de 20 ptos. Aínda que está lonxe do podio, ninguén pode descartar ese obxectivo do Rino. Cerra os dez primeiros postos Juanma, que con 16 ptos logrou recuperar as posicións perdidas despois de faltar á xornada anterior.
       Luís Gon e Lito perderon as posicións privilexiadas do T-10 despois do seu baixo rendemento nesta xornada. O de Portonovo conseguíu 4 ptos e o do Morrazo 8. Álvaro e Luís Camiña tiveron unha boa actuación. Agora superan os 100 ptos e entran en zona tranquila de Play Off, 13º e 14º. Tamén, ocupan esta zona morna Manu, Alberte, Fari, Cho e Martín, quen están por enriba dos 90 ptos. Todos estes xogadores viven dentro das posicións privilexiadas que teñen dereito a praza para o Play Off 2018. Despois, chegan os lugares máis incómodas do tren das Rías Baixas que leva ata a Coroza Nacional 2018. Salgue, Lu e Chicho teñen cerca a xente que quere ocupar estes derradeiros asentos Camiño de Compostela. Adriana, Rial, Carolo, Chichí, Gerardo Torres, JM Camiña, Gelín, Chefa, Charri, Cris, Taxeiro, Peque, Outeiro... grandes xogadores e xogadoras que cobizan acercarse ata o Castiñeiriño, aló polo maio.  






       Lú ganou a categoría feminina con 20 ptos. Esta cantidade fai que se sitúe na segunda posición da xeral. Bego continúa primeira e aumentando a vantaxe coas súas perseguidoras. Actualmente, a líder está a 65 ptos da segunda. Para facernos idea na distancia diremos que aínda que Bego non veña xogar dúas xornadas as demais non poderían superala na xeral. Estas dúas prazas de podio que deixará a de Bueu hai varias candidatas de prestixio e currículo. Lu está alcanzando o nivel que a levou a ser a conseguir dous títulos Nancionais, a única da Conferencia. Adriana, Chefa (actual Campiona Nacional) e Elena (1 campionato de Conferencia) serán as outras candidatas a estas prazas. Por detrás destas 5 palanadoras veñen prometedoras xogadoras como Elena Sabarís, Zaira, Yaiza e Mónica. Que teñen unhas posicións cómodas de Play Off, mais non poden descoidarse. Marisa, Belmira e Marga están en lugares de risco. Preséntase moi apaixoante esta época de inverno na LNB Rías Baixas. 





PODIOS

2º-PAPI       1º-GERARDO TORRES          3º-CHE

3ª-MARGA            1ª-LU                     2ª-BEGO

INFANTIL            1º-OSCAR





DESTACADOS DA XORNADA

GERARDO TORRES (Laxe de Rons-O Grove)


       Gerardo Torres, por entrar na historia da LNB como ganador dunha xornada. O do Grove xa está no Alboio da Fama (ALFA) da Liga Nacional de Billarda. O seu nome será lembrado polas xeracións vindeiras. 








CHARRI (Corredoiras-Bueu)
       Salvador Santos, Charri, por resucitar de entre os menos favorecidos polos deuses da billarda. Despois de atravesar o deserto durante 7 xornadas,  nas que non pasou de 13 ptos en ningunha delas, de ter que ausentarse na 4ª xornada para facer unha limpeza de billarda en Euskadi, xa está de volta o Furacán de Bueu.