A décima xornada inicia o traxecto definitivo cara á Final Nacional LNB 2018. Na categoría Individual Absoluta a última praza de Finalista está con 89 ptos (Carolo). Pensamos que calquera que estea a unha distancia de menos de 30 ptos pode alzarse ata as posicións de honor, pois quedan por diante 9 xornadas. En canto ao título, e aplicando o mesmo criterio, diremos que o reto de ser campión/oa 2018 está nas mans de 4 palanadores e unha palanadora. Sairá o ganador da Conferencia de entre Luís Pirucha, Salva, Bego, Ricar e Xan Rodiño. Aínda que sempre deixamos aberta a porta do imprevisible que é ás veces o xogo da billarda. Así, tanto Che, Ricardo Lois, Manolo Fariña, Daniel e Juanma son a segunda unidade de palanadores con potencial para acercarse perigosamente ao podio. Os demais cremos que están demasiado lonxe e deben asegurarse os seus postos de finalistas.
1 | XAN RODIÑO | LÚA | 187 |
2 | RICAR | COR | 166 |
3 | BEGO | COR | 165 |
4 | SALVA | COR | 165 |
5 | LUÍS PIRUCHA | GHA | 159 |
6 | CHE | RIN | 152 |
7 | RICARDO LOIS | LAX | 150 |
8 | MANOLO FARIÑA | GHA | 147 |
9 | DANIEL | RIN | 142 |
10 | JUANMA INF | LÚA | 140 |
11 | LUÍS GON | GHA | 128 |
12 | LUÍS CAMIÑA | GHA | 126 |
13 | ÁLVARO | GHA | 126 |
14 | FARI | COR | 115 |
15 | ALBERTE | RIN | 113 |
16 | LITO | COR | 107 |
17 | MANU | ARM | 105 |
18 | CHO | ARM | 105 |
19 | LU | LÚA | 99 |
20 | MARTÍN | LAX | 99 |
21 | RIAL | ARM | 98 |
22 | CHICHÍ | LAX | 94 |
23 | CAROLO | LÚA | 89 |
24 | SUSO | GHA | 87 |
25 | GERARDO TORRES | LAX | 85 |
26 | JM CAMIÑA | LÚA | 85 |
27 | SALGUE | VAL | 85 |
28 | CRIS | RIN | 82 |
29 | CHEFA | COR | 82 |
30 | CHARRI | COR | 81 |
31 | TAXEIRO | VAL | 81 |
32 | CHICHO | LÚA | 79 |
33 | ADRIANA INF | VAL | 78 |
34 | PEQUE | ARM | 77 |
35 | GELÍN | GHA | 72 |
36 | OSCAR INF | ARM | 69 |
37 | PESE | COR | 68 |
38 | PAPI | ARM | 65 |
39 | MANOLITO | LÚA | 65 |
40 | ELENA | GHA | 63 |
41 | ÁLVARO PAI | GHA | 63 |
42 | OUTEIRO | COR | 62 |
43 | ELENA | ARM | 62 |
44 | FRAN | VAL | 62 |
45 | MARGA | GHA | 60 |
Na categoría Feminina, en canto ao título, diagnosticamos que Bego farase de novo co título. As prazas de podio restantes serán loitadas por Lu, Chefa (Campioa Nacional 2017) e Adriana. As dúas Elena e Marga están algo lonxe como para pensar que poidan alcanzar o podio. As prazas de Finalista Nacional LNB 2018, coma tantas veces, entrañarán unha competición emocionante, pois Belmira con 47 ptos marca o límite, pero por detrás están Inés, Tania, Lita, Cheli, Ana, Vanessa, Yudani e Casilda. Ou sexa, grandes palanadoras con recursos suficientes para subir ata esas posicións tan codiciadas.
FEMININA | EQU | TOT | |
1 | BEGO | COR | 165 |
2 | LU | LÚA | 99 |
3 | CHEFA | COR | 82 |
4 | ADRIANA INF | VAL | 78 |
5 | ELENA | GHA | 63 |
6 | ELENA | ARM | 62 |
7 | MARGA | GHA | 60 |
8 | MARISA | LÚA | 54 |
9 | ZAIRA | VAL | 53 |
10 | YAIZA INF | VAL | 53 |
11 | MÓNICA | GHA | 48 |
12 | BELMIRA | VAL | 47 |
13 | INÉS | GHA | 42 |
14 | TANIA | VAL | 38 |
15 | LITA | LAX | 37 |
16 | CHELI | GHA | 30 |
17 | ANA | GHA | 28 |
18 | VANESSA | GHA | 26 |
19 | YUDANI | COR | 24 |
20 | CASILDA | GHA | 24 |
Na categoría de Equipos, a clasificación está claramente fracturada en tres zonas. A primeira marcaría as prazas de Final Nacional e de podio da Conferencia. Esta zona, despois da última xornada, estirouse bastante, ata o punto de que Corredoiras xa se marchou con descaro para facerse outro ano co título. Gharaboto quere aguantar o empuxe do equipo de Bueu, mais non pode. E Lúa de Forza ten dabondo con manter a última praza de Finalista. Por detrás vén o grupo de catro equipos que xa se distanciaron demasiado do podio e buscan liderar esta zona media. Rinoceronte, Armadiña, Laxe de Rons e Valpaços Terra Quente forman a clase media da categoría. Finalmente, Andarela volverá a revalidar o Pechacancelas.
Equipo | Total | |
CORREDOIRAS | BUEU | 724 |
GHARABOTO | MARÍN | 652 |
LÚA DE FORZA | SANXENXO | 620 |
RINOCERONTE | PONTEVEDRA | 519 |
ARMADIÑA | POIO | 504 |
LAXE DE RONS | O GROVE | 485 |
VALPAÇOS TERRA QUENTE | VIGO | 434 |
ANDARELA | MEAÑO | 64 |
A categoría de Equipos Femininos, que se disputa por vez primeira esta temporada, si que está interesantisima. Semellaba que Valpaços partía como claro favorito para o título, pero tanto Corredoiras como Gharaboto estanllo poñendo complicado. O potencial destes tres equipos é extraordinario, pois concentran o 54% das mulleres da Conferencia e o 36% da LNB. Magnífica a implicación da muller neste deporte marabilloso.
EQUIPOS FEMININOS | Total | |
VALPAÇOS TERRA QUENTE | VIGO | 279 |
CORREDOIRAS | BUEU | 270 |
GHARABOTO | MARÍN | 262 |
LÚA DE FORZA | SANXENXO | 155 |
ARMADIÑA | POIO | 124 |
LAXE DE RONS | O GROVE | 37 |
ANDARELA | MEAÑO | 8 |
RINOCERONTE | PONTEVEDRA | 5 |
Centro Cívico Municial de Teis-Vigo
Ningún comentario:
Publicar un comentario