billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

PREVIA 7ª xornada (secretos do campo de Castrelo)


Participación infantil a temporada pasada en Castrelo



        Ide preparando billardas, paláns e nervio óptico, pois a esixencia do campo da festa de Castrelo así o reclama. A súa peculiar construción, para acubillar a veciñ@s e visitantes de Castrelo nas súas festas parroquiais e gastronómicas, fai que, sendo un terreo de dimensións reducidas 40 x 20 m., non sexa doado dar golpes de moito alcance. As estatísticas afirman que houbo dous anos nos que non se fixeron varados e outros dous nos que se fixeron unicamente 3 en cada un. Son tres as variables que dificultan o rendemento. Primeiro está a superficie de terra que soportou millóns de pés bailando sen medida e, tamén, recolleu billóns de litros de viño derramados por mans nerviosas. Segundo, a estrutura metálica que envolve o lugar. Tanto as paredes metálicas que están moi próximas ás liñas de banda dos campos como o teito, demasiado baixo, serven de barreira intimidatoria á hora de golpear. Terceiro, o cambio de luminosidade que se produce durante as carreiras, pois comezase con luz natural filtrada polo fondo e pola liña de saída e acábase cos fotos acendidos. Estes focos foron preparados para sementar certas sombras cómplices que permitisen certos tocamentos durante os bailes. En definitiva, non foron pensados para xogar á billarda.  
Detrás do varal unha tea branca reflectante cando hai luz natural no exterior

No lateral dereito está o palco e unha protección metálica

Unha vez que a luz natural desaparece préndense os focos que deslumbran ao tempo que se producen malignas sombras

O teito metálico está a unha altura menor que nos pavillóns o que fai que moitas billardas percutan nel provocando música de tronada.






       

       Temos os datos oficiais de xogadores e xogadoras dos equipos da LNB RÍAS BAIXAS. Os tres equipos máis numerosos da Conferencia, e tamén da LNB, son Valpaços, Gharaboto e Armadiña, quen superan a vintena de xogador@s. Despois estarían tres equipos que superan a decena de xogador@s, Corredoiras, Lúa de Forza e Rinoceronte. Laxe de Rons e Andarela non chegan aos 10. Outra cousa é que o cadro de xogador@s completo acuda a todas as xornadas. Deste xeito, o equipo que máis asistencia ten de media é GHARABOTO que alcanza 17 persoas por xornada, algo inalcanzable para todos os demais equipos da Conferencia. Só VALPAÇOS TERRA QUENTE se acerca con 16 xogador@s por xornada. Estes dous equipos son as potencias da LNB, xa que ningún outro dos 21 equipos LNB 2017-2018 alcanza estes números. ARMADIÑA ten o mérito de ser o equipo máis novo da Conferencia e, non obstante, ten o segundo cadro de xogador@s máis numeroso, por detrás do equipo de Marín. A súa media de participación está en 11. 


       Outra variable a analizar é o número de mulleres que xoga en cada equipo. Aquí, hai unha diferenza maior entre as tres grandes franquicias e o resto de equipos. Así, GHARABOTO E ARMADIÑA teñen 10 mulletres e o equipo da Terra Quente 13. Este é un caso particular e destacable, pois ten máis mulleres ca homes. Para valorar a proeza deste equipo temos que saber que os outros cinco equipos xuntos teñen menos mulleres que o equipo de Vigo.

       



PREPARANDO O BAILE DAS BILLARDAS PARA CASTRELO



       Sétima xornada nas Rías Baixas. A xornada de Castrelo será a segunda que se xogue a cuberto. Veremos quen se adapta mellor a esta circunstancia. De todos os xeitos, a particularidade máis salientable do campo da festa de Castrelo é que a superficie é de terra. Aínda que as dimensións son como as dun pavillón, existe unha diferenza abismal en canto á velocidade que alcanza a billarda. Así, diremos que se empezou a xogar neste campo na temporada 2013-2014 e que o número de varados que se fixeron foron pouquísimos. A conclusión é que o tellado metálico, a unha altura inferior a dos pavillóns, a proximidade do palco e da cantina, así como, a luminosidade particular, xunto coa terra batida de tantos bailes, fan do campo da festa de Castrelo un lugar pouco apto para os varados. 



      A clasificación de equipos está bastante parella, se temos en conta o que sucedeu nos últimos anos, nos cales Corredoiras distanciouse nas primeiras xornadas e non fixo máis que aumentar esa vantaxe ata o final. Pola contra, semella que este ano Gharaboto e Lúa de Forza aumentaron o seu rendimento e mantéñense relativamente cerca do equipo de Bueu. Non obstante, Castrelo non é o lugar máis propicio para que se conserve a igualdade, se tomamos os resultados do ano pasado, pois o vencedor da xornada fora Corredoiras de Bueu que se quedou a un punto dos 90 ptos. O resto dos equipos quedaron lonxe. Foi segundo Gharaboto con 74 e terceiro Lúa de Forza con 66. Os outros equipos non chegaron aos 60 ptos. 


CORREDOIRAS BUEU474
GHARABOTOMARÍN443
LÚA DE FORZASANXENXO430
LAXE DE RONSO GROVE344
RINOCERONTEPONTEVEDRA313
ARMADIÑAPOIO310
VALPAÇOS TERRA QUENTEVIGO297
ANDARELAMEAÑO52




       Outra clasificación que se empeza a poñer seria é a de equipos femininos, xa que, Corredoiras reforzóuse coa recuperación de Yudani e agora ameaza a supremacía de Valpaços. O equipo de Vigo segue sendo o gran favorito, pero agora xa non vai ter tan despexado o camiño. Tanto Corredoiras como Gharaboto teñen poderío suficiente para incomodar ao equipo da Terra Quente. Vai ser unha bonita pugna. Estes tres equipos son os mellores de toda a LNB nesta nova categoría. A súa fortaleza está no numeroso do seu cadro de xogadoras, en canto a Valpaços e Gharaboto, e no indiscutible poder dos títulos das súas xogadoras, no caso de Corredoiras, pois teñen a dúas Campioas Nacionais. 



EQUIPOS FEMININOSTotal
VALPAÇOS TERRA QUENTEVIGO200
CORREDOIRAS BUEU180
GHARABOTOMARÍN173
LÚA DE FORZASANXENXO87
ARMADIÑAPOIO69
LAXE DE RONSO GROVE31
ANDARELAMEAÑO7
RINOCERONTEPONTEVEDRA5

TORNEO ABERTO DE BILLARDA



       Gharaboto comeza a súa campaña de Nadal para descubrir novos talentos que reforcen o seu equipo, pois os anos non pasan do mesmo xeito para todos e a media de idade do equipo de Marín non dá tregua. Polo tanto, xa está elaborando o seu Plan Estratéxico Trienal 2018-2021 "Renovarse ou... non!
        Se queredes asegurar o futuro deportivo d@ vos@ fill@ acercádevos ata Placeres o sábado. Falade no propio campo de billarda coa persoa de contacto. Irá vestida de Apalpador.

6ª xor SOUTOMAIOR CRÓNICUM


    Aquí vedes ao futuro da Billarda. Nenos e nenas nacidos no século XXI e que teñen como unha das súas paixóns xogar á billarda. Magnífico!



     O sábado iniciouse a temporada de inverno nas Rías Baixas. Coa visita ao pavillón da Montesiña, por vez primeira xogouse nun espazo cuberto e de superficie dura e esvaradiza. Os resultados consultádeos na etiqueta de clasificación. Aí comprobaredes que moitos e moitas máis xogadores tiveron oportunidade de demostrar a súa habilidade. Estes terreos non penalizan tanto como os exteriores a falta de forza de moitas persoas á hora de golpear, e por outra beira, premian a destreza e precisión no golpeo. Comprobaredes cos resultados na man que a diferenza entre homes e mulleres  á hora de obter bos resultados non ten máis barreiras que as que a bioloxía se empeñou en construír. Ou sexa, cando se pretende conseguir precisión e eficacia tanto muller coma home, nena e neno, adultos, están moi parellos. O exemplo máis claro está en que o que nunca se vira na LNB en toda a súa historia sucedeu en Soutomaior. Houbo 5 mulleres que fixeron varado: (Bego (5), Elena (2), Belmira, Yaiza e Zaira e unha delas foi quen máis fixo de tod@s @s participantes. Que interpretamos con estes datos? Que a billarda non establece límites insuperables se cada quen busca a superación enfrontando pequenos retos individuais, xa que alcanzalos trae alegría e emoción. 



       A vitoria correspondeu ao Cristo de Rexenxo, o enorme Chicho de Lúa de Forza. Non dou opción a ningún dos seus rivais. Tanto no grupo como despois nos enfrontamentos eliminatorios estivo moi sólido e seguro no golpeo.

3º-CRIS            1º-CHICHO        2º- RICARDO LOIS



CATEGORIA ABSOLUTA
do EQUIPO
CHICHO LÚA DE FORZA SANXENXO
RICARDO LOIS LAXE DE RONS O GROVE
CRIS RINOCERONTE PONTEVEDRA




CATEGORÍA FEMININA
do EQUIPO
BEGO CORREDOIRAS BUEU
CHEFA CORREDOIRAS BUEU
LU LÚA DE FORZA SANXENXO




CATEGORÍA INFANTIL
do EQUIPO
YAIZA VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO
SAMUEL VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO
HUGO GHARABOTO MARÍN





CATEGORÍA EQUIPOS do EQUIPO

CORREDOIRAS BUEU

LÚA DE FORZA SANXENXO

GHARABOTO MARÍN


       Na categoría feminina houbo un podio de luxo. Tres Campioas Nacionais subiron ao máis alto. Neste podio había 4 Títulos Nacionais. As grandes dominadoras da LNB desde o 2012 son de Bueu, ou para ser máis exactos, viven en Bueu, pois a actual Campioa Nacional, Chefa, provén das terras que están ao leste de Galicia. O amor tróuxoa ata a verde Galicia e o amor mantena arraigada nesta terra. Nestes seis anos só Geni, a extraordinaria palanadora dos Billardeiros Musicais e a retirada dos campos de billarda, Reyes, foron quen de romper a súa hexemonía. 
       Ademais, en Soutomaior, Bego estableceu unha nova marca de varados que vai durar moito, moito tempo. A de Corredoiras fixo 5 varados e, con este logro, encabeza a clasificación da Conferencia. 
2ª-CHEFA                    1ª-BEGO                     3ª-LU


      Yaiza volveu repetir o primeiro posto na categoría, por diante de Samuel e de Hugo. Tanto Juanma, como Adriana, cun Título Nacional da categoría cada un, non tiveron unha xornada acertada. O relevo xeracional está próximo entre @s infantís. Nesta última temporada d@s de secundaria empezan a asomar @s de primaria, e fano con moito empuxe. A súa evolución é meteórica ou supersónica, escollede o cualificativo, e aínda así quedarase escaso. O certo é que a media de asistencia nesta categoría está en 15 xogador@, nestas primeiras 6 xornadas. Isto está facendo que vexamos o futuro e o presente co optimismo de quen ve florecer as árbores.
2º-SAMUEL              1ª-YAIZA                3º-HUGO



       Na categoría de equipos, Corredoiras presentou un equipo moi numeroso e potente. Despois da mala xornada de Marín, quixeron afianzar a súa posición dominante para non ter problemas nesta época de cuberto. De todos os xeitos, o resto dos equipos estiveron a un nivel elevadisimo. Así, ningún dos equipos da parte alta e media baixou dos 50 ptos, algo que non sucedera antes. 



CORREDOIRAS BUEU 83
LÚA DE FORZA SANXENXO 73
GHARABOTO MARÍN 71
LAXE DE RONS O GROVE 71
VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO 61
ARMADIÑA POIO 59
RINOCERONTE PONTEVEDRA 56
ANDARELA MEAÑO 7




       Polo tanto, as distancias na cabeza mantéñense nuns números que permiten, aínda, ter loita polo título, non como sucedeu nas últimas temporadas. Normalmente, a estas alturas Corredoiras xa estaba a máis de 100 ptos do segundo clasificado. Gharaboto de Marín que ocupa a segunda praza está a 29 ptos do equipo de Bueu, e por detrás está Lúa de Forza que se acercou a 13 ptos de Gharaboto. A zona media segue dominada por Laxe de Rons, que aumentou a distancia ata 31 ptos cos seus máis próximos seguidores, Rinoceronte. O equipo pontevedrés segue perdendo a vantaxe que tiña sobre Armadiña e Valpaços. Agora en 16 ptos están estes tres equipos. Cerra Andarela



Equipo

Total
1 CORREDOIRAS BUEU COR 474
2 GHARABOTO MARÍN GHA 443
3 LÚA DE FORZA SANXENXO LÚA 430
4 LAXE DE RONS O GROVE LAX 344
5 RINOCERONTE PONTEVEDRA RIN 313
6 ARMADIÑA POIO ARM 310
7 VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO VAL 297
8 ANDARELA MEAÑO AND 52





       En equipos femininos, Corredoiras acércase ao intratable equipo de Vigo, Valpaços Terra Quente. As de Bueu reforzaron o equipo coa incorporación de Yudani e agora si que son unha seria ameaza ao dominio das da Terra Quente. Esta categoría vai estar disputada ata o final, pois Gharaboto tamén ten potencial para optar ao título. Daquela, serían tres equipos co obxectivo de alzarse co primeiro título desta nova categoría. Despois están dous equipos que xogarán todo o ano na zona media, que son Lúa de Forza e Armadiña. Pechar a cancela será cousa de dous equipos, Andarela e Rinoceronte


EQUIPOS FEMININOS

Total
1 VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO VAL 200
2 CORREDOIRAS BUEU COR 180
3 GHARABOTO MARÍN GHA 173
4 LÚA DE FORZA SANXENXO LÚA 87
5 ARMADIÑA POIO ARM 69
6 LAXE DE RONS O GROVE LAX 31
7 ANDARELA MEAÑO AND 7
8 RINOCERONTE PONTEVEDRA RIN 5


       A Clasificación Individual Absoluta continúa encabezada por Xan seguido de Ricar. O de Lúa de Forza non soubo adaptar o seu xeito de golpear ao terreo de xogo e penou sobre a pista de xogo. Finalmente, conseguiu superar os 10 ptos evitando un descalabro. Agora, mantén 12 ptos de distancia sobre Ricar. O de Bueu estivo cerca dos 20 ptos. Os demais postos sufriron modificacións. Luís Pirucha alcanza, por vez primeira na temporada, o podio da categoría. Despois de atravesar, a temporada pasada, o deserto de non encontrar, coma os surfistas, o golpe perfecto, regresa aos lugares que lle corresponden por talento. Hai que lembrar que o ano pasado houbo momentos nos que estivo fóra dos postos de Play Off e que a súa saúde psicolóxica veuse afectada. Finalmente, cun tratamento conservador, o Coaching de Gharaboto logrou recuperar para a práctica activa da billarda ao gran Piru, tamén coñecido nos seus comezos como o Ortega Lara da Torre. Grandes beneficiad@s da xornada foron Salva, Ricardo Lois, Bego e Luís Gon. Grandes perxudicados da xornada Juanma e Luís Camiña que non chegaron a alcanzar os dous díxitos na súa puntuación. Fervíalle o sangue ao capitán da escadra marinense e xuraba en arameo. Xa está argallando un proxecto faraónico en Marín: construción dun Estadio de Billarda Cuberto, imitando ao  ALLIANZ ARENA do BAYERN MUNICH.



ABSOLUTA EQU TOT
1 XAN LÚA 135
2 RICAR COR 123
3 LUÍS PIRU GHA 118
4 SALVA COR 115
5 RICARDO LOIS LAX 112
6 JUANMA INF LÚA 107
7 BEGO COR 103
8 LUÍS GON GHA 102
9 DANI RIN 98
10 MANOLO FARIÑA GHA 90
11 LUÍS CAMIÑA GHA 88
12 LITO COR 84
13 ÁLVARO GHA 79
14 CHE RIN 78
15 MARTÍN LAX 73
16 CHEFA COR 72
17 SALGUE VAL 70
18 MANU ARM 69
19 CRIS RIN 66
20 JM CAMIÑA LÚA 64
21 CHO ARM 63
22 OUTEIRO COR 62
23 CHICHO LÚA 59
24 ALBERTE RIN 59
25 PACO VIDAL LAX 59



ALBERTE - RINOCERONTE

ICÍA ANDARELA





       Bego diríxese ao seu quinto título consecutivo. A de Bueu non está deixando dúbidas despois dun comezo algo dubitativo. Chefa mantén o segundo posto e Lu, unha das beneficiadas da xornada sube ata o terceiro chanzo do podio. Adriana, tivo unha malisima actuación para unha xogadora do seu nivel, non obstante seguirá loitando polo podio, iso seguro. Foi esta, unha xornada moi favorable para as palanadoras, pois 14 delas superaron os 10 ptos e tres chegaron ou superaron os 20 ptos. Salientar a actuación de Yaiza (11 anos) con 19 ptos. Así, vemos que a xuventude está acelerando a súa progresión. Zaira, Yaiza e Elena de Armadiña son palanadoras moi novas que ocupan postos de Play Off e que comezaron a xogar a temporada pasada. Deste xeito, van obrigar a Elena Glez, Belmira, Mónica, Marga, Lita e Marisa a esforzarse se queren acudir a Compostela en maio do 2018. 


FEMININA EQU TOT
1 BEGO COR 103
2 CHEFA COR 72
3 LU LÚA 54
4 ADRIANA INF VAL 52
5 ELENA GHA 46
6 ZAIRA VAL 45
7 ELENA ARM 40
8 BELMIRA VAL 39
9 MÓNICA GHA 37
10 YAIZA INF VAL 36
11 MARGA GHA 36
12 LITA LAX 32
13 MARISA LÚA 32
14 CHELI GHA 29
15 CASILDA GHA 21
16 INÉS GHA 19
17 VANESSA GHA 19
18 MARÍA SILVA VAL 18
19 ANA GHA 18
20 IRENE VAL 13