billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

TAB fin de semana




Añadir leyend
VI ROMARÍA DE CHANS


HABERÁ XOGOS POPULARES DENDE AS 11 DA MAÑÁ: VINDE XOGAR DE MAÑÁ 

QUEDARVOS A COMER

POLA TARDE ABERTO DE BILLARDA!

ESPERÁMOSVOS!
 
 
 

SISTEMA E REGULAMENTO DE COMPETICIÓN 2013-2014



Xa se poden consultar o sistema de competición e máis o regulamento 2013-2014. O día 7 de setembro comeza a nova temporada. Falta un mes e 6 días. Será tempo suficiente para lelo e entendelo? 
 

Calquera dúbida que teñades facédenola chegar. Grazas.



TAB BORDÓNS 27 XULLO FOTOS





PARTICIPANTES 46

MULLERES 18
HOMES 28

INFANTIL 9


ABSOLUTA A 

1º SUSO
2º XAN
3º LUIS CAMIÑA

ABSOLUTA B

1º JM CAMIÑA
2º MOITAL
3º DANI

FEMININA A

1ª ELENA
2ª BEGOÑA
3ª MONICA

FEMININA B

1ª MARGA
2ª BELMIRA
3ª OLAIA

INFANTIL

1º JUANMA
2ª ADRIANA
3ª YUDANI


ADRIANA

CRIS

LITO

LUCIENE

MARGA

AKI

JUANMA

NEVES

SOFÍA

XAÍNZA  



TEMPORADA 2013-2014 LNB CONFERENCIA RÍAS BAIXAS

 
 
Coa asistencia de 17 persoas representando a 7 equipos tivo lugar, o domingo 21 xullo ás 12 horas, a reunión de coordinación da temporada 2013-2014 LNB CONFERENCIA RÍAS BAIXAS.

Chegouse a estes acordos:

1-O sistema de competición será o seguinte: 1ª fase de grupos (ata 63 participantes 6 grupos, 64 e máis participantes 8 grupos). 2ª fase enfrontamentos individuais (do 1º ao 24º), en grupos (25º en adiante). Isto supón 7 carreiras para os postos do 1º ao 24º e 6 carreiras para os demais. Cando se dea o caso seguinte: 2 pistas e 8 grupos, reducirase o número de carreiras.
2-Cando se inicie a xornada cada xogador/a deberá estar atenta/o á súa quenda. Chamarase 3 veces polo seu nome, se non se presenta para xogar, pasarase ao seguinte competidor/a e xa non poderá dar o golpe que lle correspondería. Ou sexa, tería que esperar a súa quenda no golpe seguinte.

3-Os equipos estarán formados por un número indifinido de xogadores/as. Sumarán puntos para a clasificación de equipos as 4 mellores puntuacións de cada un deles. Na primeira xornada na que participe o equipo ou o palanador/a deberá indicar explicitamente a súa adscrición á CONRIA (o cal significará que terá dereito a optar ás prazas para participar no PLAY OFF NACIONAL LNB).
4-Estableceranse estas clasificacións: INDIVIDUAL ABSOLUTA-MASCULINA-FEMININA-INFANTIL-EQUIPOS-VARADOS.
5-O equipo que organice cada xornada decidirá se dar premios, e decidirá tamén que categorías establece para dar eses premios.
6-Na clasificación INFANTIL estarán aquelas xogadoras e xogadores que teñan 13 anos ou menos a día 7 de setembro de 2013 (1ª xornada 2013-2014).
7-A inscrición e comezo das xornadas será do xeito seguinte: 30 minutos antes da hora fixada para o comezo procederase a inscribir aos participantes. O delegado/a deberá presentar o listado  do seu equipo antes deses 30 minutos. 15 minutos antes iniciarase o sorteo. Unha vez comezado este todo palanador e palanadora que se anote pasará directamente á 2ª fase. 
8-Cada equipo deberá designar un delegado/a que se encargará da inscrición. Así mesmo, cada equipo deberá ter unha ou varias persoas preparadas para facer de xuíz de pista ou de varado.
 De momento estes son os equipos que confirmaron a súa participación:
ANDARELA
CASILLEDÍN
GHARABOTO
LÚA DE FORZA
RINOCERONTE
VALPAÇOS TERRA QUENTE
ZUME DE VIMBIA
CORREDOIRAS




PRÓXIMA TEMPORADA LNB CONFERENCIA RÍAS BAIXAS 2013-2014



O domingo 21 xullo houbo unha reunión da CONFERENCIA RÍAS BAIXAS co obxectivo de coordinarse para organizar a temporada 2013-2014. Os acordos aos que se chegou serán publicados o venres 26 xullo antes das 15 horas.

Acudiron 17 persoas representando a 7 equipos. De momento, confirmaron a súa participación para a próxima temporada LNB CONRIA:

GHARABOTO (MARÍN)
LÚA DE FORZA (SANXENXO)
CASILLEDÍN (RIBADUMIA)
ANDARELA (MEAÑO)
VALPAÇOS TERR
A QUENTE (VIGO)
ZUME DE VIMBIA (SANXENXO)
RINOCERONTE (PONTEVEDRA)


CORREDOIRAS (BUEU) Este equipo non estará adscrito á nosa conferencia, entón non poderá optar ás prazas para disputar o PLAY OFF NACIONAL, pero participará con todos os demais dereitos.





TAB de verán






LUGAR: Pistas polideportivas de Bordóns. Dirección igrexa parroquial e despois seguir os indicadores da LNB.

COMEZA A PRETEMPORADA 2013-2014

REUNIÓN CONFERENCIA RÍAS BAIXAS

(AVALIACIÓN DA TEMPORADA 2012-2013 PLANIFICACIÓN DA TEMPORADA 2013-2014)


21 XULLO VILALONGA (SANXENXO)


12:00

Campo de fútbol Vilalonga


ORDE DO DÍA

-SISTEMA DE COMPETICIÓN
-CALENDARIO
-EQUIPOS
-CATEGORÍAS
-REGULAMENTO
-REPRESENTANTES LNB
-OUTROS TEMAS

A orde do día está aberta a debate. Ou sexa, aparecen aquí algúns temas sobre os que temos que debatir e chegar a acordos para o funcionamento da nosa conferencia para o 2013-2014. Hai outros temas que non aparecen aquí pero que poden aparecer. Entón, ata o mércores 17 todos os equipos e persoas poden suxerir temas de debate. Deste xeito, o xoves 18 xullo publicaremos a orde do día definitiva. 








PLAY-OFF 2013 LNB




Aquí están as nosas representantes no PLAY-OFF 2013 da LNB na categoría FEMININA. Mónica quedouse na 1ª fase de GRUPOS, Belmira e Noelia chegaron a OITAVOS de final e Lu e Elena chegaron a CUARTOS de final. Fenomenal! 
Tamén participaron na categoría ABSOLUTA Elena, que se quedou na 1ª fase de GRUPOS, e Lu que chegou a CUARTOS de final. 

En resume, temos a Mónica dentro das 25 mellores xogadoras de Galicia do 2013, a Belmira e Noelia entre as 16 mellores e a Elena e Lu entre as 8 mellores.